a cerimonia da morte do Hippy [alice gaillard]

Death_of_hippie-426x550

O 21 de setembro de 1967, día do equinoccio de outono, marca o fin oficial do Verán do Amor. Quince días máis tarde, @s Diggers/Free City Collective organizan a cerimonia da morte do Hippy e deciden dar o adeus definitivo a ese “abnegado fillo dos medios”. Elíxese a data do 6 de outubro por ser a do aniversario da lei que criminaliza o consumo de LSD. Alain Dister, entón xornalista do Rock & Folk de San Francisco, recorda: “O término Hippy, que nunca significara gran cousa, converteuse, para os medios, nun medio sinxelo de designar a calquera individuo que levase o pelo un pouco longo e vivise, como é evidente, unha existencia de disipación, rodeado de mozas famentas de sexo”. Para os Diggers, os Hippies xamais existiran. Non había máis que xente libre e independente, que decidira vivir ao seu xeito nunha sociedade que rexeitaba a alienación baixo todas as súas formas. Por iso decidiron, xunto @s seus e súas amig@s da Mine Troupe, organizar os funerais desa personaxe xa mítica, coñecida no mundo enteiro co nome de “Hippy”. Todo o que, de lonxe ou de cerca, evocaba a imaxinería hip transmitida polos medios- colares de contas, pósters, e ata as famosas flores, que se supoñía deberíanse levar no pelo desde que se poñía o pé en San Francisco-, toda aquela mesturanza vendida por toda Haight Street pol@s nov@s empresari@s do hip capitalism vai ser queimada con gran cerimonia, baixo a impávida mirada dalgúns polis condescendentes e que as viron peores.

diggers4
A cerimonia, que se inicia á saída do sol, sobre o outeiro Boa Vista, anúnciase cun panfleto de Richard Brautigan, “Morte do Hippy”:

OS MEDIOS CREARON AO HIPPY CO VOSO ÁVIDO CONSENTIMENTO, SEDE ALGUÉN… A vosa cara na tele, o voso estilo inmortalizado sen alma nas reportaxes do Chronicle. A NBC di que existides, ergo son eu. Narcisismo, vaidade plebea. A vítima inmortalizada. A PERSOA LIBRE vomita a súa imaxe e rise nas nubes porque é a grande evadida, o animal que axexa nas xunglas da imaxe e non ve sombra algunha…

MORTE DO HIPPY FIN
ACABADO HYPPYEE IDO
ADEUS HEHPPEEE MORTE MORTE HHIPPEE

SODES LIBRES. SOMOS LIBRES. NON SEXADES RECREAD@S. CREDE SÓ NO VOSO PROPIO ESPIRITÚ ENCARNADO. Creade, sede…. Non sexades cread@s. Esta é a vosa terra, a vosa cidade. Ninguén pode distribuírvola en porcións. Os Medios-Policía repartiron porcións de H/Ashbury entre nós e @s turistas viñeron ao zoo a ver aos animais engaiolados e ruximos feramente tralos barrotes que aceptaramos e agora xa non somos hippies nin o fomos nunca e a cidade é nosa para crear, para estar. É a nosa ferramenta, parte da primeira creación a partir da cal A PERSOA LIBRE crea o seu novo mundo.

NACEMENTO DA PERSOAS LIBRE INDEPENDENCIA DE SAN FRANCISCO MACIMIENTO D@S AMERICAN@S LIBRES…

NON VOS DEIXEDES COMPRAR CUNHA IMAXE, CUNHA FRASE… NON SEXADES PRISIONEIR@S DAS PALABRAS. A CIDADE É VOSA, SODES SODES SODES. TOMADE O QUE É VOSO… TOMADE O QUE É VOSO

AS FRONTEIRAS CAERON SAN FRANCISCO É LIBRE AGORA LIBRE.

diggers2

Ao ritmo da percusión, a precesión descende cara a Haight Street, onde colgan bandeirolas nas que pode lerse “Morte ao Hippy, nacemento da persoa libre”. Unhas oitenta persoas, candea en man, rodean o ataúde. Tras unha xenuflexión no cruzamento entre as rúas Haight e Ashbury, a procesión diríxese cara á Psychedelic Shop, onde un tocadiscos soa a todo trapo para cubrir os berridos (totalmente imprevistos e terriblemente pertinentes) dunha moza en pleno mal viaxe. Sobre o escaparate da Psy Shop, unha pancarta: “Non che angusties por min, organízate. Nebraska, necesítate máis que eu”. Os irmáns Thelin, os máis soados representantes dos comerciantes HIP, tan criticados polos Diggers abandonan o seu comercio. Ron (un dos irmáns) decide unirse ao Colectivo da Cidade Libre (Free City Collective). Reacción coherente, aínda que absolutamente illada dentro da comunidade de comerciantes de Haight…

diggers6

A cerimonia conclúe cunha fogueira na que é inmolado o ataúde do Hippy e ao redor da cal a xente baila. Pola tarde e como de costume, a policía procede a varrer o barrio e detén a un mozo sen carné de identidade nin cartilla militar. Ten dúas opcións: ou ben é menor, ou ben un desertor, e ambas acusacións carrexan penas de prisión. Os medios precipítanse para asistir á desaparición dese Hippy que eles mesmos crearon. O rizo rízase…ilusión…

diggers 3+

Etiquetado ,

Deixar un comentario