Arquivo por meses: Xaneiro 2014

O punk converteuse en escapista e aburrido [CRASS]

crass2

O punk converteuse en escapista e aburrido. Non queremos as fotos dos nosos heroes. Queremos vida e non apoiamos nada que ofreza menos que iso. O futuro é noso si estamos preparados a loitar por el. Foi o punk algunha vez unha protesta? Foi algo máis que un escape? Fai seis anos ofrecéronnos un contrato. O que dirixía a compañía tivo a coraxe de dicirnos que se podía comercializar a revolución. Outro produto barato para a mente do consumidor. Él convertía a nosa rabia en comodidade, “o paquete da protesta”. Dixémoslle que crecese e él contestounos que “nunca chegarán a nada” . Chegar a que?! Hai vida detrás do consumo, o plástico e o produto. Para atopar esa vida temos que buscar dentro noso e, cando atopemos esa “iluminación”, estar preparad@s para pelexar e manter esa luz acesa. Estivemos buscando, mirando dentro noso e preguntándonos aquelo de QUE, ONDE E PORQUÉ.


Etiquetado ,

Comunicado dos Movementos Sociais de Vigo ante as detencións en Vigo, Lugo e Ciudad Real

barrotes

Desde os movementos sociais de Vigo queremos denunciar a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares..

Non nos referimos únicamente á súa plasmación no papel na nova reforma do código penal e lei de “seguridade” cidadá, senón á evidencia real, a pé de rúa, que se pon de manifesto nunha presenza policial cada vez maior, no incremento de identificacións e cacheos indiscriminados ou nas actuacións sobre calquera tipo de colectivo que tente alzar a voz para defender os seus dereitos.

Pero nestes días debemos resaltar especialmente as operacións mediáticas, como a levada a cabo esta pasada semana nas cidades de Vigo, Lugo e Ciudad Real, que teñen como único obxectivo crear alarma social ao tempo que estender o medo.

Consideramos totalmente inxustificado, e de todo punto inaceptábel, que se deteña e traslade a centos de quilómetros das súas casas a unhas persoas, baixo o argumento de ter provocado uns danos cualificados, incluso no seu momento, como non graves. E non só isto, senón que se difunden as súas facianas e datos sobre a súa vida, nun exercicio máis, por parte dos medios, de actuar como simple correa de transmisión da policía e o Ministerio de Interior, deixando de lado calquera tipo de rigor informativo, suposta ética xornalística ou respeto á intimidade.

Parece que unha alfombra queimada e uns vidros rotos, únicos danos reais dos que eses mesmos medios falan, son motivos suficientes a día de hoxe para acabar en Madrid. Porque, a fin e ao cabo, os feitos son o que menos importa. A aplicación da lei antiterrorista “lexitima” calquera actuación, permite a suspensión dos dereitos básicos de calquera persoa e pode levar á imposición de décadas de prisión por pertenza a supostas bandas armadas das que, en moitos casos, só se coñece a súa existencia a golpe de exclusiva periodística.

Non é ningunha novidade a actuación da Audencia Nacional, en tanto que  auténtico tribunal de excepción,  pero si que a súa intromisión na esfera do público sexa cada vez maior, polo que se fai necesario esixir, unha vez máis, a súa inmediata desaparición.

Alegrámonos, finalmente, de que, aínda que non totalmente libres, estas persoas estean xa na rúa o que, por outra banda, pon de relevo o esperpéntico de toda actuación.

19/01/2014

Etiquetado

bo ningen-line the wall

BoNingen-©RosarioLopez-FlashesAndSoundsSQue fai uns anos fixeran unha xira conxunta con John Sinclair e Lydia Lunch (acompañada dos Gallon Drunk baixo o nome conxunto de Big Sexy Noise) xa debería sobrar para achegarnos a Bo Ningen.

O que vas topar neste disco déixote que o definas ti, se tes a ousadía. Pola miña parte so dicir que é un disco moi intenso. Publicado no 2012, danos unhas pistas de por onde está a transcorrer a música de alta enerxía no presente. Neste caso no Xapón.

Que unha personaxe de culto a partir dos anos 60 como John Sinclair, ou que outra persoaxe de culto a partir de finais dos 70 como Lydia Lunch, ou que un grupo de culto dos 90 como Gallon Drunk fagan unha xira para presentarnos a Bo Ningen non debería significar nada se é que o grupo non da a talla. Pero podería significar moito se é que o grupo superara incluso a quen o presentan. Cal das dúas opcións e a correcta? Hai outras opcións? Escoita aquí o seu segundo disco Line The Wall e disfruta.

 

Bo-Ningen

Etiquetado ,

tradicional marcha a teixeiro

Marcha teixeiro 2013

O próximo 11 de xaneiro será o día da XIV Marcha á prisión de Teixeiro, a nosa xa lonxeva cita anticarceraria anual galega que, contra vento e marea, resiste os envites do poder.

… e despois en Compostela…
15:00 Xantar vegano na biblioteca anarquista A Ghavilla rúa Puente la Reina nº8
19:30 Concentración anticarceraria na praza do Toural
21:00 Ceador vegano e foliada no CSO Casa do Vento rueiro de Figueiriñas nº15

Deste xeito a xa tradicional marcha a pé ata o cárcere de Teixeiro, prevista para as 12:00h e que ten como obxectivo visibilizar a solidariedade e achegar o noso cariño as persoas represaliadas polo sistema, súmaselle unha concentración en Compostela (as 19:30h na praza do Toural) para amosarlle a sociedade o noso frontal rexeitamento do sistema penitenciario. Tanto o xantar coma a cea e a festa nocturna, ademais de dar cobertura aos solidarios vidos dende fora de compostela, axudarán a financiar os cuantiosos gastos ocasionados pola represión das marchas anteriores.

Etiquetado

sobre a cuestión do xogo nas condicións actuais. [ivan karamazov]

paintball

As condicións de realización do xogo como modo de existencia, foron constrinxidas ao ámbito do infantil. Así se pretende restar a súa importancia, o seu papel central dentro da vida cotiá. Reducir o xogo á mercancía que representa o xoguete é xa signo da desviación do significado civilizador do xogo. O xoguete é o intento de converter o xogo en mercancía: o lema que o anima é que sen xoguete non hai xogo. O paradoxo observable que consiste en que a crianza tende á simpleza daquilo co que xoga demostra unha concepción falsa do xogo, que é aquela que se incrusta nos hábitos do normal. A simpleza dos elementos dun xoguete fai que a imaxinación teña que traballar máis, mentres que os xoguetes novos teñen xa en si a función que ese xoguete pode desempeñar como función única. A elaboración dun xoguete impide que ese xoguete sexa unha escusa para acender a imaxinación. Só nos elementos pouco elaborados pode o xoguete chegar a ser máis, incluíndo nel miles de posibilidades diferentes, debido á súa abstracción en canto á súa elaboración, debido á súa indefinición.

Etiquetado