ao lume! [Benjamín Péret e máis]

ao lume1

Se tolerante. Conserva  firmemente a túa fe ou a túa convicción mais admite que haxa outra fe  ou unha convicción diferente. non fagas nada non digas nada que poida ferir as crenzas doutra persoa: é unha cousa íntima da conciencia humana tan delicada que desflorándoa se murcha.

Paul Doumer

A partir do 10 de maio de 1931, en Madrid, Córdoba, Sevilla, Bilbao, Alacante, Málaga, Granada, Valencia, Alxeciras, San Roque, A Línea, Arcos Da Fronteira, Huelva, Badaxoz, Xerez, Almería, Murcia, Xixón, Teruel, Santander, A Coruña, Santa Fe, etc., a multitude queimou as igrexas, os conventos, as universidades relixiosas, destruíu as estatuas, os cadros que eses edificios contiñan, devastou os despachos dos xornais católicos, expulsou con asubíos e berros os curas, as monxas, que agora liscan para as fronteiras. Cincocentos edificios queimados desde o comezo non fecharan este balance de lume. Opondo a todas as fogueiras ergueitas noutro tempo polos curas en españa a gran claridade materialista das igrexas incendiadas, as masas saberán achar nos tesouros desas igrexas o ouro necesario para armarse, loitar e transformar a revolución burguesa en Revolución Proletaria (Por aquela época o surrealismos aínda non se desenganara do Partido Comunista Francés ao que rexeitou posteriormente puidendo así elaborar un pensamento máis de seu, Nota do Blogue.). Para a restauración da N.S. do Pilar de Zaragoza, por exemplo, a suscrición pública de vinte e cinco millóns de pesetas está xa case cuberta na súa metade: que se esixan eses cartos para as necesidades revolucionarias e que se derrube o templo do Pilar, no que dende hai varios séculos unha virxe sirve para explotar a millóns de persoas! Unha igrexa en pé, un cura que pode dicir misa, son outros tantos perigos para o futuro da Revolución.

ao lume2

Destruír por todos os medios a relixión, esborroar até os vestixios deses monumentos de tebras onde se axoenllaron as persoas, aniquilar os símbolos que un pretexto artístico tentaría de xeito van salvar do gran furor popular, ciscar  a cregaxe e perseguila nos seus derradeiros refuxios. Velaí o que, en comprensión directa dos obxectivos revolucionarios, emprenderon por si propias as masas de Madrid, Sevilla, Alacante, etc. Todo o que non é violencia cando se trata de relixión, do espantallo de Deus, dos parasitos do rezo, dos profesores da resignación, é comparábel ao pacto cos innomeábeis bechos do cristianismo que deben ser exterminados.

A que fora durante séculos enteiros o soporte das moi Católicas Maxestades, é hoxe presa dunha bela chama que se espera se estenda  a todos os mosteiros, a todas as catedrais de españa e do mundo. Xa na URSS, onde centenas de igrexas foran dinamitadas, transforma os edificios de culto en círculos de obreiros, en almacéns para patacas, en museos antirrelixiosos. As masa revolucionarias españolas víranse rapidamente contra a organización dos cregos, que son en todo lugar, coa policía e mais o exército, os defensores do capitalismo. Mais se a primeira preocupación da República burguesa foi declarar que o culto católico continuaba a ser a relixión do Estado, a súa segunda tarefa é a de reducir pola forza a aquel@s que decidiron derrubar todos os edificios sacros. A visita do nuncio apostólico a Alcalá Zamora colocou ao goberno republicano e socialista as ordes do Papa. unha xustiza sumaria conduce xa diante do pelotón de execución a comunistas e anarquistas culpábeis de iconoclastia. Os medorentos burgueses manterán os cregos nas súas terras porque a partilla dos bens eclesiásticos non pode ser senón o sinal da división dos bens laicos. Os burgueses teñen necesidade dos curas para manteren a propidade privada e o salariado. Eles non poderan separar a igrexa do estado. Unicamente o terrorismo das masas efectuará esta separación: o proletariado armado e organizado fará xustiza aos banqueiros e aos industriais apegados ás saias dos curas. A fronte relixiosa é a fronte actual da revolución española. 

Spanischer Bürgerkrieg

En Francia, a ampliación da loita antirrelixiosa apoiará á Revolución española. Ate@s fraces@s, non permitades que en nome dun dereito de asilo absolutamente falaz, Francia, a pesar da separación da Igrexa do Estado proclamada en 1905, permita o estabelecemento no seu territorio das congregacións que fuxiron da españa revolucionaria. Xa é suficiente que se produzan á chegada do rei Afonso as escandalosas manifestacións de París. Vós, cunha axitación que saberá ser digna dos magníficos feixes de faíscas aparecidos abaixo dos Pirineos, imporedes a expulsión dos relixiosos para a fronteira, onde os esperan axiña os tribunais de salvación pública, esixiredes ao mesmo tempo a repatriación, cos seus confesores, dos bandidos reais que deben ser xulgados pol@s súas subdit@s de onte, as súas vítimas de sempre. Faredes das vosas reivindicacións coa clase obreira e labrega en armas en españa unha etapa da vosa loita pola toma do poder en Francia polo proletariado, que é o único que saberá expulsar a Deus da superficie da terra.

Benjamín Péret, René Char, Yves Tanguy, Aragon, Georges Sadoul, Georges Malkine, André Bretón, René Crevel, André Thirtón, Paul Éluard, Pierre Unik, Maxime Alexandre e dez sinaturas de camaradas estranxeir@s.

Maio 1931 

Advertisements
Etiquetado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: