LeRoi Jones alias Amiri Baraka

leroi jones

A vida de Leroi Jones (alias Amiri Baraka) virou en torno aos barrios do Greenwich Village e o Harlem norteamericanos. Pero os seus “outros territorios” foron poboados por unha frecuente mestura de nacionalismo negro radical, marxismo, e islamismo. De feito, Jones é un dos personaxes máis polémicos de Estados Unidos, tendo ocupado o seu nome boa parte dos sucesos máis drásticos e violentos das catro últimas décadas na historia daquel país.

Nacido en Newark, New Jersey, pronto entrou en contacto e participou activamente na cultura beat de entón, frecuentando locais de jazz e de música negra ( da cal é un experto e publicou varias obras de referencia). Nos sesenta publicou o seu primeiro libro de poesía onde se podía xa apreciar a radicalidade extrema do seu pensamento e o claro peso que a temática en torno á “conciencia negra” na arte e a cultura ía tendo nel.

Dous feitos marcaron profundamente a súa personalidade. Por unha banda, en 1961 visitou Cuba e, en torno a ese ano, coñeceu persoalmente a Robert Williams, o primeiro negro que formou grupos armados de autodefensa negra, antes da aparición de organizacións como o Black Panther Party ou, durante os setenta, a Black Liberation Army. Firmemente co fin de rematar coa alienación negra no terreo das artes, en 1964 fundou Black Arts Repertory Theatre, en Harlem, por medio do cal difundiuse a “estética negra” na arte. No entanto, un acontecemento marcou a traxectoria de Jones para sempre, igual que a de moitos outras persoas negras activistas: en febreiro de 1965 o líder negro Malcom X foi asasinado durante un mitin.


En 1967 convértese ao islam, grazas á poderosa influencia do líder Mulana Karenga, cambiando o seu nome polo de Amiri Baraka.


O seu activismo negro incomoda ás autoridades, unido á súa carisma. Grupos anarquistas como os Up Against the wall, Motherfuckers!, adoptan o seu nome a partir dun dos seus poemas e convérteno nunha referencia política innegable. Un Motherfucker, nun acto de lectura de poemas, esgrimiu unha pistola falsa mentres apuntaba ao conferenciante e gritaba “
poetry is revolution!”.


Ao través da vida de Jones podemos comprender a traxectoria de numerosas persoas negras americanas en torno aos profundos cambios que sacudiron o país e as distintas opcións liberacionistas que escolleron (separatismo, autoxestión, non violencia, acción armada…)


Nesta entrada incluímos o polémico poema 
Alguén fixo estalar EE.UU, a propósito do 11-S e que foi denunciado por organizacións ultraconsevadoras e acentuado de antiamericano e conspiracionista, provocando un maiúsculo escándalo.

(Todos os que pensan
opóñense ao terrorismo
interior
e internacional…
Pero o un non debese
utilizarse
para encubrir o outro)
Din que é algún terrorista, algún
bárbaro
árabe, en
Afganistán
Non foron os nosos terroristas americanos
Non foi o Klan nin os Skinheads
Ou os que voan negros
igrexas ou nos reencarnan no corredor da morte
Non foi Trent Lott
Nin David Duke nin Giuliani
Nin Schundler, Helms xubilado
Non foi
a gonorrea disfrazada
as enfermidades de saba branca
Que asasinaron aos negros
Aterrorizado a razón e a cordura
A maior parte da humanidade, como desexan
Di -¿Quen di? Quen son os que din
Quen son os que pagan
Quen di as mentiras
Quen se disfraza
Quen tiña os escravos
Quen lles quitou o diñeiro aos negros
Quen se enriqueceu nas plantacións
Quen exterminou aos indios
Tratou de liquidar á nación negra
Quen vive en Wall Street
A primeira plantación
Quen vos cortou os collóns
Quen violou á túa mamá
Quen linchou ao teu papá
Quen proporcionou o chapapote, quen as plumas
Quen tiña o fósforo, quen o acendeu
Quen matou por encargo de quen
Quen dixo Deus sen deixar de ser Satanás
Quen é o máis grande
Quen é o mellor
A quen se parece Xesús
Quen creou todo
Quen é o máis listo
Quen é o máis grande
Quen é o máis rico
Quen di que es feo e eles os máis guapos
Quen define a arte Quen define a ciencia
Quen fixo as bombas Quen fixo os rifles
Quen comprou os escravos, quen os vendeu
Quen che insultou Quen dixo que Dahmer non estaba tolo
Quen / Quen / Quen /
Quen roubou Porto Rico Quen roubou as Indias, as Filipinas, Manhattan
Australia e As Hébridas
Quen impuxo o opio aos chineses
Quen posúe os edificios
Quen ten o diñeiro
Quen pensa que es raro
Quen che encerrou
Quen controla os xornais
Quen posuía o barco negreiro
Quen dirixe o exército
Quen é o presidente impostor
Quen goberna
Quen o financia
Quen / Quen / Quen /
Quen posúe a mina
Quen altera a túa mente
Quen ten pan
Quen necesita paz
Quen pensas ti que necesita a guerra
Quen posúe o petróleo
Quen é o que non traballa
Quen posúe a terra
Quen non é negro
Quen é tan grande que non hai nada maior
Quen posúe esta cidade
Quen é dono do aire
Quen é dono do auga
Quen é dono do teu berce
Quen asalta e rouba e engana e asasina
e fai de mentiras verdade
Quen che chama ordinario
Quen vive na casa máis grande
Quen comete o crime máis grande
Quen vai de vacacións cando quere
Quen matou máis negros
Quen matou máis xudeus
Quen matou máis italianos
Quen matou máis irlandeses
Quen matou máis africanos
Quen matou máis xaponeses
Quen matou máis latinos
Quen / Quen / Quen
Quen posúe o océano
Quen posúe os avións
Quen posúe os centros comerciais
Quen posúe a televisión
Quen posúe a radio
Quen posúe ata o que ninguén cre que se poida posuír
Quen posúe aos donos que non son os donos verdadeiros
Quen posúe os suburbios
Quen empobrece as cidades
Quen fai as leis
Quen fixo que Bush fose presidente
Quen cre que a bandeira confederada deba ondear
Quen fala de democracia e mente
QUEN / QUEN / QUENQUÉN
Quen é a Besta do Apocalipse
Quen o 666
Quen decide
crucificar a Xesús
Quen é Satanás na vida real
Quen se enriqueceu co xenocidio armenio
Quen é o maior terrorista
Quen altera a biblia
Quen matou máis xente
Quen fixo máis mal
Quen non se preocupa da supervivencia
Quen ten as colonias
Quen roubou máis terras
Quen dirixe o mundo
Quen di que é bo pero só fai mal
Quen executa máis xente
Quen / Quen / Quen
Quen posúe o petróleo
Quen quere máis petróleo
Quen che dixo o que pensas e despois descobres que é mentira
¿Quen? / ¿Quen? ¿¿¿???
Quen creou a Bin Laden, tal vez eles son Satanás
Quen paga á CIA,
Quen sabía que a bomba ía estalar
Quen sabe por que os terroristas
Aprenderon a voar en Florida, San Diego
Quen sabe por que cinco israelís estaban filmando a explosión
Mortos de risa de só pensalo
Quen necesita combustible fósil si o sol non se vai
Quen fai as tarxetas de crédito
Quen aforra máis impostos
Quen se foi da Conferencia
Contra o Racismo
Quen matou a Malcom, a Kennedy e ao seu irmán
Quen matou ao Dr. King. ¿Quen desexaba a súa morte?
¿Teñen algo que ver co asasinato de Lincoln?
Quen invadiu Granada
Quen gañou diñeiro co Apartheid
Quen mantén aos irlandeses como unha colonia
Quen derrocou despois a Chile e Nicaragua
Quen matou a David Sibeko, a Chris Hani,
os mesmos que mataron a Biko, Cabral,
Neruda, Allende, Che Guevara, Sandino,
Quen matou a Kabila, os que liquidaron a Lumumba, a Mondlane, a Betty Shabazz, á princesa Margaret, a Ralph Featherstone, a Little Bobby
Os que encerraron a Mandela, a Dhoruba, a Xerónimo,
a Assata, a Mumia, a Garvey, a Dashiell Hammett, a Alphaeus Hutton
Os que mataron a Huey Newton, a Fred Hampton,
a Medgar Evers, a Mikey Smith, a Walter Rodney,
¿Foron os que trataron de envelenar a Fidel
Os que trataron de manter oprimidos aos vietnamitas?
Os que puxeron prezo á cabeza de Lenin
Os que meteron aos xudeus en fornos,
e os que lles axudaron a facelo
Os que dixeron “América Primeiro”
E aprobaron as estrelas amarelas
QUEN/QUEN/
Quen matou a Rosa Luxemburgo, a Liebneckt
Quen asasinou aos Rosenberg
E a toda a xente boa aniquilada,
Torturada, asasinada, desaparecida
Quen se enriqueceu en Alxeria, Libia, Haití,
Irán, Iraq, Arabia Saudita, Kuwait, Líbano,
Siria, Exipto, Xordania, Palestina
Quen cortou mans no Congo
Quen inventou a sida Quen puxo os xermes
nas sabas dos indios
Quen imaxinou “O Carreiro das Bágoas”
Quen fixo voar o Maine
e comezou a Guerra Hispano-Americana
Quen puxo de novo a Sharon no poder
Quen apoiou a Batista, a Hitler, a Bilbo,
a Chiang kai Chek quen QUEN Q U E N
Quen decidiu que a Acción Afirmativa debía desaparecer
A Reconstrución, o New Deal, a Nova
Fronteira, a Gran Sociedade,
Para quen traballa o idiota de Tom Clarence
Que merda sae da boca do Colin
Quen sabe que clase de puta é Condoleeza
Quen lle paga a Connelly para que sexa un negro de madeira
Quen lle dá Premios de Xenio ao Homo Locus
Subsidere
Quen derrocou a Nkrumah, a Bishop,
Quen envenenó a Robeson,
Quen tratou de encarcerar a DuBois
Quen preparou a trampa para Rap Jamil ao Amin, Quen lla preparou aos Rosenberg, Garvey,
aos Scottsboro Boys, aos Hollywood Ten
Quen incendiou o Reichstag
Quen sabía que ían a bombardear o World Trade Center
Quen lles dixo aos 4000 empregados israelís das Torres Xemelas
Que se quedasen en casa ese día
Por que non acudiu Sharon
Quen, quen, quen/
Os xornais dixeron que aquela explosión era un presaxio
que revelaba o rostro do diaño Quen QUEN Quen QUEN
Quen gaña diñeiro coa guerra
Quen se fai rico con medo e mentiras
Quen quere que o mundo sexa como é
Quen quere que o mundo sexa rexido polo imperialismo, a opresión nacional e o terror
A violencia e o fame e a pobreza.
¿Quen dirixe o inferno?
Quen é o máis poderoso
¿Coñeces a alguén
Que vexa a Deus?
Pero todos viron
Ao Diaño
Como un canto fúnebre de curuxa que estala
Na túa vida no teu cerebro no teu ser
Como unha curuxa que coñece ao diaño
Toda a noite, todo o día si escoitas. Como o canto dunha curuxa
Que se converte en lume. Escoitamos brotar as preguntas
Entre chamas terribles como o asubío dun can toleado
Como o acedo vómito do lume do inferno
Quen e Quen e QUEN(+) quen quen
¿Qeeeeeeeennnnnn e Qeeeeeeeeeennnnnnnnn!!!!
Advertisements
Etiquetado ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: