KOMMUNE 1 E 2, E OS REBELDES DO HACHÍS [WU MING 6]

kommune 2

 Agtun baby, agtun!

Die Kommune 1 oder K1 war die erste politisch motivierte wohngemeinschaft in Deutschland. Sie wurde am 1 de xaneiro de 1967 in Berlin gegründet und löste sich im Novembro 1968 endgültig auf. Die Kommune 1 entstand als Gegenreaktion auf dean Zeitgeist der deutschen 60er-Jahre, in der sehr konservative Moralvorstellungen herrschten, insbesondere bzgl. der geschlechterrolle sowie der Sexualmoral. Deus! como impón este idioma. Podería afirmar rotundamente que se afirman grandes sucesos e simplemente descríbese a uns deustch trastornaten, variante alemá do disperso mundo das guerrillas culturais, que se divertiron tanto como @s nos@s amig@s @s provos e @s indiani.

1. A cociña creativa da Kommune 1: O atentado do flan

Xoves, 6 de abril de 1967. A policía irrompe no “Taller do terror”. Unha sustancia viscosa. Que carallo é isto? E os explosivos, Klaus? Os químicos da policía necesitaron tres días para descubrir de que materia estaba constituído o suposto “material explosivo”. O diario Bild de Axel Springer en grandes titulares: “Planeado en Berlín atentado con bomba ao vicepresidente de Estados Unidos». Fritz Teufel, Rainer Langhans e a sardónica compañía, tamén membros da Kommune 1 (K 1), centro de espanto dos bos cidadáns, coceran dez quilos de pos de flan xunto a colorantes e a fariña para producir a bomba de calorías máis doce para presidentes de EEUU. Ninguén lles agradeceu esta amable homenaxe ao vicepresidente Hubert H. Humphrey, quen declarara en público que o flan era a súa sobremesa preferida. A acusación non foi outra que a de terse “reunido con fins conspiradores”. Aínda que fóra con intencións gastronómicas. Os articulistas reenchían as súas opinións e editoriais co ingrediente da semana. O atentado “do flan” saltou á prensa de todos os países. Ata entón a produción de sobremesas nunca fora considerada terrorismo. Aínda que esta iniciativa de Dieter Kunzelmann ao final resultou ser un comezo errado, marcou durante moito tempo a imaxe pública do movemento antiautoritario kommuneuno.

2. Quere ser vostede un Provo? Fórmese connosco.

Como “Comité provisional para a preparación da autoorganización estudiantil”, a K 1 rebentou -provistos de chapas do Chairman Mao- unha asemblea de 6.000 estudantes do ASTA (parlamento estudantil) da Universidade libre de Berlín. Distribuíron unha sensata octavilla “acerca da idiotez dos especialistas”, invitando aos asistentes a abandonar a universidade, poñerse a traballar e a comprar co soldo unha casa para convertela en comuna. Lugar este onde practicar o amor libre e organizar cursos para a formación dun partido. O plan perfecto. O obxectivo era formar auténticos provos alemáns que se despregarían por toda a sociedade e iniciarían accións perturbadoras.

Motivado polo desexo dun cambio radical. o movemento antiautoritario -a K 1 era un dos seus produtos- quería sacudir os cimentos petrificados da sociedade alemá. O seu potencial revolucionario brotou ao considerar que o individual e o social eran igual de importantes a nivel político e que, xa que logo, non podían ser contemplados por separado. A transformación propia non debería ser vista como un asunto persoal, como ata entón, senón como achega a un cambio radical da sociedade.

3. Promiscuidade, Klau mich e happenings agresivos

Durante algún tempo @s futuro@ compoñentes da comuna (Fritz Teufel. Rainer Langhans, Dieter Kunzelmann, Uschi Obermaier, etc.) atoparon acubillo no piso berlinés do escritor Uwe Johnson. Proclamaron a revolución da vida cotiá: a familia nuclear burguesa debía ser substituída polo colectivo.

Un día o Exército de Salvación atopouse en apuros cando cantaban a súa serenata na rúa Kurfürstendamm de Berlín. Que carallo pasa? Por que nos molestan?preguntáronse. A polizei confundiunos con compoñentes da comuna. Coa táctica de xogar á «lebre e o ourizo» aproveitaban calquera ocasión, sen recorrer á violencia física, para provocar ás forzas da orde e ridiculizalas. @s activistas da K 1 dominaron á perfección a táctica do desvelamento de estruturas autoritarias. As súas accións provocaban reaccións indiscriminadas por parte da policía, da que tampouco se salvaban os cidadáns-espectadores. Métodos e usanzas estes que coinciden coa d@s yippies, que utilizaban a provocación mediante os happenings políticos agresivos.

Non obstante as coincidencias van máis aló dos métodos. Teufe V Langhans publicou Klau mich (róubame) idéntico título ao do insigne yippie Abbie Hofman: Steal this book(rouba este libro).

Numerosas accións da K 1 posuían certas reminiscencias que aludían directamente á espontaneidade dadaísta. “Non se esaxera afirmando que as formas de acción especificamente antiautoritarias adquiriron carácter masivo xusto no momento en que a Sozialistische Deutsche Studentenbund (SDS [Alianza de Estudantes Socialistas Alemáns]) fusionouse cunha liña que historicamente remontábase ao dadaísmo berlinés”.

A opinión pública, como sempre, non viu máis aló da norma e centrou as súas morbosos focos e as súas mesquiñas plumillas no chamamento á “promiscuidade” da comuna.

4. Un tipo fúmase un porro nunha foto do Spiegel. O xuízo dos que xulgan

kommune 4

Os medios de comunicación converteron a experiencia da K 1 nunha central de espanta-cidadáns. Os prexuízos contra xeracións de pisos compartidos estiveron marcados por esta imaxe deformada, malia que o verdadeiro día a día da K 1 en realidade fora bastante pequenoburgués. As fotos de Uschi Obermaier fumando un porro vendéronse ás revistas de información Stern e Spiegel. Un traballo pactado. A campaña de difamación por parte dos xornais do magnate Springer conseguiu converter @s K 1 en perigos@s inimig@s do Estado. A súa criminalización mediática afastou a moita xente da súa contorna. Pero @s compoñentes da K 1 que se sentaban no banquiño entenderon as vistas na audiencia como unha amable oferta por parte do Estado. Á súa disposición tiñan un escenario para novos happenings. Desvelaron ao procedemento xudicial como ritual do poder.

En marzo de 1968, un reporteiro old fashioned do Spiegel lamentábase nun artigo do aspecto de Teufel. Segundo o articulista a elegancia de Teufel supoñía “a deshonra total do xeito de vestir occidental”. Deste proceso procede a lendaria frase que Teufel dixo a cerca da orde de levantarse ante o tribunal: «Buenooo, si iso axuda a atopar a verdade». Cando se lle pediu a Teufel someterse a un ditame psiquiátrico, el manifestou non ter ningún inconveniente en facelo, a condición de que o xuíz e o fiscal sometésense tamén a tal recoñecemento.

5. As mulleres (die frauen)

kommune 3   Gretchen Dutschke-Klotz afirmou rotundamente: os homes da K I «parecían ter principalmente un obxectivo, o de converter ás mulleres nos seus obxectos sexuais comúns». Frases como «A min que me importa a guerra de Vietnam; eu teño que solucionar as miñas dificultades para chegar ao orgasmo», apoiaban o razoamento. A práctica social cotiá da K 1 estaba marcada por influencias sexistas-patriarcales. No entanto, foi paradoxicamente esta insistencia no factor subxectivo a que contribuíu logo a preparar o terreo para o cuestionamento deste patriarcalismo.

6. «A min que me importa a guerra de Vietnam; eu teño que solucionar as miñas dificultades para chegar ao orgasmo»

“A Kommune 1 foi o símbolo dunha fase do movemento antiautoritario en cuxo centro atopamos procesos de aprendizaxe permanente, pero tamén os esforzos por cambiarse a si mesm@. É posible que as súas formas ritualizadas de acción entren na «pendente irresistible dos procesos de valorización que se autoalimentan» e que Teufel, Langhans e compañía realmente convertiranse en provocador@s “mentalmente adestrados da sociedade mediática capitalista” e nas “súas subministrador@s dependentes”. Malia todo, favoreceron o desenvolvemento da acción espontánea, a iniciativa colectiva e a autoorganización de face a emancipación do suxeito histórico. A comuna opoñíanse ao poder do Estado con creatividade; ás armas, coa mobilidade; á brutalidade, coa paixón; ás porras, coa linguaxe.

A K 1 marcou a imaxe social do 68. As diferenzas ideolóxicas cada vez máis acusadas acabaron en 1967 coa exclusión da K 1 da SDS. Acusóuselles de falsa “espontaneidade”, de “sobrevaloración “ e “de fuxida da realidade”. A despeito de todas as diferenzas, a K 1 continuou coas súas accións, en parte apoiadas por membros da SDS. Segundo din, o proxecto K 1 fracasou finalmente polas súas contradicións internas.

7. K2 und Zentralrat der umherschweifenden Haschrebellen.

A Kommune 2 (K 2), unha escisión da K 1, foi fundada por Jan Carl Raspe, o home da Baader-Meinhof, (é coñecida tamén como comuna política) Heike Brandt e outras como resposta ao narcisismo, ao culto dos ídolos e á instrumentalización dalgúns compañeiros proletarios por parte de membros da K I. A K 2 intentaba levar á práctica a reivindicación volterética de Rudi Dutschke de revolucionar “@s revolucionari@s” como “condición previa á de revolucionar ás masas”, unha árida esixencia que a K 1 non puido ou non quixo cumprir.

Falando dos problemas cotiáns, a Kommune 2 tiña que loitar co problema dos traballos de casa ( “En casa reinaba de xeito periódico un caos improdutivo. Todo estaba sucio. Por exemplo, un ou unha non tiña ganas de bañarse porque o baño apestaba cando había diseminadas por alí miles de toallas sucias”) . Non obstante a educación d@s pequen@s provos alemáns non era descoidada. Ao parecer, @s compoñentes da comuna gustáballe, sobre todo, segundo parece, a Raspe. Habería que entrevistar a eses nenos e nenas nacidos na comuna para decatarnos como a viviron e sobreviviron. Quizá viviron alí pouco tempo para que deixase neles influencias duradeiras. Coas finanzas da economía domestica común tampouco había dificultades; os membros eran pouco esixentes en canto a bens e praceres materiais.

“O proceso revolucionador d@ individu@ burgués”. Afirman @s crític@s da comuna que est@s moz@s “nados no seo da burguesía querían facerse revolucionari@s auténticos pola vía da comuna”. O feito de non conseguilo é a verdadeira causa do tan evocado fracaso, da frustración. “ O privilexio de pasar dous anos sen ter que traballar” podendo dedicarse exclusivamente ao “proceso revolucionador d@ individu@ burgués” non produciu ningún éxito. El@s sábeno e lles remorde a conciencia.“Divertímonos poñendo orde á nosa vida (particular)”, afírmase con amargura nunha ocasión. Cal foi o efecto “desta fase que durou varios meses”? Só un “completo entumecimento, apatía que produciu horribles frustracións por todas partes”

kommune 1Había que buscar unha causa deste fracaso, e atopárona: para levar a cabo o proceso revolucionador @s intelectuais necesitan do proletariado, pero o proletariado non colaborou. Para a fase seguinte prevíase a creación de grupos “que se poñerían en contacto coa clase obreira”. Sabemos que disto non saíu nada. Apatía foi a súa consecuencia… ou desesperación. A Raspe levoulle a Baader e a Stammheim.

(Klaus Menherte dixit en ”A rebelión da mocidade”)

Moito antes de que o cidadán berlinés observase detidamente aquela fumareda que segundo reconsiderara varias veces non era contaminación e o cheiro era certamente característico, moito antes diso, atopouse que a súa man agarraba unha octavilla. Nela rezaba algo inintelixíbel para aquel señor berlinés. “Loitamos por poder decidir libremente sobre os nosos corpos e formas de vida. Unirvos a esta loita. Formade cadros militantes nos pobos e as metrópoles. Cagarvos nesta sociedade de seniis precoces e de tabús. Convertervos en salvaxes e facede cousas guapas”.

k1-rebeldes hachis2Tratábase do mesmesemo “Consello Central dos rebeldes nómades do hachís” (“Zentralrat der umherschweifenden Haschrebellen”). Este pseudónimo concibiuse como parodia dos grupos políticos de estudantes. Os rebeldes do hachis pronunciáronse en favor dunha política militante e da infracción masiva da existente lei de estupefacientes. Organizaron no Tiergarten, un céntrico parque berlínés, varias smoke-ins (fumadas colectivas), axudaron a buscar avogad@s defensores de fumetas e reivindicaron a legalización das drogas.

Desta contorna proviña tamén unha parte do grupo Bewegung 2. Juni (Movemento 2 de xuño) que, a diferenza da RAF, mantivo reminiscencias das formas antiautoritarias de acción, ata no secuestro do político da CDU, Peter Lorenz, ou en atracos a bancos. En 1975 repartiron doces de chocolate, chamados «biquiños de chocolate», entre os asustados clientes de dous bancos.

Aínda que boa parte das ideas políticas de todos estes grupos do movemento antiautoritario poderían considerarse fracasadas, «nun sentido subversivo, de cambio das formas de vida social, conseguiron un éxito que nunca esperaran e que perdura ata hoxe».

Advertisements
Etiquetado ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: