octavio alberola na coruña

Octavio_Alberola

O luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, haberá unha Charla Coloquio co título ” A emncipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita”, con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo. Na biblioteca da A.VV. de Monte Alto (Campo de Marte).

Octavio Alberola é bo coñecedor de certos grupos armados que funcionarón durante a os anos 60 e 70, tanto no estado español como en outros lugares mediante unha rede de solidariedade e apoio internacional.

o alberola 2

Ademais ven de publicar un libro chamado ” PENSAR A UTOPÍA NA ACCIÓN. TRAZAS DUN ANARQUIISTA HETERODOXO. 1950-1975: No exilio e na clandestinidade. 1975-2013: Na “transición” e na “democracia”. O que sigue é o preámbulo do libro:

 

Un libro non é o froito do azar. Velaquí o por que deste :

Para min a persoa é o produto das circunstancias. Por iso é polo que considero canto escribín como o resultado de ter como pai a un mestre racionalista , de vivir de neno a chamada “guerra civil española” de 1936 e logo, tralo triunfo do fascismo español en 1939, por estar durante máis de vinte anos exiliado en México. E, por suposto, tamén por todo o que vivín ata o día de hoxe desde que, en 1962, marcheime de México para incorporarme á loita clandestina antifranquista. É dicir: un período de máis de medio século no que, trala morte de Franco en 1975, comezou a chamada “Transición á democracia” que culminou hoxe na rexentada pol@s herdeir@s do franquismo.

oalberola 3

Así pois, si foron tales circunstancias as que me incitaron a escribir os textos que se reproducen neste libro, tamén foi o dispoñer agora da informática e internet o que me incitou a recompilalos, compoñelos e editalos en formato libro. Non só porque eles constitúen as trázas da miña participación no combate das ideas senón tamén porque eses instrumentos tecnolóxicos permiten “fabricar” hoxe un libro de xeito máis fácil, directa e autónoma que antes, e, ademais, poñelo á disposición de “todo o mundo” a través dese espazo social que internet é de máis en máis…

Falta só explicar o por que, malia ser – desde moi novo – alérxico aos símbolos, ás etiquetas e en xeral ás ideas transformadas en ideoloxías, preséntome aquí como “anarquista”, aínda que matizado co adxectivo “heterodoxo”. A razón é simple: por ser – tamén desde moi novo – alérxico ao poder, a todos os poderes, e, en consecuencia, rexeitar toda forma de autoridade e considerar a liberdade como o valor fundamental nas relacións humanas. Un principio, a anarquía, que pode resumirse no feito de non someterse á dominación doutro ou dun Estado e, consecuentemente, en non facer mal a ninguén. Por iso é polo que, para min, o anarquismo é unha actitude, un comportamento fundado en tal principio ético, e que, por non ser este reducible a dogma ou doutrina, @ anarquista deba ser pois libre, autónom@, irreverente e heterodox@.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: