Arquivo da categoría: pegadas

O 13 de maio… aos 30 anos [ Mumia Abu-Jamal]

justice-mumia-x

Por que nos debe importar o que pasou o 13 de maio de 1985?

En serio, iso foi hai 30 anos. Xa choveu. É cousa do pasado. Enténdenme?

Case ninguén di isto – pero é o que moitos pensan.

Direilles por que importa. O que pasou naquel entón foi un antecedente do que está a pasar agora en todas as partes de Estados Unidos.

Non digo que están a bombardear á xente (aínda non).

Refírome a que o odio visceral e o violento desprezo mostrado cara a MOVE en 1985, agora se dirixe cara á xente común, non só cara aos radicais e revolucionarios como eles.

En maio de 1985, as autoridades xustificaron o ataque desapiadado contra os nenos e nenas de MOVE, dicindo que eles tamén eran “combatentes”.

onamove

En Ferguson, Missouri, cando a policía e a Garda Nacional utilizaron armas militares contra “os cidadáns”, como cren que describiron estas persoas nas súas comunicacións?

Como “inimigos”.

Que lles parece “combatentes inimigos”?

Vexamos o asasinato de Tamir Rice, de Cleveland. Só tiña 12 anos. Un neno tratado coma se fose un home.

Nenos. Homes. Nenas. Mulleres. Non lles importa.

Cando moitas persoas calaron, ou peor aínda, deron o seu amargo consentimento ao bombardeo, á balacera, á carnizaría empregada contra MOVE o 13 de maio de 1985, abriron a porta ao terrorismo policial actual en todo o país.

move_philly_85a

Hai unha liña directa que vai dende aquel momento ata agora.

O 13 de maio de 1985 conduciunos ao sinistro Robocop do presente.

Se o masacre tivese sido amplamente condenado en 1985 para que a xustiza se fixese, non poderían impoñer o terror actual en Ferguson, Carolina do Sur, Los Ángeles – ou Baltimore.

O salvaxe bombardeo policíaco do 13 de maio de 1985 e o encubrimento do asasinato de 11 homes, mulleres, nenos e nenas de MOVE, abriron unha porta que aínda non se pecha.

Estamos a vivir as consecuencias.

Escrito o 26 de abril de 2015 Mumia Abu-Jamal

Etiquetado ,

a fraga de Hambasch

 Scan234

Hipnotizante documental. Grazas a traduzón dun compa podemos escoitar e entender as persoas que deciden escoller o camiño da vida rexeitando o da morte. Unhas persoas coma ti e coma mín. Non cho perdas!

 

 

 

 

 

 

 

Etiquetado ,

O TEATRO DA DA CRUELDADE [ANTONIN ARTAUD]

artaud-thumb

…O Teatro da Crueldade propón un espectáculo de masas: busca na axitación de masas tremendas, convulsionadas e lanzadas unhas contra outras un pouco desa poesía das festas e as multitudes cando en días hoxe demasiado raros o pobo envórcase nas rúas. O teatro debe darnos todo canto poida atoparse no amor, no crime, na guerra ou na tolemia si quere recobrar a súa necesidade…

…Queremos transformar ao teatro nunha realidade verosímil, e que sexa para o corazón e os sentidos esa especie de mordedura concreta que acompaña a toda verdadeira sensación…

…Así pois, por unha banda, o caudal e a extensión dun espectáculo dirixido ao organismo enteiro; por outra, unha mobilización intensiva de obxectos, xestos, signos, utilizados nun novo sentido…
…O Teatro da Crueldade foi creado para restablecer no teatro unha concepción da vida apaixonada e convulsiva, e é neste sentido de rigor violento e condensación extrema de elementos escénicos que debe entenderse a crueldade na cal están baseados. Esta crueldade, que será sanguenta no momento que sexa necesario, pero non de xeito sistemático, pode ser identificada cunha especie de pureza moral severa que non teme pagar á vida o prezo que sexa necesario…

 

Etiquetado ,

O SUBCOMANDANTE MARCOS DEIXA DE EXISTIR [SUBCOMANDANTE MARCOS]

 

sub

Se me permiten definir a Marcos, a personaxe, entón diríalles sen titubear, que foi un disfrace.

Decatámonos que xa había unha xeración que podía mirarnos de fronte, que podía escoitarnos e falarnos sen esperar guía ou liderado, nin pretender submisión ou seguimento. Entón, Marcos, a personaxe, xa non era necesario. A nova etapa na loita zapatista estaba lista.

É a nosa convicción e a nosa práctica que para revelarse e loitar non son necesarios nin líderes nin caudillos, nin mesías nin salvadores; para loitar só necesítase un pouco de vergoña, un tanto de dignidade e moita organización, o demais ou serve ao colectivo ou non serve.

Un exército de xigantes, é dicir, de indíxenas rebeldes, baixou ás cidades para co seu paso sacudir o mundo. Apenas uns días despois, co sangue d@s nos@s caíd@s aínda fresca nas rúas, decatámonos que os de fóra non nos vían. Afeitos a mirar dende arriba os indíxenas, non alzaban a mirada para mirarnos; afeitos a vernos humillad@s, o seu corazón non comprendía a nosa digna rebeldía. A súa mirada detivérase no único mestizo que viron con pasamontañas, é dicir, que non miraron. @s nosos xefes e xefas dixeron entón: “só ven o pequeno que son, fagamos a alguén tan pequeno coma eles, que a el o vexan e que por el nos vexan'”. Ese foi o nacemento de Marcos, froito dunha complexa manobra de distracción, un truco de maxia terrible e marabilloso, unha maliciosa xogada do corazón indíxena, que somos; a sabedoría indíxena desafiaba á modernidade nun dos seus bastións: os medios de comunicación”.

Difícil crer que vinte anos despois aquel  ¨nada para nós¨ resultase que non era unha consigna, unha frase boa para carteis e cancións, senón unha realidade, ¨La Realidad”

Se ser consecuente é un fracaso, entón a incongruencia é o camiño do éxito, a ruta do poder. Pero nós non queremos ir para alá, non nos interesa. Nestes parámetros, preferimos fracasar que triunfar.

Pensamos que é necesario que un de nós morra para que Galeano viva. Así que decidimos que Marcos debe de morrer hoxe.

 

Etiquetado

o xuizo de “oz” [barry miles]

oz2O mércores 23 de xuño de de 1971 celebrouse o xuízo máis longo por obscenidade de Gran Bretaña. Os tres acusados ( Jim Anderson, Richard Neville e Felix Dennis) foron acusados de ¨conspirar con outros mozos para producir unha revista que corrompese a moral dos nenos e os adolescentes¨ e “pretenderan xerar e implantar nas mentes deses adolescentes desexos luxuriosos e perversos¨. O xuízo era unha farsa, os contidos da revista eran tan inocentes que as sex shop do Soho nin tan sequera quererían distribuíla. En realidade, era un intento das autoridades de parar o crecemento da prensa underground e a difusión de ideas perniciosas en canto a liberdade sexual, os dereitos d@s escolar@s e outras nocións hippies.

Oz xa publicara un número titulado ¨homosexual Oz¨, editado por homosexuais, pero dirixido @s lector@s habituais da revista. O ¨Women’s Liberation Oz¨ editouno a autora feminista Germaine Greer. Ata crearan un ¨Flying Saucer Oz¨ (Platillo Volante Oz), editado por persoas que crían nesas cousas. O ¨School Kids Oz¨ editárono estudant@s, pero ía dirixido @s lector@s habituais de Oz. O Tribunal, como non, pensou que a revista ía dirixida @s nen@s, e ese foi un dos motivos principais da denuncia. Richard Neville representousea si mesmo. Dixo ao xurado ¨Unha das razóns polas que invitamos a vari@s adolescent@s a editar este número especial de Oz era o desexo de combater a tendencia xeneralizada a facelos calar. Interesábanos o que quixesen dicir . Pero non pretendiamos ser como os directores que censuran todo aquilo co que non comungan.

oz5Puxeron un anuncio para pedir a mozos e mozas de entre catorce e dezaoito anos que quixesen participar na edición de Oz, e ofrecéronlles liberdade para publicar o que quixesen. En xeral escribiron sobre o mal funcionamento do sistema educativo: os castigos arbitrarios, os profesores vingativos, os profesores que abusaban do seu alumnado e o sistema de avaliación. Como eran cativos, había moitas alusións sexuais, como un collage do oso Rupert Bear cun falo xigante que sacaran dunha tira cómica de Robert Crumb e pegáronlle ao animaliño.

oz9

Era fácil predicir cal sería o veredicto. O Xuíz Argyle fíxolles a vida imposible aos acusados, desde non deixarlles aprazar o xuízo cando faltaba un dos avogados a retelos en custodia para realizar informes sociais, médicos e mentais. Como era de esperar as melenas dos acusados foron peladas no cárcere. Caéronlles quince meses a cada un, e Neville estivo a piques de ser deportado a Australia, o seu lugar de orixe. Unha vez máis, rexeitouse o veredicto e de novo requiriuse unha apelación para anular as sentenzas e deixar libres aos Tres de Oz.

Etiquetado

crónica da ofensiva de primavera [class war]

classwar2

A primeira acción da campaña da primavera de Class War fixémola o 1 de marzo no hotel Grosvenor House. A ocasión déunola a celebración do «Baile do Cabalo e o Sabuxo», cita obrigada para todo tipo de debutantes, caciquiños e trepas locais. E ben, dado que era un lugar no que hai que deixarse ver, un intrépido grupo de anarquistas decidiu asistir tamén […] Empezaron a aparecer colegas e cando fomos como 40 decidimos que xa eramos bastantes e alá que nos plantamos. Suponse que só era unha manifestación, non unha pelexa, así que nos puxemos na porta principal cos pasamontañas. Empezamos despregando unha pancarta que dicía «Contemplade aos vosos futuros verdugos». Non nos gusta xogar con palabras.

Pronto empezaron a chegar ricachóns cos seus sombreiriños e os seus vestidiños de tempada. Empurróns, algunha patada ben situada, esgarros e algún que outro cascudo ben dado contribuíron a agrearlles a tarde a moitos […] A ofensiva de primavera de Class War empezara con bo pé, nunca mellor dito.

 

Etiquetado ,

a primeira muller que secuestrou un avión [leila khaled]

leila-khaled-on-the-wall-at-bethlehem

… Esa primeira acción tiña como obxecto dar unha badalada e chamar a atención da xente sobre a liberación de Palestina. E tamén tiña como obxectivo liberar as persoas presas dos cárceres israelís. Porque a comunidade internacional consideraba ata entón ao pobo palestino so como pobo refuxiado que necesitaba axuda humanitaria, e esquecían os dereitos políticos que tiñamos. Eu fun nomeada para esta misión polo meu xefe de entón, xunto con outro compañeiro, para secuestrar un avión que ía dos Estados Unidos a Tel Aviv pasando por Roma. Así que nos subimos ao avión en Roma, e media hora despois do despegue en Roma fomos á cabina e tomamos o mando. E empecei a falar pola radio coas distintas estacións con que conectabamos. Dicíndolles quen eramos, por que o faciamos e cales eran os obxectivos que pretendiamos conseguir con iso. E cando estaba chegando a Tel Aviv pedímoslle ao piloto que descendese e deixásenos ver Palestina. O piloto estaba sorprendido porque lle dixemos que era a primeira vez que viamos a miña terra. E logo xa lle pedín que fóra a Damasco, en Siria. Despois da aterraxe en Damasco evacuamos as persoas pasaxeiras e fixemos explotar a cabina do avión…

Etiquetado ,

hitler e as súas masturbacións [servando rocha]

hitler-masturbandose-y-otras-formas-de-arte-entendido-como-shock_070114_1389080895_64_

O seu brazalete coa esvástica identifícao claramente. O escenario é estraño e parece situarse nalgún país nórdico. Hitler está só, ou case; podemos velo sentado nunha zorra, da que tiran catro póneis, parado nalgún punto en concreto, coma se chegase ata alí por algunha razón que descoñecemos. Porque o único que vemos é un deserto branco, a densidade dunha paisaxe de neve que cobre un horizonte montañoso. No centro do cadro, un avergoñado Hitler masturbase ás agachadas.

En “Hitler Masturbándose” (1973) Dalí continuaba a tradición que iniciara nos seus tempos de militancia no surrealismo, onde o führer, entre tantos outros monstros do século vinte, exerceu unha gran influencia sobre a súa obra. Como definitivo acto nihilista, Hitler perseguía a súa propia destrución total. Matar ou morrer: “Hitler emprendera toda esa acción wagneriana coa meta inconsciente de perder ou morrer”, asegurou nunha entrevista. Encarnaba ao masoquista e o delirio terrorista, controlando unha posta en escena que anticiparía o espectáculo total dos concertos de rock.

Seguir lendo

A SÚA PROPIA CULPA E MEDO [ASSATA SHAKUR]

assata4x6webx

Ninguén no mundo, ninguén na historia, conseguiu nunca a súa liberdade apelando ao sentido moral da xente que os oprimía. […] entón dáste de conta , sen ningún xénero de dúbida, de que o movemento dos dereitos civís nunca tivo a máis mínima posibilidade de triunfar.

[…] Os ricos sempre usaron o racismo para conservar o poder. Odiar a algunha persoa, discriminala, atacala polos seus trazos raciais é un dos xeitos de pensar máis primitivos, reaccionarios e ignorantes que existen.

Unha guerra entre razas non axudaría a ninguén nin liberaría a ninguén e debería ser evitada custe o que custe. Pero unha guerra só dun lado coa xente Negra como obxectivo e a xente branca disparando as armas é aínda peor. Por iso é unha neglixencia criminal non abordar o racismo e a violencia racista, e non nos preparar para defendermos.

[…] O medo da xente branca cara á xente Negra con armas nunca deixará de sorprenderme. Probablemente é porque pensan no que farían si estivesen no noso lugar, en especial a policía, que cometeu tantos abusos contra a xente Negra, a súa conciencia culpable dilles que teñan medo. Cando a xente Negra organícese seriamente e tome as armas para loitar pola nosa liberación, haberá moita xente branca que se caerá morta simplemente pola súa propia culpa e medo.

Etiquetado

O punk converteuse en escapista e aburrido [CRASS]

crass2

O punk converteuse en escapista e aburrido. Non queremos as fotos dos nosos heroes. Queremos vida e non apoiamos nada que ofreza menos que iso. O futuro é noso si estamos preparados a loitar por el. Foi o punk algunha vez unha protesta? Foi algo máis que un escape? Fai seis anos ofrecéronnos un contrato. O que dirixía a compañía tivo a coraxe de dicirnos que se podía comercializar a revolución. Outro produto barato para a mente do consumidor. Él convertía a nosa rabia en comodidade, “o paquete da protesta”. Dixémoslle que crecese e él contestounos que “nunca chegarán a nada” . Chegar a que?! Hai vida detrás do consumo, o plástico e o produto. Para atopar esa vida temos que buscar dentro noso e, cando atopemos esa “iluminación”, estar preparad@s para pelexar e manter esa luz acesa. Estivemos buscando, mirando dentro noso e preguntándonos aquelo de QUE, ONDE E PORQUÉ.


Etiquetado ,