tom robinson band-power in the darkness

Tom Robinson Band, O rock de protesto está de volta ás paradas - Pop 1979-07

Porque a escena do rock ten esquecida a Tom Robinson Band? Non o sei, ni tan sequera sei se isto é certo, mais eu sei desta banda dende fai pouco tempo e, maldita sexa!, non imos esquecela por máis tempo.

Podería ser que non a lembremos porque a banda formouse alá polo ano 1977 ou 78 e a nosa fráxil memoria non chegue tan aló. Isto sería unha mala escusa pois daquela época, a penúltima era dourada do rock, lembramos moitas bandas.

Tamén podería ser que este o seu primeiro Lp pasara desapercibido na época. Cousa esta que non é certa pois chegou a estar nas listas de éxitos inglesas ou ser portada do Melody Maker ou o New Musical Express.

Ou tamén podería ser que a súa música fose un mal produto da época. Nada máis lonxe da realidade, xa que logo, a súa música chéganos hoxe en día sen erosionarse polo paso do tempo e descubrimos un disco vibrante, vivo e cheo de emocións e sinceridade.

trbcartel

Eu coido que se esta esquecida é sobre todo por dúas cousas.

Unha é por que de todas as bandas con orientación política da época, Clash, Stiff Little Fingers, Gang Of Four, ou calquera outra que queirades, ningunha foi máis política que a TRB, se non contamos a Crass, aínda que os Crass déronse a coñecer un pouco máis tarde. As súas letras queiman de apocalípticas visións da revolución que esta a piques de chegar e tamén están cheas de rabia e odio a todas as clases de inxustiza. Todo isto ademais era compartido por unha grande parte da clase obreira e da xuventude daquela época, sobre todo na Gran Bretaña.

A outra é pola militancia gay de Tom Robinson. Xa sabemos que o mundo do rock, desgrazadamente, é machista. O machismo no rock e un reflexo da sociedade na que transcorre pero, afortunadamente, o rock vai desterrando estas actitudes máis rápido que a sociedade e dun xeito diferente a esta. Dun xeito antidogmático tal e como fixo a TRB.

Así a todo, un dos -moitos- mellores discos de Rock de todos os tempos que agora podes escoitar aquí :

tom rob band

Advertisements
Etiquetado ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: