hitler e as súas masturbacións [servando rocha]

hitler-masturbandose-y-otras-formas-de-arte-entendido-como-shock_070114_1389080895_64_

O seu brazalete coa esvástica identifícao claramente. O escenario é estraño e parece situarse nalgún país nórdico. Hitler está só, ou case; podemos velo sentado nunha zorra, da que tiran catro póneis, parado nalgún punto en concreto, coma se chegase ata alí por algunha razón que descoñecemos. Porque o único que vemos é un deserto branco, a densidade dunha paisaxe de neve que cobre un horizonte montañoso. No centro do cadro, un avergoñado Hitler masturbase ás agachadas.

En “Hitler Masturbándose” (1973) Dalí continuaba a tradición que iniciara nos seus tempos de militancia no surrealismo, onde o führer, entre tantos outros monstros do século vinte, exerceu unha gran influencia sobre a súa obra. Como definitivo acto nihilista, Hitler perseguía a súa propia destrución total. Matar ou morrer: “Hitler emprendera toda esa acción wagneriana coa meta inconsciente de perder ou morrer”, asegurou nunha entrevista. Encarnaba ao masoquista e o delirio terrorista, controlando unha posta en escena que anticiparía o espectáculo total dos concertos de rock.

Durante a súa época nas filas surrealistas, o enfrontamento de Dalí co sector máis político do movemento fíxolle gañar profundas inimizades. Tratábase, por suposto, dun elemento incómodo. En “Diario dun Xenio” afirmou que os surrealistas “toleraron, ata certo punto, os meus elementos escatolóxicos. Pero en cambio, certas outras cousas foron declaradas tabú […] Autorizábanme o sangue. Podía engadirlle un pouco de caca. Autorizábanme a representar sexos, pero non fantasías anais ¡Calquera clase de ano era observado de xeito moi sospeitoso! As lesbianas gustábanlle moito, pero non os pederastas. Nos soños podía utilizar sen limitacións o sadismo, os paraugas e as máquinas de coser, pero, todo elemento relixioso, ata de carácter místico, estábame prohibido”.

el-enigma-de-hitler_070114_1389081455_96_

O Enigma de Hitler” (1939), un cadro que encerraba outros tantos enigmas, interpretaba a situación pola que atravesaba Europa trala Conferencia de Munich de 1937, na que Inglaterra e Francia cederon ante a pretensión de hitler_070114_1389081882_93_Hitler de invadir e anexionarse Checoslovaquia. Con todo, o cadro foi o desencadeamento da súa definitiva expulsión do surrealismo francés. A súa actitude provocou un debate entre as súas filas cando habilmente defendeu as súas obsesións atacando coas mesmas armas do surrealismo. O pintor afirmou que, do mesmo xeito que os fantásticos resultados da escritura automática, o mundo dos soños carecía de control, que a imaxinación podía ser caótica e desconcertante, que el simplemente limitábase a poñer en práctica os ditados do surrealismo. As súas referencias a Hitler estaban plenamente xustificadas. Durante os anos trinta, Dalí confesara ver nun dos seus soños a imaxe do ditador coma se fose un reencarnado Maldoror -a Besta reclamando o que era seu-, algo que o facía aínda máis fascinante. A revelación tiña todo o aspecto dunha profecía. O que sucedeu pouco tempo despois xa o sabemos: Alemaña embarcouse nun plan de control total e aniquilación sistemática. No medio dunha época de antagonismos políticos e guerras, intolerancia e compromiso, Dalí traspasou unhas liñas vermellas para non volver xamais, e foi expulsado do grupo.

 A chegada das serpes, o coiro e as cadeas

 O mesmo ano que viu a luz “Hitler Masturbándose”, Dalí asistiu a un concerto de Alice Cooper, entón unha figura envolvida polo escándalo e a cooper-y-dali_070114_1389082165_98_transgresión; del dicíase practicamente de todo, encarnando todo o malo da civilización, amplificando a súa brutalidade e levándoa un paso máis aló. Había algo de verdade en todo iso; Cooper, nas súas aparicións, mesturaba tradicións europeas facilmente recoñecibles: a guillotina durante os anos do Terror francés e soadas historias de asasinos con temas extraidos da literatura de terror. Todo aquilo aparecía como un subtexto que explicaba o seu personaxe. Como todo acto de performance (a teatralidade do cantante converteu os seus concertos en fantásticas performances), el representaba a unha personaxe, cuxo nome asegurou recibir no medio dunha sesión de espiritismo. Cooper vira o “outro lado” e agora traía aquelas visións ata nós. E funcionaba. Rapidamente, as súas polémicas actuacións (decapitacións e asasinatos simulados) fixéronlle gañar a reputación mundial da que nunca gozou Screaming Lord Sutch, alguén máis brillante que el e unha das súas grandes influencias. Esta foi unha das razóns polas que Dalí acudiu a un dos shows da sua xira seu “Billion Dollar Babies”, onde Cooper despregou os seus mellores trucos e imaxinería: serpes e lume, látegos e cadeas. A música rendíase ante un propósito concreto, contando unha historia que duraba tres ou catro minutos, o que convertía todo aquilo en arte. Daquela o concerto terminaba, pero contábase coma se cada noite fose o estreo dunha nova película. O importante era a experiencia. Cooper dirixíase cara á obra de arte total.

Ao finalizar o concerto, Dalí quedou rendido ante Cooper, quen por suposto era admirador seu. Este foi o inicio dunha particular historia de admiracións e devocións mutuas que se mantivo ata a morte do pintor. Durante aqueles retrato-del-cerebro-de-alice-cooper_070114_1389082748_4_quince anos, ambos recoñeceron participar nun mesmo proxecto: Cooper afirmou que Dalí era un rockeiro e que os seus soños e visións eran as súas. De todo isto e de moitas máis cousas que non sabemos falaron durante os tres días que Cooper foi invitado á casa de Dalí. O resultado daquel encontro e da complicidade que xurdiu, foi un retrato tridimensional en formato holograma, realizado coa axuda do artista Selwyn Lissack, titulado “Retrato do cerebro de Alice Cooper”.

 O mercado de escravos

Nas aparicións de Cooper, o coiro negro, os sacrificios e unha eterna noite das valquirias atopaba o seu lugar no medio de cancións de rock que hoxe nos parecen inofensivas e previsibles. Hitler seguía lonxe de alí, nas terras altas, nunha paisaxe de soño. Hitler masturbándose.

el-cerebro-de-dali-conflicto-de-codificacion-unicode_070114_1389082248_68_Anos máis tarde, Cooper utilizou un fragmento do cadro de Dalí “Mercado de escravos coa aparición do busto invisible de Voltaire” para a portada da súa álbum Dá-Dá. O seu mesmo título rendía tributo á tradición das vangardas artísticas europeas, neste caso a Dadá e o dadaísmo, do mesmo xeito que o sempre presente surrealismo e as súas sucesivas réplicas.

A parella foi retratada nunha histórica roda de prensa celebrada en Nova York con motivo da presentación de “Retrato do cerebro de Alice Cooper”. “Eu ía vestido completamente de negro e os meus ollos mantéanse pechados mentres bebía unha lata de cervexa -confesou máis tarde-. El, que vestía de branco e parecía unha especie de santo, explicou unha e outra vez de que trataba a obra. Fíxoo ao seu xeito, coa súa linguaxe. Entón alguén preguntoume: Que opina respecto diso?, E eu dixen: non o sei. Desde que o coñecín, non entendín unha palabra do que di. Entón Dalí salto e dixo: ¡Perfecto! Confusión, a mellor forma de comunicación”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: