A actividade da Oficina de Investigacións Surrealistas [Antonin Artaud]

 artaud               

O feito dunha revolución surrealista nas cousas é aplicable a todos os estados do espírito, a todos os xéneros da actividade humana, a todos os estados do mundo no medio do espírito, a todos os feitos de moral establecida, a todas as ordes do espírito.

Esta revolución apunta a unha desvalorización xeral dos valores, á depreciación do espírito, á desmineralización da evidencia, a unha confusión absoluta e renovada das linguas, ao desequilibrio do pensamento.

Apunta á ruptura e a descualificación da lóxica que perseguirá ata a extirpación dos seus redutos primitivos.

Apunta á reclasificación espontánea das cousas segundo unha orde máis profunda e máis precisa, e imposible de dilucidar mediante a razón ordinaria, pero de todos os xeitos unha orde, e sensible a certo sentido…. pero igualmente sensible e unha orde que non forma parte totalmente da morte.

surrealismo

Entre o mundo e nós, a ruptura está claramente establecida. Nós non falamos de facernos comprender, senón no interior de nós mesm@s, con rexas de angustia, co fío dunha obstinación encarnizada, conmocionamos, desequilibramos o pensamento.

A oficina central das investigacións surrealistas dedica todas as súas forzas á reclasificación da vida.

Hai que instituír unha filosofía do surrealismo, ou o que poida xurdir.

Para falar claro non se trata de establecer canonees ou preceptos, senón de atopar:

1) Medios de investigación surrealista no pensamento surrealista.
2) Fixar parámetros, medios de recoñecemento, condutos, illotes.

Podemos, debemos admitir ata certo punto unha mística surrealista, unha certa orde de crenzas evasivas en relación coa razón ordinaria, pero con todo ben determinadas, relativas a puntos ben precisos do espírito.

O surrealismo, máis que crenzas, rexistra unha certa orde de repulsións.

O surrealismo é ante todo un estado do espírito, non preconiza receitas.

O primeiro punto é situarse no espírito.

Ningunha persoa surrealista está no mundo, pénsase no presente, cre na eficacia do espírito-espolón, o espírito-guillotina, o espírito-xuíz, o espírito-doctor e resoltamente confíase ao lado do espírito.

O surrealismo xulgou ao espírito.

Non hai sentimentos que formen parte del mesmo, non se recoñece ningún pensamento. O seu pensamento non lle fabrica un mundo ao que razoablemente acepta. Desespera de alcanzar o espírito.

Pero á fin e ao cabo está no espírito, xúlgase desde o interior, e ante o seu pensamento o mundo non pesa excesivamente.

Pero na intermitencia de certa perda, de certa creba en si mesm@, de certa reabsorción instantánea do espírito, verá aparecer a besta branca, a besta vidrosa e que pensa.

Porque é unha Cabeza, a única Cabeza que emerxe no presente. En nome da súa liberdade interior, das esixencias da súa paz, da súa perfección, da súa pureza, chospe sobre ti, mundo librado á insensibilizadora razón, ao mimetismo empantanado dos séculos, e que construíu as túas casas de palabras e establecido os teus repertorios de preceptos onde é imposible que o espírito surreal non explote, o único capaz de desenraizarnos.

LYDIA-RAMOS-MAÑANA

Estas notas que @s imbéciles xulgarán desde o punto de vista do serio e @s astut@s desde o punto de vista da lingua, son un dos primeiros modelos, un dos primeiros aspectos do que entendo pola Confusión da miña lingua. Están dirixidas @s confus@s de espírito, @s afásic@s por interrupción da lingua. E, con todo, están xusto no centro do seu obxecto. Aquí non comparece o pensamento, aquí o espírito deixa ver os seus membros. Son notas imbéciles, notas primarias como di aqueloutro, “nas articulacións do seu pensamento”. Pero notas verdadeiramente precisas.

Un espírito ben situado descubrirá nelas un perpetuo rexurdimento da lingua, e a tensión logo da ausencia, o coñecemento do desvío, a aceptación do mal formulado. Estas notas desprezan a lingua, chospen sobre o pensamento.

E, con todo, entre as fallas dun pensamento humanamente mal construído, desigualmente cristalizado, brilla unha vontade de sentido. A vontade de aclarar os desvíos dunha cousa aínda mal feita, unha vontade de crenza.

Aquí instálase certa Fe, pero que @s coprolálic@s enténdanme, @s afásic@s e en xeral tod@s @s desacreditad@s polas palabras e o verbo, @s parias do Pensamento.

Falo só para el@s.

 

Advertisements
Etiquetado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: