Arquivo por meses: Febreiro 2014

I ENCONTRO DO MUNDO GALAICO-MEXICA EN COMPOSTELA

encontro galaico-mexica

Etiquetado

hitler e as súas masturbacións [servando rocha]

hitler-masturbandose-y-otras-formas-de-arte-entendido-como-shock_070114_1389080895_64_

O seu brazalete coa esvástica identifícao claramente. O escenario é estraño e parece situarse nalgún país nórdico. Hitler está só, ou case; podemos velo sentado nunha zorra, da que tiran catro póneis, parado nalgún punto en concreto, coma se chegase ata alí por algunha razón que descoñecemos. Porque o único que vemos é un deserto branco, a densidade dunha paisaxe de neve que cobre un horizonte montañoso. No centro do cadro, un avergoñado Hitler masturbase ás agachadas.

En “Hitler Masturbándose” (1973) Dalí continuaba a tradición que iniciara nos seus tempos de militancia no surrealismo, onde o führer, entre tantos outros monstros do século vinte, exerceu unha gran influencia sobre a súa obra. Como definitivo acto nihilista, Hitler perseguía a súa propia destrución total. Matar ou morrer: “Hitler emprendera toda esa acción wagneriana coa meta inconsciente de perder ou morrer”, asegurou nunha entrevista. Encarnaba ao masoquista e o delirio terrorista, controlando unha posta en escena que anticiparía o espectáculo total dos concertos de rock.

Seguir lendo

A SÚA PROPIA CULPA E MEDO [ASSATA SHAKUR]

assata4x6webx

Ninguén no mundo, ninguén na historia, conseguiu nunca a súa liberdade apelando ao sentido moral da xente que os oprimía. […] entón dáste de conta , sen ningún xénero de dúbida, de que o movemento dos dereitos civís nunca tivo a máis mínima posibilidade de triunfar.

[…] Os ricos sempre usaron o racismo para conservar o poder. Odiar a algunha persoa, discriminala, atacala polos seus trazos raciais é un dos xeitos de pensar máis primitivos, reaccionarios e ignorantes que existen.

Unha guerra entre razas non axudaría a ninguén nin liberaría a ninguén e debería ser evitada custe o que custe. Pero unha guerra só dun lado coa xente Negra como obxectivo e a xente branca disparando as armas é aínda peor. Por iso é unha neglixencia criminal non abordar o racismo e a violencia racista, e non nos preparar para defendermos.

[…] O medo da xente branca cara á xente Negra con armas nunca deixará de sorprenderme. Probablemente é porque pensan no que farían si estivesen no noso lugar, en especial a policía, que cometeu tantos abusos contra a xente Negra, a súa conciencia culpable dilles que teñan medo. Cando a xente Negra organícese seriamente e tome as armas para loitar pola nosa liberación, haberá moita xente branca que se caerá morta simplemente pola súa propia culpa e medo.

Etiquetado

darkside-psychic

darkside

Escoitar isto é toda unha experiencia. Cálmate, reláxate, ponte cómoda, abre as orellas apaga as luces, tómate algo se queres e flipa.

Unha autentica flipada que é o que nos gusta da música: que flipemos con ela. Non é verdade? A música fainos vivir sensacións que doutra forma non teríamos. A música fainos sentir un pracer que douto xeito non experimentariamos.

Pois ben este dúo emprega un montón de trebellos electrónicos, un montón de nova tecnoloxía para facernos flipar. Tamén unha guitarra tocada como se estivera somerxida no fondo dun pantano australiano. Tamén un tecladiño de vez en cando para darlle notas que é o que fai a voz que vai aparecendo pero que non chega a coller o protagonismo.

Ben, descoñezo o famosos, dentro do pequeno mundo da música alternativa, que están a facerse os Darkside con este o seu primeiro disco de larga duración. Supoño que estarán acadando a categoría de culto para unha minoría, supoño. E digo supoño porque as persoas que levamos un certo tempo escoitando música con atención xa estamos fartos de ler entrevistas, listas ou calquera cousa que teña que ver con prensa ou crítica musical. Esta aburridísima prensa que pretende saber máis que ninguén e que pretende orientar os nosos gustos cara unha moda tan subxectiva como son os gustos ou as conexións de cada persoa. O que si facemos é escoitar as nosas amistades cando nos falan da música que lles pon.

A min os Darkside ponme, dende a primeira vez que os escoitei chamáronme a atención e agora cada vez os poño máis veces. É ese pracer de ir enganchándote ate que xa o aprendes de memoria, ou case.

Dígoo como unha amiga, escoita este disco pinchando na portada!

Psychic       ou en FLAC    Psychic

 

Etiquetado ,