Arquivo por meses: Outubro 2013

VI TARDES LIBERTARIAS EN PONTEAREAS. 10 ANOS DE LUME NEGRO.

portada de pedro ateneo luna (1)

As xentes do Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas celebran o seu décimo aniversario coa publicación dun extraordinario libro-revista onde repasan gran parte do seu camiño.

Esta publicación consta de 154 páxinas, e inclúe un xenial e fermoso texto de Pedro Currás sobre arte, símbolos, a bomba Orsini, nihilismo e loita. Tamén hai outros interesantes textos de: Félix Rodrigo Mora, Miguel Martínez, Pedro García Olivo, Miguel Amorós, Gato Negro, Lucio Urtubia e máis persoas e colectivos que ó longo destes dez anos colaboraron ou colaboran co Ateneo Libertario Lume Negro.

A Revista-Libro será presentada nas VI Tardes Libertarias na casa dos veciños e veciñas de Angoares (Ponteareas) co seguinte Programa:
Venres 1 de novembro:
– 19h: Presentación da PUBLICACIÓN @PERIÓDICA nº especial X ANIVERSARIO.
          Proxección da curtametraxe “BALANDO CON HOMOS”, de Audiovisuais Lume Negro
– 20h: Charla de ELISEO FERNÁNDEZ: “HISTORIA E MEMORIA DO ANARQUISMO GALEGO”.

Sábado 2 de novembro:
– 19h: Charla de MIGUEL AMORÓS: “LA CRÍTICA ANARQUISTA ACTUAL A LA PARTITOCRACIA Y AL ESTADO”.
– Ó rematar celebraremos un MAGOSTO

Consulta o mapa si non sabes chegar a Casa dos veciños e veciñas de Angoares (Ponteareas, Pontevedra).

http://picasaweb.google.com/lh/photo/EEtjd_OD5oQgbBee-iAg0VjW54hfyLgRazaVwAZkJ_c?feat=directlink

Cartel VI Tardes Libertarias. color

Advertisements

presentación revolusionaria postpetrolera en allariz

manual bellotero.jpg

O Sábado 26 de Outubro presentaran Félix Rodrigo Mora e máis César Lema, o Libro que leva por título: “Manual de cocina bellotera para la era post petrolera. 2013 Una propuesta artística y revolusionaria para encarar el cenit de los seres nada”, que versa sobre todos os aspectos do consumo da landra: históricos, culturais, ecolóxicos, sociais, políticos, maxicos, nutritivos e de saúde, así como unha ampla parte práctica sobre o procesamento da landra dende a recolección ate o desamargado, diferentes transformados alimenticios a base de landras e un recetario. O libro se poderá baixar de balde a partires do dia 28 no blogue: http://monacatorevolusionario.wordpress.com/

Por favor, confirmade a asistencia a este correo  clemacostas13@gmail.com. Para chegar ao sitio, consultade a páxina de ANDREA que ven no cartaz. O teléfono que aparece no cartaz, é por si o día do encontro non dades co sitio. Non chamar a este telefono para confirmar asistencia.

Cartel presentacion manual bellotero

novo disco dos wooden shjips en novembro

WoodenShjips_berlin_web1

Non pretendemos aquí entrar no pesadelo das carreiras polas novidades. Non, a medida actual do tempo é nociva. É a medida da merda, a medida do valor-diñeiro que vai rematar aos basureros tras un breve periodo. Todo tirase ao lixo se non é novo. A enfirmidade do consumo de merda para ansiolitic@s.

Os Wooden Shjips levan xa tempo dando pracer. A sua música viaxa polo tempo. A psicodelia dos 60, o krautrock dos 70, a melodía dos grupos ruidosos dos 80 e 90, o singular xeito de cantar do primeiro electro-punk ala polo 77. Os Doors, Amon Duul II, Os Jesus & Mary Chain, Suicide, Loop, a inmediatez do punk, outra volta de torca ao garaxe que alucinou durante os 80 e 90, en fín case de todo.

Xa, pero os Wooden Shjips teñen o seu propio estilo, non é que sexan orixinais, no senso do imperativo novidoso para seren escoitados na nova moda consumista, non, o que pasa é que teñen unha grande personalidade.

Este disco vai sair en Novembro, e deberías escoitar os anteriores antes de escoitar este. Eu coido que este disco é o seu disco mais accesible ata a data. 

Música feita por xente flipada para xente flipada. Flipa, compa, flipa e pincha nunha das imaxes de aquí abaixo para escoitalo. boa viaxe!.       

 wooden back to land              wooden back to land

Etiquetado

octavio alberola na coruña

Octavio_Alberola

O luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, haberá unha Charla Coloquio co título ” A emncipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita”, con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo. Na biblioteca da A.VV. de Monte Alto (Campo de Marte).

Octavio Alberola é bo coñecedor de certos grupos armados que funcionarón durante a os anos 60 e 70, tanto no estado español como en outros lugares mediante unha rede de solidariedade e apoio internacional.

o alberola 2

Ademais ven de publicar un libro chamado ” PENSAR A UTOPÍA NA ACCIÓN. TRAZAS DUN ANARQUIISTA HETERODOXO. 1950-1975: No exilio e na clandestinidade. 1975-2013: Na “transición” e na “democracia”. O que sigue é o preámbulo do libro:

 

Un libro non é o froito do azar. Velaquí o por que deste :

Para min a persoa é o produto das circunstancias. Por iso é polo que considero canto escribín como o resultado de ter como pai a un mestre racionalista , de vivir de neno a chamada “guerra civil española” de 1936 e logo, tralo triunfo do fascismo español en 1939, por estar durante máis de vinte anos exiliado en México. E, por suposto, tamén por todo o que vivín ata o día de hoxe desde que, en 1962, marcheime de México para incorporarme á loita clandestina antifranquista. É dicir: un período de máis de medio século no que, trala morte de Franco en 1975, comezou a chamada “Transición á democracia” que culminou hoxe na rexentada pol@s herdeir@s do franquismo.

oalberola 3

Así pois, si foron tales circunstancias as que me incitaron a escribir os textos que se reproducen neste libro, tamén foi o dispoñer agora da informática e internet o que me incitou a recompilalos, compoñelos e editalos en formato libro. Non só porque eles constitúen as trázas da miña participación no combate das ideas senón tamén porque eses instrumentos tecnolóxicos permiten “fabricar” hoxe un libro de xeito máis fácil, directa e autónoma que antes, e, ademais, poñelo á disposición de “todo o mundo” a través dese espazo social que internet é de máis en máis…

Falta só explicar o por que, malia ser – desde moi novo – alérxico aos símbolos, ás etiquetas e en xeral ás ideas transformadas en ideoloxías, preséntome aquí como “anarquista”, aínda que matizado co adxectivo “heterodoxo”. A razón é simple: por ser – tamén desde moi novo – alérxico ao poder, a todos os poderes, e, en consecuencia, rexeitar toda forma de autoridade e considerar a liberdade como o valor fundamental nas relacións humanas. Un principio, a anarquía, que pode resumirse no feito de non someterse á dominación doutro ou dun Estado e, consecuentemente, en non facer mal a ninguén. Por iso é polo que, para min, o anarquismo é unha actitude, un comportamento fundado en tal principio ético, e que, por non ser este reducible a dogma ou doutrina, @ anarquista deba ser pois libre, autónom@, irreverente e heterodox@.

 

 

a cerimonia da morte do Hippy [alice gaillard]

Death_of_hippie-426x550

O 21 de setembro de 1967, día do equinoccio de outono, marca o fin oficial do Verán do Amor. Quince días máis tarde, @s Diggers/Free City Collective organizan a cerimonia da morte do Hippy e deciden dar o adeus definitivo a ese “abnegado fillo dos medios”. Elíxese a data do 6 de outubro por ser a do aniversario da lei que criminaliza o consumo de LSD. Alain Dister, entón xornalista do Rock & Folk de San Francisco, recorda: “O término Hippy, que nunca significara gran cousa, converteuse, para os medios, nun medio sinxelo de designar a calquera individuo que levase o pelo un pouco longo e vivise, como é evidente, unha existencia de disipación, rodeado de mozas famentas de sexo”. Para os Diggers, os Hippies xamais existiran. Non había máis que xente libre e independente, que decidira vivir ao seu xeito nunha sociedade que rexeitaba a alienación baixo todas as súas formas. Por iso decidiron, xunto @s seus e súas amig@s da Mine Troupe, organizar os funerais desa personaxe xa mítica, coñecida no mundo enteiro co nome de “Hippy”. Todo o que, de lonxe ou de cerca, evocaba a imaxinería hip transmitida polos medios- colares de contas, pósters, e ata as famosas flores, que se supoñía deberíanse levar no pelo desde que se poñía o pé en San Francisco-, toda aquela mesturanza vendida por toda Haight Street pol@s nov@s empresari@s do hip capitalism vai ser queimada con gran cerimonia, baixo a impávida mirada dalgúns polis condescendentes e que as viron peores.

diggers4
A cerimonia, que se inicia á saída do sol, sobre o outeiro Boa Vista, anúnciase cun panfleto de Richard Brautigan, “Morte do Hippy”:

OS MEDIOS CREARON AO HIPPY CO VOSO ÁVIDO CONSENTIMENTO, SEDE ALGUÉN… A vosa cara na tele, o voso estilo inmortalizado sen alma nas reportaxes do Chronicle. A NBC di que existides, ergo son eu. Narcisismo, vaidade plebea. A vítima inmortalizada. A PERSOA LIBRE vomita a súa imaxe e rise nas nubes porque é a grande evadida, o animal que axexa nas xunglas da imaxe e non ve sombra algunha…

MORTE DO HIPPY FIN
ACABADO HYPPYEE IDO
ADEUS HEHPPEEE MORTE MORTE HHIPPEE

SODES LIBRES. SOMOS LIBRES. NON SEXADES RECREAD@S. CREDE SÓ NO VOSO PROPIO ESPIRITÚ ENCARNADO. Creade, sede…. Non sexades cread@s. Esta é a vosa terra, a vosa cidade. Ninguén pode distribuírvola en porcións. Os Medios-Policía repartiron porcións de H/Ashbury entre nós e @s turistas viñeron ao zoo a ver aos animais engaiolados e ruximos feramente tralos barrotes que aceptaramos e agora xa non somos hippies nin o fomos nunca e a cidade é nosa para crear, para estar. É a nosa ferramenta, parte da primeira creación a partir da cal A PERSOA LIBRE crea o seu novo mundo.

NACEMENTO DA PERSOAS LIBRE INDEPENDENCIA DE SAN FRANCISCO MACIMIENTO D@S AMERICAN@S LIBRES…

NON VOS DEIXEDES COMPRAR CUNHA IMAXE, CUNHA FRASE… NON SEXADES PRISIONEIR@S DAS PALABRAS. A CIDADE É VOSA, SODES SODES SODES. TOMADE O QUE É VOSO… TOMADE O QUE É VOSO

AS FRONTEIRAS CAERON SAN FRANCISCO É LIBRE AGORA LIBRE.

diggers2

Ao ritmo da percusión, a precesión descende cara a Haight Street, onde colgan bandeirolas nas que pode lerse “Morte ao Hippy, nacemento da persoa libre”. Unhas oitenta persoas, candea en man, rodean o ataúde. Tras unha xenuflexión no cruzamento entre as rúas Haight e Ashbury, a procesión diríxese cara á Psychedelic Shop, onde un tocadiscos soa a todo trapo para cubrir os berridos (totalmente imprevistos e terriblemente pertinentes) dunha moza en pleno mal viaxe. Sobre o escaparate da Psy Shop, unha pancarta: “Non che angusties por min, organízate. Nebraska, necesítate máis que eu”. Os irmáns Thelin, os máis soados representantes dos comerciantes HIP, tan criticados polos Diggers abandonan o seu comercio. Ron (un dos irmáns) decide unirse ao Colectivo da Cidade Libre (Free City Collective). Reacción coherente, aínda que absolutamente illada dentro da comunidade de comerciantes de Haight…

diggers6

A cerimonia conclúe cunha fogueira na que é inmolado o ataúde do Hippy e ao redor da cal a xente baila. Pola tarde e como de costume, a policía procede a varrer o barrio e detén a un mozo sen carné de identidade nin cartilla militar. Ten dúas opcións: ou ben é menor, ou ben un desertor, e ambas acusacións carrexan penas de prisión. Os medios precipítanse para asistir á desaparición dese Hippy que eles mesmos crearon. O rizo rízase…ilusión…

diggers 3+

Etiquetado ,

VIII Encontro da Rede Galega de Sementes

feirasementes

Outro ano máis atoparémonos en Redondela para intercambiarnos sementes de verdade, non modificadas.

Un encontro liberado do asqueroso diñeiro polo que o ben intercambiado, as sementes, supera o consumo de mercancía converténdose nunha satisfacción da  actividade humana.