Arquivo por meses: Marzo 2014

mostra da barbarie en cangas

MOSTRA

 

Este sábado, 5 de Abril, no Bar Fonte do Galo de Cangas, inaugurase a Mostra da Barbarie. Esta Mostra é unha mostra colectiva que foxe do profesionalismo e rexeita as etiquetas de ARTE e ARTISTA. Poucas accións como estas temos visto na Galiza.

A inauguración, de seguro que vai ser unha boa festa, sabendo o pan que coce o demo cando pinchan o colectivo post Amor e Rabia. Musiqueta pracenteira e ben elixida.

O Texto-Manifesto que nos presenta a mostra esta a resoar na miña cachola e se o leedes posiblemente na vosa. O Manifesto e o seguinte:

É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla  de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e  palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira en http://www.mostradabarbarie.wordpress.com

 

 

 

 

Advertisements
Etiquetado ,

crónica da ofensiva de primavera [class war]

classwar2

A primeira acción da campaña da primavera de Class War fixémola o 1 de marzo no hotel Grosvenor House. A ocasión déunola a celebración do «Baile do Cabalo e o Sabuxo», cita obrigada para todo tipo de debutantes, caciquiños e trepas locais. E ben, dado que era un lugar no que hai que deixarse ver, un intrépido grupo de anarquistas decidiu asistir tamén […] Empezaron a aparecer colegas e cando fomos como 40 decidimos que xa eramos bastantes e alá que nos plantamos. Suponse que só era unha manifestación, non unha pelexa, así que nos puxemos na porta principal cos pasamontañas. Empezamos despregando unha pancarta que dicía «Contemplade aos vosos futuros verdugos». Non nos gusta xogar con palabras.

Pronto empezaron a chegar ricachóns cos seus sombreiriños e os seus vestidiños de tempada. Empurróns, algunha patada ben situada, esgarros e algún que outro cascudo ben dado contribuíron a agrearlles a tarde a moitos […] A ofensiva de primavera de Class War empezara con bo pé, nunca mellor dito.

 

Etiquetado ,

artefactolaf no halcon milenario de vigo

Cartel_Exposici_n_El_Halc_n_MilenarioO vindeiro venres 21 de marzo ás 20:30 inaugúrase a cuarta tempada do Halcón Milenario coa obra de Olaf Ladousse.

De orixe incerta aínda que definitivamente europeo, e residente no barrio madrileño de Malasaña, onde vive e traballa, este deseñador industrial de formación pero ilustrador e músico vocacional leva máis de 20 anos buscándose o pan no mundo da arte.

Desde o ano 1992 en que chegou a España, publica anualmente un número do fanzine ¡Que suerte! Un dos máis lonxevos do país e no que participaron debuxantes nacionais e internacionais tan ilustres como Mauro Entrialgo, Liniers, Calpurnio, Víctor Aparicio ou Álvarez Rabo.

En ARTEFACTOLAF, nome da mostra que se poderá ver por primeira vez en Vigo, atoparemos serigrafías, un neon, gravados elaborados coa técnica do linóleo e varios Doo rags, pequenos enxeños sonoros elaborados a partir da reciclaxe de todo tipo de obxectos: xoguetes electrónicos, latas, secadores, conos de estrada ou bidóns de auga. O resultado son uns aparellos entre o pop, a ciencia ficción e un certo espírito cañí, cos que se consegue sons do máis variopinto.

Precisamente estes últimos forman parte do set de Los Caballos de Düsseldorf, un dos múltiples proxectos de Olaf, orixinado fai varios anos para acompañar algunhas das actuacións de Víctor Coyote e co que xirou por Xapón, Estados Unidos e México, recalando no 2009 na Fundación Luís Seoane de Coruña dentro da exposición “Debuxo Animado Norteamericano”.

Como parte da exposición poderemos gozar en directo da inclasificable “música a pilas” de Los Caballos de Düsseldorf cunha actuación ás 22:00 o mesmo día da inauguración.

A mostra estará aberta os venres 21 e 28 de Marzo e 4 e 11 de Abril en horario de 20:30 a 23:30.

Etiquetado ,

a primeira muller que secuestrou un avión [leila khaled]

leila-khaled-on-the-wall-at-bethlehem

… Esa primeira acción tiña como obxecto dar unha badalada e chamar a atención da xente sobre a liberación de Palestina. E tamén tiña como obxectivo liberar as persoas presas dos cárceres israelís. Porque a comunidade internacional consideraba ata entón ao pobo palestino so como pobo refuxiado que necesitaba axuda humanitaria, e esquecían os dereitos políticos que tiñamos. Eu fun nomeada para esta misión polo meu xefe de entón, xunto con outro compañeiro, para secuestrar un avión que ía dos Estados Unidos a Tel Aviv pasando por Roma. Así que nos subimos ao avión en Roma, e media hora despois do despegue en Roma fomos á cabina e tomamos o mando. E empecei a falar pola radio coas distintas estacións con que conectabamos. Dicíndolles quen eramos, por que o faciamos e cales eran os obxectivos que pretendiamos conseguir con iso. E cando estaba chegando a Tel Aviv pedímoslle ao piloto que descendese e deixásenos ver Palestina. O piloto estaba sorprendido porque lle dixemos que era a primeira vez que viamos a miña terra. E logo xa lle pedín que fóra a Damasco, en Siria. Despois da aterraxe en Damasco evacuamos as persoas pasaxeiras e fixemos explotar a cabina do avión…

Etiquetado ,