Arquivo por meses: Decembro 2013

“supoñíase que ía ser fantástico, pero é horrible”. confesións de santa claus. [king mob]

king mob 1

Este ano apáganse as luces en Oxford Street. Xa non hai luces de neon a medianoite. Non hai ese ostentoso brillo para que @s compulsiv@s turistas quédense embobad@s ante as marabillas do capitalismo. Nin tan sequera a sociedade da abundancia pode seguir pagando a súa factura da luz. Non merecedes Nadais este ano. Non traballastes o suficiente. Non correstes o suficiente ante o tic-tac do reloxo para fichar á entrada e saída do traballo, durante o círculo vicioso da produción e o consumo. Aforrade e gastade, cravádevos e retórcevos no chan para preparar a única ocasión durante o ano na que podedes deixarvos levar. Alegrarvos, excédanse nun frenético esforzo para gozar… e logo, cuspídeo.

Os trasnos doentes de Europa apagaron as luces este ano. Nin sequera podes ter a ilusión do pracer: o horrible espectro dos Nadais subiu os prezos e non podedes permitirvos os agasallos. Non o merecedes porque non destes o callo o suficiente para manter o xugo en marcha.

king mob 2 santa claus detenidoOs Nadais son un castigo este ano. Sempre foron unha leria: o deber de estar alegre, facer o pallaso, despeitearse nada máis acenderse as luces e abrirse o pano. Son vacacións, e máis che vale gozalas polo que máis queiras. Son uns días para estar coa familia e, polo máis grande, máis che vale ser amable, porque somos unha familia feliz, verdade?

Este ano os Nadais nin sequera poden parecer divertidos. Case non podedes permitirvos enfurruñarvos e esquecelo. Queren máis de vós: máis sangue, suor e bágoas. E máis sorrisos. Non deixedes que se decaten de que estades cans@s e até os miolos de todo o lixo que intentan vendervos, fart@s das crianzas as que se lles ensina a cantar en coro unha chea de mentiras sobre o amor e a afable misericordia. É voso deber seguir comprando, ata cando xa case non queda suficiente diñeiro para comprarvos un ataúde e abandonalo todo dunha vez por todas.

Machuquemos todo este grande engano. Ocupade o Fun Palace e poñédevos as pilas. Collede os agasallos e regaládeos de verdade. Prendede Oxford Street. Bailade ao redor do lume. Alegrarvos co funeral: o espectáculo final da estáfaa que son os Nadais.

Advertisements
Etiquetado

Föllakzoid en barcelos

follakzoid

O próximo sábado, dia 21 Decembro, a partir das 21:30 Föllakzoid actuaran no CCOB de Barcelos.

O kautrock-Psicodelia destes chilenos  está a viaxar en vivo por medio mundo e fai unha parada aquí pertiña. Desta vez o palco estará compartido co noise rock dos portuenses Malcontent e o experimentalismo sonoro e visual de O Manipulador.

Aproveitade a ocasión pois estes grupos non soen achegarse por Galiza e non é doado miralos ao vivo. Un aviso, ide preparad@s  para flipar,  quedarvos pillad@s e facer unha viaxe polo terrirorio das sensacións irracionais. Si nalgún moento do concerto vos sorprendedes coa boca aberta, os ollos como pratos e a cabeza que vai e ven, non vos preocupar, estades a gozar. Tamén teredes tempo de pechar os ollos e de que as orellas dominen os vosos impulsos.

Eso si, preparade tamén 5 pavos de entrada se non sodes quen de entrar sen que a organización do concerto vos mire.

Etiquetado

tom robinson band-power in the darkness

Tom Robinson Band, O rock de protesto está de volta ás paradas - Pop 1979-07

Porque a escena do rock ten esquecida a Tom Robinson Band? Non o sei, ni tan sequera sei se isto é certo, mais eu sei desta banda dende fai pouco tempo e, maldita sexa!, non imos esquecela por máis tempo.

Podería ser que non a lembremos porque a banda formouse alá polo ano 1977 ou 78 e a nosa fráxil memoria non chegue tan aló. Isto sería unha mala escusa pois daquela época, a penúltima era dourada do rock, lembramos moitas bandas.

Tamén podería ser que este o seu primeiro Lp pasara desapercibido na época. Cousa esta que non é certa pois chegou a estar nas listas de éxitos inglesas ou ser portada do Melody Maker ou o New Musical Express.

Ou tamén podería ser que a súa música fose un mal produto da época. Nada máis lonxe da realidade, xa que logo, a súa música chéganos hoxe en día sen erosionarse polo paso do tempo e descubrimos un disco vibrante, vivo e cheo de emocións e sinceridade.

trbcartel

Eu coido que se esta esquecida é sobre todo por dúas cousas.

Unha é por que de todas as bandas con orientación política da época, Clash, Stiff Little Fingers, Gang Of Four, ou calquera outra que queirades, ningunha foi máis política que a TRB, se non contamos a Crass, aínda que os Crass déronse a coñecer un pouco máis tarde. As súas letras queiman de apocalípticas visións da revolución que esta a piques de chegar e tamén están cheas de rabia e odio a todas as clases de inxustiza. Todo isto ademais era compartido por unha grande parte da clase obreira e da xuventude daquela época, sobre todo na Gran Bretaña.

A outra é pola militancia gay de Tom Robinson. Xa sabemos que o mundo do rock, desgrazadamente, é machista. O machismo no rock e un reflexo da sociedade na que transcorre pero, afortunadamente, o rock vai desterrando estas actitudes máis rápido que a sociedade e dun xeito diferente a esta. Dun xeito antidogmático tal e como fixo a TRB.

Así a todo, un dos -moitos- mellores discos de Rock de todos os tempos que agora podes escoitar aquí :

tom rob band

Etiquetado ,

bicicletada contra desaloxo na coruña

Bicicletada Palavea Cartaz

O vindeiro sábado 14 de Novembro celebrarase unha bicicletada-manifestacón na Coruña contra o desaloxo do C.S.O. Palavea.

A vista do xuízo civil contra o Centro Social Okupado de Palavea fora aprazada para o 12 de decembro. Esta vista caracterizase por estar envolvida en manifestas irregularidades como non ter notificado o auto xudicial as persoas okupantes do inmoble ou a negativa da xuíza a atender as alegacións de dous dos imputados porque non depositaron a fianza de 70.000 euros que lles esixiu para poder opoñerse ao proceso. Deste xeito quedan sen posibilidade dunha defensa efectiva por estar evidentemente imposibilitados para facer fronte a semellante contía. Ademais os dous procesados foron identificados pola policía xa hai máis de dous anos e ningún deles ten vinculación efectiva coa okupa dende hai moito tempo.

A bicicletada comezará as 12 do mediodía dende o Obelisco e rematará na Okupa onde haberá un xantar popular e música.

 

Etiquetado

a arte como actividade vital ( ou “arte versus traballo”) [colectivo desface]

contra el arte        E difícil non estar de acordo coa afirmación de Marx de que o traballo é a actividade que distingue e define ao ser humano, a que lle outorga a súa particularidade como especie. Xa que o traballo é o momento en que o home/muller non só produce obras, senón que tamén se produce a si mesm@ e produce ao mundo que o rodea, incluída a natureza.
Tampouco é fácil desestimar, á vaiche boa, a súa teoría do alleamento, que dá sentido ao conxunto da súa elaboración crítica. Nela Marx propón que no proceso de traballo asalariado (onde a actividade do traballo está supeditada ao marco das relacións de produción capitalistas), a persoa traballadora non só se separa da obra que produce, xa que non lle pertence, senón que se allea da súa propia forza de traballo, entendida como a súa especial capacidade creadora e produtiva. É dicir, dáse o paradoxo de que no traballo (actividade na que o home/ muller debese realizar) o ser humano se disocia do que lle define como especie. O traballo, a actividade vital do home/muller, é arrebatado a persoa traballadora no proceso produtivo, polo tanto esta non pode establecer unha relación de identidade coa súa obra nin consigo mesma, está allea de si. O traballo, de ser a actividade libre e creadora da especie, pasa a converterse na fonte de todo o seu sufrimento.
Ao transformarse o traballo en mercadoría, vendida no mercado por un salario (o seu prezo en valor de cambio, ou diñeiro), a persoa creadora estraña de si a súa esencia, cédea (vende) a outra, a fai allea. Pero esta cesión non é voluntaria (como argumenta a economía política clásica), é condición estrutural dun sistema organizado en función da acumulación do capital e da explotación. Logo, a persoa traballadora, separada da súa esencia, xa non experimenta goce algún no traballo, pola contra, nel séntese angustiada, e intenta atopar satisfacción fóra da actividade laboral, nas funcións animais ou corporais, que tenden á reprodución do individuo e da especie, e que xa foron cooptadas pola industria da diversión.
Os alcances desta esgazadura, desdobramento ou alleamento, son insospeitados, e estenden os seus ramaxes a todas as esferas da existencia humana, incluída a teoría do coñecemento, a ciencia, a filosofía, a psicoloxía, a vida cotiá, etc.
Neste contexto aparece a arte, definido habitualmente como unha actividade distinta e contraposta ao traballo. A arte, aparentemente, conserva as características orixinais do traballo, é o espazo da libre expresión da esencia do home/muller, o lugar do despregue da actividade vital fóra da lóxica do intercambio mercantil. A capacidade produtiva, creadora, transformadora e inventiva do home/muller trasládase desde a esfera do traballo cara á esfera da arte. A arte, no seu concepto máis romántico e contemporáneo, non ten unha función en si, simplemente é un modo de expresión da experiencia de estar no mundo, a arte pola arte, pola simple necesidade do home/muller de exteriorizar o seu ser, o seu mundo onírico, a súa imaxinación, os seus desexos, os seus pesadelos, etc. Primariamente, na arte, o home/muller quere representarse e representar o mundo que lle dá sentido, exteriorizar os seus delirios e despregar unha linguaxe metafórica que lle permita falar do que a linguaxe común non lle permite expresar: a experiencia do sublime, do cotián, do finito e do infinito, do sagrado e o mundano.

Cuarta hipótese de loita:
A arte moderna só ten sentido no contexto dunha sociedade onde o traballo humano faise alleo. Non existiría a arte si non fose porque a actividade vital do home/muller, o traballo, segue estando sometida a un réxime de explotación.

Etiquetado , ,

King Gizzard & The Lizard Wizard-Float Along – Fill Your Lungs

kg1

Estes australianos veñen de facer un dos discos máis gostosos do ano. Se no seu anterior disco non lles collera a onda neste engancháronme dende a primeira escoita. Se aínda non estas enterad@ de que hai moitas bandas que están a renovar o rock psicodélico, engadíndolle novas perspectivas, con este disco saberás de que vai esa movida. Só a canción que abre o disco “Head on/ Pill” mete tal furonazo que unha vez escoitada poderás falar de neopsicodelia coma unha persoa erudita. Os 16 minutos que dura a canción son unha constante viaxe pola beira máis salvaxe. Despois cancións máis cortas, coa duración axeitada da música rock que unha tras outra mostrannos o gran potencial destes australianos. Estas cancións seguen sendo un furonazo tras outro. así que non o dubides e escoitalo aqui:

King-Gizzard-300x300 ou King-Gizzard-300x300 ou King-Gizzard-300x300 

 ou en FLAC   King-Gizzard-300x300

 

Etiquetado ,