artefactolaf no halcon milenario de vigo

Cartel_Exposici_n_El_Halc_n_MilenarioO vindeiro venres 21 de marzo ás 20:30 inaugúrase a cuarta tempada do Halcón Milenario coa obra de Olaf Ladousse.

De orixe incerta aínda que definitivamente europeo, e residente no barrio madrileño de Malasaña, onde vive e traballa, este deseñador industrial de formación pero ilustrador e músico vocacional leva máis de 20 anos buscándose o pan no mundo da arte.

Desde o ano 1992 en que chegou a España, publica anualmente un número do fanzine ¡Que suerte! Un dos máis lonxevos do país e no que participaron debuxantes nacionais e internacionais tan ilustres como Mauro Entrialgo, Liniers, Calpurnio, Víctor Aparicio ou Álvarez Rabo.

En ARTEFACTOLAF, nome da mostra que se poderá ver por primeira vez en Vigo, atoparemos serigrafías, un neon, gravados elaborados coa técnica do linóleo e varios Doo rags, pequenos enxeños sonoros elaborados a partir da reciclaxe de todo tipo de obxectos: xoguetes electrónicos, latas, secadores, conos de estrada ou bidóns de auga. O resultado son uns aparellos entre o pop, a ciencia ficción e un certo espírito cañí, cos que se consegue sons do máis variopinto.

Precisamente estes últimos forman parte do set de Los Caballos de Düsseldorf, un dos múltiples proxectos de Olaf, orixinado fai varios anos para acompañar algunhas das actuacións de Víctor Coyote e co que xirou por Xapón, Estados Unidos e México, recalando no 2009 na Fundación Luís Seoane de Coruña dentro da exposición “Debuxo Animado Norteamericano”.

Como parte da exposición poderemos gozar en directo da inclasificable “música a pilas” de Los Caballos de Düsseldorf cunha actuación ás 22:00 o mesmo día da inauguración.

A mostra estará aberta os venres 21 e 28 de Marzo e 4 e 11 de Abril en horario de 20:30 a 23:30.

Advertisements
Etiquetado ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: