Arquivo por meses: Xullo 2013

resurrection fest- o mellor festi da galiza

slidexxxx4

Pódese estar de acordo ou non, e sen ánimo de establecer ningunha verdade, o Resurrection Fest é sen dúbida o mellor festival de rock da Galiza e o norte da península, polo menos. E digo simplemente rock porque calquera persoa aficionada a esta música morrería de pracer escoitando e mirando a semellante despregue de bandas en directo. Iso se tes o corpo en condicións para aguantar unha sobredose de caña, ruído, amplificación e baile salvaxe. E tal e como están de atrofiados os corpos hoxe en día poucas persoas poderán soportalo sen a axuda de drogas. Polo tanto xa temos rock’n’roll e drogas, ben. Todo estaría ben se non fora porque a ideoloxía deste festival é unha merda, a cansina e sempre presente ideoloxía do mercado e a mercadoría. Que sentido ten se non?. O que mosquea e que moitas destas bandas déanse ao xogo. Ben, Slayer veñen facéndoo dende sempre pero, Black Flag ou Jello Biafra ou Exploited?. Ademais se queres podes acampar nunha zona Vip, se a pagas. E xa non falamos da lista de infames patrocinadores.

O que realmente estraña é que o festival pódase celebrar sen graves incidentes. Eu pensaba que as persoas seguidoras desta música eramos persoas antisociais, destrutoras, maleducadas… antitodo…Máis mirase que non. Pola nosa banda imos actuar coma sempre e veremos o festival se conseguimos colarnos de balde, non seremos persoas civilizadas polas rúas de Viveiro e amosaremos que o odio non se apaga cun pouco de diversión. Ou polo menos reivindicamos dende aquí a ideoloxía dunha música que xorde e ten a súa razón de ser no enfrontamento co mercado e a mercadoría. MALDITA SEXA!Resurrection Fest 2013 - Final

xv festa da campana

ÚLTIMA HORA: FESTA APRAZADA ATA NOVA DATA, SEN DETERMINAR

cropped-ssfamAs persoas militantes do Semanario pontevedrés de Información e Debate Anarcosindicalista A Campana, decidiron celebrar a XV Festa da Campana, o sábado, 27 de xullo, no lugar tradicional do monte á Escusa (Poio).

Nos tres últimos anos víronse na obriga de suspender a celebración da Festa, que viñase celebrando anualmente, de forma ininterrumpida desde 1997, pola aplicación, inxusta e selectiva, á Campana da Lei de montes forestales e prevención de incendios da Xunta de Galicia, que si autoriza, baixo determinadas condicións (que A Campana sempre cumpriu, eficaz e escrupulosamente), a utilización dos asadores públicos en montes comunales ás festas populares e tradicionais de recoñecido arraigo. Con todo, pese a que a Festa da Campana ten recoñecida esa condición de “arraigo” desde a X edición e conta co permiso do Concello, a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia revoga unha e outra vez devandita autorización.

Nestas circunstancias substituirase o tradicional asado ou churrasco que se facía nos asadores públicos do lugar, pola opción de que individualmente ou por grupos lévese a comida propia previamente elaborada. Deste xeito, a Festa será o Encontro entre @s amig@s que decidan subir e compartir unhas horas libertarias e felices. De todos os xeitos, como haberá necesidades comúns que deben ser atendidas pola organización, pídese que tod@s @s interesad@s en asistir comuníqueno con anterioridad, ben ao correo electrónico Pontevedra [arroba] cgtgalicia.org, ben ao teléfono 627 791 645.

A edición impresa da Campana leva sen editarse máis de tres anos (logo de conseguir manterse por case dez anos, con preto de 400 números ordinarios editados e máis de 30 extraordinarios) e, agora mesmo, está pendente de reiniciar unha nova Época (sería a Vª Época) en formato digital e, o máis difícil, en formato papel.

20070906220347-lacampana-193-blog

les rallizes denudes- heavier than a death in the family

Imaxe

Mimá! non hai quen se aclare co etiquetado deste grupo. Que si avant-garde, que si noise, que si experimental, que si psicodelia, que si doom, que si stoner, que si heavy-fuzz… eu que sei. A verdade é que son inclasificables. Estes Xapos deberían ser coñecidos por toda aquela persoa amante da distorsión, por seren uns pioneiros. Lembro de ler na década dos 90 que o ruído e a distorsión era onde dirixíase o novo rock daquela década. Fora verdade ou non, estes Xapos adiantáronse unhas décadas e fixérono moi ben. Puriño zumbido para as orellas. lrd

Pois ben o seu disco Heavier Than A Death In Family reúne unhas cantas cancións gravadas entre 1973 a 1979. O grupo nunca fixo un disco como tal mais a súa influencia fixo que co tempo editáranse directos, piratas e demais. Grupos  Xapos como Boris, Acid Mothers Temple, High Rise, seguro que beberon dos seus concertos, e se paramos a pensar na radicalidade do rock Xaponés de bandas como Guitar Wolf ou Teengenerate ou Thee Michelle Gun Elephant imaxinámonos a adolescentes Xaponeses drogándose con Les Reallizes Desnudes. Proba ti tamén

Folder

 

Etiquetado ,

I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA NA GUARDA

O encontro do libro terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de Xullo e realizaránse na praza de S. Benito en horario de 14:00h. a 22:00h. o sábado e o domingo, e a presentación no Centro Social Fuscalho o venres.

Comentarvos que se habilitará mesas para a exposición do material antiautoritario así como unha zona de acampada para facilitar sitio onde dormir. Ademais engadir que tódolos días haberá zona de bebidas e comida vegana a prezos populares.

PROGRAMACION I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA

A Guarda 19, 20 e 21 de Xullo

Venres 19 – Centro Social Fuscalho
Presentación da I Feira do libro anarquista en A Guarda
Proxección/Debate dun documental

Sábado 20 – PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 – Comedor vegano
17:00 – Presentación do libro (a cargo dun compa lisboeta):
“Flores Silvestres, uma antología de Abele Rizieri Ferrari”
Presentación da revista “Cam de palheiro”
20:00 – Representación da obra teatral “Navy Bar” – Teatro do pracer,C.S.A. A Cova dos Ratos (Vigo), (finalmente pode ser que haia outra actividade)
21:30 – Cea “Faino ti mesmo”
23:00 – Concerto dos cantautores: John tres dedos e Bitxobola

Domingo 21 – PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 – Comedor vegano
17:00 – Presentación das revistas “Abordaxe” e “Contrahistoria”

A actividade da Oficina de Investigacións Surrealistas [Antonin Artaud]

 artaud               

O feito dunha revolución surrealista nas cousas é aplicable a todos os estados do espírito, a todos os xéneros da actividade humana, a todos os estados do mundo no medio do espírito, a todos os feitos de moral establecida, a todas as ordes do espírito.

Esta revolución apunta a unha desvalorización xeral dos valores, á depreciación do espírito, á desmineralización da evidencia, a unha confusión absoluta e renovada das linguas, ao desequilibrio do pensamento.

Apunta á ruptura e a descualificación da lóxica que perseguirá ata a extirpación dos seus redutos primitivos.

Apunta á reclasificación espontánea das cousas segundo unha orde máis profunda e máis precisa, e imposible de dilucidar mediante a razón ordinaria, pero de todos os xeitos unha orde, e sensible a certo sentido…. pero igualmente sensible e unha orde que non forma parte totalmente da morte.

surrealismo

Entre o mundo e nós, a ruptura está claramente establecida. Nós non falamos de facernos comprender, senón no interior de nós mesm@s, con rexas de angustia, co fío dunha obstinación encarnizada, conmocionamos, desequilibramos o pensamento.

A oficina central das investigacións surrealistas dedica todas as súas forzas á reclasificación da vida.

Seguir lendo

Etiquetado