Arquivo por meses: Xuño 2013

julian cope-revolutionary suicide

julian cope

Este é o último disco de Julian Cope. Xa sei que de o bo de Julian pódese agardar calquera cousa ou máis ben non se sabe que agardar. O tipo é imprevisible. Xa sei que non vos estou decir nada novo. Este disco segue un pouco o camiño do anterior colectivo de seu Black Sheep, un pouco de folk, acústica, simulacro drone, acordes coñecidos, un pouco tamén de electrónica e de contado cancións con títulos tan suxerentes como: Hymn To The Odin, The Armenian Genocide, Mexican Revolution Blues, They Were On Hard Drugs ou Destroy Religion. A min dende que escoitei o seu disco You Gotta Problem With Me, tenme esganchada. Para escoitar con calmiña, sen presas.

Julian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary Suicide

Advertisements
Etiquetado ,

inauguración no halcon milenario

FLYERinauguración

O próximo día 28 de Xuño ás 20:30 horas inaugurase “Bebe o teu sangue Beaumanoire” de Ramon Sanmiquel.
Artista nado en 1973, autodidacta e médico, mostrará pezas dotadas dunha gran calidade técnica e cunha estética moi persoal. Unha colección exquisita de pinturas, debuxos, obra gráfica e unha escultura, onde a morte, o erotismo, os paraísos artificiais e os seus recordos máis espurios darán forma á segunda exposición da tempada no Halcón Milenario.

“Bebe o teu sangue Beaumanoire” poderase ver únicamente os venres 28 de Xuño, 5, 12 e 19 de Xullo en horario de 20:30 a 23:30 no Halcón Milenario, rúa Cervantes 18, 1º, Vigo.

xantar popular en narón

Como todos os anos, o grupo  Unión Libertaria organiza un xantar libertario na Area Recreativa de Pedroso, en Narón, e este ano a data escollida é a do vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 13:00: 

A folga xeral na comarca ferrolá atrasou unha festa que normalmente facíamos a finais de maio ou principios de xuño. Mais o caso é que novamente convocamosvos a participar nesta xornada de confraternización anarquista, que é ao tempo lembranza dalgúns compañeiros e compañeiras que nos foron deixando.

Quen queira vir pode confirmalo escribindo ao correo unionlibertaria(arroba)gmail.com.

A cita é na Area Recreativa de Pedroso a partir das 13:00.

Sobre as 12:30 sairán carros para levar a xente dende o local de UL/CNT en Ferrol, na Avenida de Esteiro, 10.

Quen queira ir no seu carro, pode seguir esta ruta:

http://goo.gl/maps/6aCCl

Agardamos contar coa vosa presenza. Unha aperta.

Unión Libertaria – unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol

 

KOMMUNE 1 E 2, E OS REBELDES DO HACHÍS [WU MING 6]

kommune 2

 Agtun baby, agtun!

Die Kommune 1 oder K1 war die erste politisch motivierte wohngemeinschaft in Deutschland. Sie wurde am 1 de xaneiro de 1967 in Berlin gegründet und löste sich im Novembro 1968 endgültig auf. Die Kommune 1 entstand als Gegenreaktion auf dean Zeitgeist der deutschen 60er-Jahre, in der sehr konservative Moralvorstellungen herrschten, insbesondere bzgl. der geschlechterrolle sowie der Sexualmoral. Deus! como impón este idioma. Podería afirmar rotundamente que se afirman grandes sucesos e simplemente descríbese a uns deustch trastornaten, variante alemá do disperso mundo das guerrillas culturais, que se divertiron tanto como @s nos@s amig@s @s provos e @s indiani.

1. A cociña creativa da Kommune 1: O atentado do flan

Xoves, 6 de abril de 1967. A policía irrompe no “Taller do terror”. Unha sustancia viscosa. Que carallo é isto? E os explosivos, Klaus? Os químicos da policía necesitaron tres días para descubrir de que materia estaba constituído o suposto “material explosivo”. O diario Bild de Axel Springer en grandes titulares: “Planeado en Berlín atentado con bomba ao vicepresidente de Estados Unidos». Fritz Teufel, Rainer Langhans e a sardónica compañía, tamén membros da Kommune 1 (K 1), centro de espanto dos bos cidadáns, coceran dez quilos de pos de flan xunto a colorantes e a fariña para producir a bomba de calorías máis doce para presidentes de EEUU. Ninguén lles agradeceu esta amable homenaxe ao vicepresidente Hubert H. Humphrey, quen declarara en público que o flan era a súa sobremesa preferida. A acusación non foi outra que a de terse “reunido con fins conspiradores”. Aínda que fóra con intencións gastronómicas. Os articulistas reenchían as súas opinións e editoriais co ingrediente da semana. O atentado “do flan” saltou á prensa de todos os países. Ata entón a produción de sobremesas nunca fora considerada terrorismo. Aínda que esta iniciativa de Dieter Kunzelmann ao final resultou ser un comezo errado, marcou durante moito tempo a imaxe pública do movemento antiautoritario kommuneuno. Seguir lendo

Etiquetado ,

waves of Fury-thirst

waves-of-fury

Este é o primeiro e polo de agora único disco desta xenial banda. Cancións que unha vez escoitadas quedaran para sempre na túa cachola. Estas avisad@. O muro de son de Phil Spector quedase nun seto de margaridas, o ritmo implacable, as cancións boas. Unha banda que levanta o ánimo ou eleva a festa. E por si fora pouco con sección de ventos. Dálle volume! Canto máis alto mellor escoitase. Mimá!, que xa estou botando… 

Waves-of-Furydisco ou  Waves-of-Furydisco ouWaves-of-Furydisco

Etiquetado ,

LeRoi Jones alias Amiri Baraka

leroi jones

A vida de Leroi Jones (alias Amiri Baraka) virou en torno aos barrios do Greenwich Village e o Harlem norteamericanos. Pero os seus “outros territorios” foron poboados por unha frecuente mestura de nacionalismo negro radical, marxismo, e islamismo. De feito, Jones é un dos personaxes máis polémicos de Estados Unidos, tendo ocupado o seu nome boa parte dos sucesos máis drásticos e violentos das catro últimas décadas na historia daquel país.

Nacido en Newark, New Jersey, pronto entrou en contacto e participou activamente na cultura beat de entón, frecuentando locais de jazz e de música negra ( da cal é un experto e publicou varias obras de referencia). Nos sesenta publicou o seu primeiro libro de poesía onde se podía xa apreciar a radicalidade extrema do seu pensamento e o claro peso que a temática en torno á “conciencia negra” na arte e a cultura ía tendo nel.

Dous feitos marcaron profundamente a súa personalidade. Por unha banda, en 1961 visitou Cuba e, en torno a ese ano, coñeceu persoalmente a Robert Williams, o primeiro negro que formou grupos armados de autodefensa negra, antes da aparición de organizacións como o Black Panther Party ou, durante os setenta, a Black Liberation Army. Firmemente co fin de rematar coa alienación negra no terreo das artes, en 1964 fundou Black Arts Repertory Theatre, en Harlem, por medio do cal difundiuse a “estética negra” na arte. No entanto, un acontecemento marcou a traxectoria de Jones para sempre, igual que a de moitos outras persoas negras activistas: en febreiro de 1965 o líder negro Malcom X foi asasinado durante un mitin.


En 1967 convértese ao islam, grazas á poderosa influencia do líder Mulana Karenga, cambiando o seu nome polo de Amiri Baraka.


O seu activismo negro incomoda ás autoridades, unido á súa carisma. Grupos anarquistas como os Up Against the wall, Motherfuckers!, adoptan o seu nome a partir dun dos seus poemas e convérteno nunha referencia política innegable. Un Motherfucker, nun acto de lectura de poemas, esgrimiu unha pistola falsa mentres apuntaba ao conferenciante e gritaba “
poetry is revolution!”.


Ao través da vida de Jones podemos comprender a traxectoria de numerosas persoas negras americanas en torno aos profundos cambios que sacudiron o país e as distintas opcións liberacionistas que escolleron (separatismo, autoxestión, non violencia, acción armada…)


Nesta entrada incluímos o polémico poema 
Alguén fixo estalar EE.UU, a propósito do 11-S e que foi denunciado por organizacións ultraconsevadoras e acentuado de antiamericano e conspiracionista, provocando un maiúsculo escándalo.

Seguir lendo

Etiquetado ,

FELIX RODRIGO MORA EN VIGO

FELIX RODRIGO MORA EN VIGO

O polémico Felix Rodrigo Mora visitará Vigo co gaio do 1º ENCONTRO DO NODO GALLAECIA EM VIGO. Vigo, 16 de junho de 2013 as 11:30 no CSOA XuntAs.

Dende que publicou xunto a María del Prado Esteban ” Feminicidio o Autoconstrucción de la Mujer” está a ser atacado e menosprezado. O domigo poderemos debatir, apoiar, atacar ou menosprezar as súas teorías.

NOVO DISCO DE ARTHUR LEE

arthur lee2

Non podo creelo, despois de levar uns anos morto un novo disco semellante ao “Vindicator”. Ollo! Que ë bo!

link descarga   ou    link descarga    ou      link descarga

O disco inédito de Arthur Lee, Black Beauty, que tiña intención editar en 1973 comoo seu segundo traballo solista, finalmente sae de forma oficial, asinado sen embargo como, o eterno, Love.Antes de que Black Beauty estivese no mercado, o selo propiedade de Lee que ía editalo caeu en bancarrota e o álbum, no esquecemento.
 

Etiquetado ,