Arquivo da categoría: pegadas

Comunicado dos Movementos Sociais de Vigo ante as detencións en Vigo, Lugo e Ciudad Real

barrotes

Desde os movementos sociais de Vigo queremos denunciar a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares..

Non nos referimos únicamente á súa plasmación no papel na nova reforma do código penal e lei de “seguridade” cidadá, senón á evidencia real, a pé de rúa, que se pon de manifesto nunha presenza policial cada vez maior, no incremento de identificacións e cacheos indiscriminados ou nas actuacións sobre calquera tipo de colectivo que tente alzar a voz para defender os seus dereitos.

Pero nestes días debemos resaltar especialmente as operacións mediáticas, como a levada a cabo esta pasada semana nas cidades de Vigo, Lugo e Ciudad Real, que teñen como único obxectivo crear alarma social ao tempo que estender o medo.

Consideramos totalmente inxustificado, e de todo punto inaceptábel, que se deteña e traslade a centos de quilómetros das súas casas a unhas persoas, baixo o argumento de ter provocado uns danos cualificados, incluso no seu momento, como non graves. E non só isto, senón que se difunden as súas facianas e datos sobre a súa vida, nun exercicio máis, por parte dos medios, de actuar como simple correa de transmisión da policía e o Ministerio de Interior, deixando de lado calquera tipo de rigor informativo, suposta ética xornalística ou respeto á intimidade.

Parece que unha alfombra queimada e uns vidros rotos, únicos danos reais dos que eses mesmos medios falan, son motivos suficientes a día de hoxe para acabar en Madrid. Porque, a fin e ao cabo, os feitos son o que menos importa. A aplicación da lei antiterrorista “lexitima” calquera actuación, permite a suspensión dos dereitos básicos de calquera persoa e pode levar á imposición de décadas de prisión por pertenza a supostas bandas armadas das que, en moitos casos, só se coñece a súa existencia a golpe de exclusiva periodística.

Non é ningunha novidade a actuación da Audencia Nacional, en tanto que  auténtico tribunal de excepción,  pero si que a súa intromisión na esfera do público sexa cada vez maior, polo que se fai necesario esixir, unha vez máis, a súa inmediata desaparición.

Alegrámonos, finalmente, de que, aínda que non totalmente libres, estas persoas estean xa na rúa o que, por outra banda, pon de relevo o esperpéntico de toda actuación.

19/01/2014

Etiquetado

sobre a cuestión do xogo nas condicións actuais. [ivan karamazov]

paintball

As condicións de realización do xogo como modo de existencia, foron constrinxidas ao ámbito do infantil. Así se pretende restar a súa importancia, o seu papel central dentro da vida cotiá. Reducir o xogo á mercancía que representa o xoguete é xa signo da desviación do significado civilizador do xogo. O xoguete é o intento de converter o xogo en mercancía: o lema que o anima é que sen xoguete non hai xogo. O paradoxo observable que consiste en que a crianza tende á simpleza daquilo co que xoga demostra unha concepción falsa do xogo, que é aquela que se incrusta nos hábitos do normal. A simpleza dos elementos dun xoguete fai que a imaxinación teña que traballar máis, mentres que os xoguetes novos teñen xa en si a función que ese xoguete pode desempeñar como función única. A elaboración dun xoguete impide que ese xoguete sexa unha escusa para acender a imaxinación. Só nos elementos pouco elaborados pode o xoguete chegar a ser máis, incluíndo nel miles de posibilidades diferentes, debido á súa abstracción en canto á súa elaboración, debido á súa indefinición.

Etiquetado

“supoñíase que ía ser fantástico, pero é horrible”. confesións de santa claus. [king mob]

king mob 1

Este ano apáganse as luces en Oxford Street. Xa non hai luces de neon a medianoite. Non hai ese ostentoso brillo para que @s compulsiv@s turistas quédense embobad@s ante as marabillas do capitalismo. Nin tan sequera a sociedade da abundancia pode seguir pagando a súa factura da luz. Non merecedes Nadais este ano. Non traballastes o suficiente. Non correstes o suficiente ante o tic-tac do reloxo para fichar á entrada e saída do traballo, durante o círculo vicioso da produción e o consumo. Aforrade e gastade, cravádevos e retórcevos no chan para preparar a única ocasión durante o ano na que podedes deixarvos levar. Alegrarvos, excédanse nun frenético esforzo para gozar… e logo, cuspídeo.

Os trasnos doentes de Europa apagaron as luces este ano. Nin sequera podes ter a ilusión do pracer: o horrible espectro dos Nadais subiu os prezos e non podedes permitirvos os agasallos. Non o merecedes porque non destes o callo o suficiente para manter o xugo en marcha.

king mob 2 santa claus detenidoOs Nadais son un castigo este ano. Sempre foron unha leria: o deber de estar alegre, facer o pallaso, despeitearse nada máis acenderse as luces e abrirse o pano. Son vacacións, e máis che vale gozalas polo que máis queiras. Son uns días para estar coa familia e, polo máis grande, máis che vale ser amable, porque somos unha familia feliz, verdade?

Este ano os Nadais nin sequera poden parecer divertidos. Case non podedes permitirvos enfurruñarvos e esquecelo. Queren máis de vós: máis sangue, suor e bágoas. E máis sorrisos. Non deixedes que se decaten de que estades cans@s e até os miolos de todo o lixo que intentan vendervos, fart@s das crianzas as que se lles ensina a cantar en coro unha chea de mentiras sobre o amor e a afable misericordia. É voso deber seguir comprando, ata cando xa case non queda suficiente diñeiro para comprarvos un ataúde e abandonalo todo dunha vez por todas.

Machuquemos todo este grande engano. Ocupade o Fun Palace e poñédevos as pilas. Collede os agasallos e regaládeos de verdade. Prendede Oxford Street. Bailade ao redor do lume. Alegrarvos co funeral: o espectáculo final da estáfaa que son os Nadais.

Etiquetado

a arte como actividade vital ( ou “arte versus traballo”) [colectivo desface]

contra el arte        E difícil non estar de acordo coa afirmación de Marx de que o traballo é a actividade que distingue e define ao ser humano, a que lle outorga a súa particularidade como especie. Xa que o traballo é o momento en que o home/muller non só produce obras, senón que tamén se produce a si mesm@ e produce ao mundo que o rodea, incluída a natureza.
Tampouco é fácil desestimar, á vaiche boa, a súa teoría do alleamento, que dá sentido ao conxunto da súa elaboración crítica. Nela Marx propón que no proceso de traballo asalariado (onde a actividade do traballo está supeditada ao marco das relacións de produción capitalistas), a persoa traballadora non só se separa da obra que produce, xa que non lle pertence, senón que se allea da súa propia forza de traballo, entendida como a súa especial capacidade creadora e produtiva. É dicir, dáse o paradoxo de que no traballo (actividade na que o home/ muller debese realizar) o ser humano se disocia do que lle define como especie. O traballo, a actividade vital do home/muller, é arrebatado a persoa traballadora no proceso produtivo, polo tanto esta non pode establecer unha relación de identidade coa súa obra nin consigo mesma, está allea de si. O traballo, de ser a actividade libre e creadora da especie, pasa a converterse na fonte de todo o seu sufrimento.
Ao transformarse o traballo en mercadoría, vendida no mercado por un salario (o seu prezo en valor de cambio, ou diñeiro), a persoa creadora estraña de si a súa esencia, cédea (vende) a outra, a fai allea. Pero esta cesión non é voluntaria (como argumenta a economía política clásica), é condición estrutural dun sistema organizado en función da acumulación do capital e da explotación. Logo, a persoa traballadora, separada da súa esencia, xa non experimenta goce algún no traballo, pola contra, nel séntese angustiada, e intenta atopar satisfacción fóra da actividade laboral, nas funcións animais ou corporais, que tenden á reprodución do individuo e da especie, e que xa foron cooptadas pola industria da diversión.
Os alcances desta esgazadura, desdobramento ou alleamento, son insospeitados, e estenden os seus ramaxes a todas as esferas da existencia humana, incluída a teoría do coñecemento, a ciencia, a filosofía, a psicoloxía, a vida cotiá, etc.
Neste contexto aparece a arte, definido habitualmente como unha actividade distinta e contraposta ao traballo. A arte, aparentemente, conserva as características orixinais do traballo, é o espazo da libre expresión da esencia do home/muller, o lugar do despregue da actividade vital fóra da lóxica do intercambio mercantil. A capacidade produtiva, creadora, transformadora e inventiva do home/muller trasládase desde a esfera do traballo cara á esfera da arte. A arte, no seu concepto máis romántico e contemporáneo, non ten unha función en si, simplemente é un modo de expresión da experiencia de estar no mundo, a arte pola arte, pola simple necesidade do home/muller de exteriorizar o seu ser, o seu mundo onírico, a súa imaxinación, os seus desexos, os seus pesadelos, etc. Primariamente, na arte, o home/muller quere representarse e representar o mundo que lle dá sentido, exteriorizar os seus delirios e despregar unha linguaxe metafórica que lle permita falar do que a linguaxe común non lle permite expresar: a experiencia do sublime, do cotián, do finito e do infinito, do sagrado e o mundano.

Cuarta hipótese de loita:
A arte moderna só ten sentido no contexto dunha sociedade onde o traballo humano faise alleo. Non existiría a arte si non fose porque a actividade vital do home/muller, o traballo, segue estando sometida a un réxime de explotación.

Etiquetado , ,

manifesto do borde

smash

MANIFESTO DO BORDE (Smash e Gonzalo García Pelayo, Sevilla 1969)

 O mundo divídese en:

1- Persoas das praderías (Bob Dylan, Jimi Hendrix, etc.)

2- Homes das montañas (Manson, Hitler, etc,)

3- Homes das covas lúgubres (funcionarios)

4- Homes das covas suntuosas (presidentes de consellos de administración, grandes mercadores).

As persoas da praderías son as únicas que están no rollo e que saíron do ovo. Os seus carnés de identidade son as súas cariñas.

Os homes das montañas van polo pau da violencia e a marcha física.

Os homes das covas lúgubres van polo pau do dogma e te adoitan amolar.

Os homes das covas suntuosas van polo pau do diñeiro e da fachenda.

Etiquetado ,

ao lume! [Benjamín Péret e máis]

ao lume1

Se tolerante. Conserva  firmemente a túa fe ou a túa convicción mais admite que haxa outra fe  ou unha convicción diferente. non fagas nada non digas nada que poida ferir as crenzas doutra persoa: é unha cousa íntima da conciencia humana tan delicada que desflorándoa se murcha.

Paul Doumer

A partir do 10 de maio de 1931, en Madrid, Córdoba, Sevilla, Bilbao, Alacante, Málaga, Granada, Valencia, Alxeciras, San Roque, A Línea, Arcos Da Fronteira, Huelva, Badaxoz, Xerez, Almería, Murcia, Xixón, Teruel, Santander, A Coruña, Santa Fe, etc., a multitude queimou as igrexas, os conventos, as universidades relixiosas, destruíu as estatuas, os cadros que eses edificios contiñan, devastou os despachos dos xornais católicos, expulsou con asubíos e berros os curas, as monxas, que agora liscan para as fronteiras. Cincocentos edificios queimados desde o comezo non fecharan este balance de lume. Opondo a todas as fogueiras ergueitas noutro tempo polos curas en españa a gran claridade materialista das igrexas incendiadas, as masas saberán achar nos tesouros desas igrexas o ouro necesario para armarse, loitar e transformar a revolución burguesa en Revolución Proletaria (Por aquela época o surrealismos aínda non se desenganara do Partido Comunista Francés ao que rexeitou posteriormente puidendo así elaborar un pensamento máis de seu, Nota do Blogue.). Para a restauración da N.S. do Pilar de Zaragoza, por exemplo, a suscrición pública de vinte e cinco millóns de pesetas está xa case cuberta na súa metade: que se esixan eses cartos para as necesidades revolucionarias e que se derrube o templo do Pilar, no que dende hai varios séculos unha virxe sirve para explotar a millóns de persoas! Unha igrexa en pé, un cura que pode dicir misa, son outros tantos perigos para o futuro da Revolución.

Seguir lendo

Etiquetado

a cerimonia da morte do Hippy [alice gaillard]

Death_of_hippie-426x550

O 21 de setembro de 1967, día do equinoccio de outono, marca o fin oficial do Verán do Amor. Quince días máis tarde, @s Diggers/Free City Collective organizan a cerimonia da morte do Hippy e deciden dar o adeus definitivo a ese “abnegado fillo dos medios”. Elíxese a data do 6 de outubro por ser a do aniversario da lei que criminaliza o consumo de LSD. Alain Dister, entón xornalista do Rock & Folk de San Francisco, recorda: “O término Hippy, que nunca significara gran cousa, converteuse, para os medios, nun medio sinxelo de designar a calquera individuo que levase o pelo un pouco longo e vivise, como é evidente, unha existencia de disipación, rodeado de mozas famentas de sexo”. Para os Diggers, os Hippies xamais existiran. Non había máis que xente libre e independente, que decidira vivir ao seu xeito nunha sociedade que rexeitaba a alienación baixo todas as súas formas. Por iso decidiron, xunto @s seus e súas amig@s da Mine Troupe, organizar os funerais desa personaxe xa mítica, coñecida no mundo enteiro co nome de “Hippy”. Todo o que, de lonxe ou de cerca, evocaba a imaxinería hip transmitida polos medios- colares de contas, pósters, e ata as famosas flores, que se supoñía deberíanse levar no pelo desde que se poñía o pé en San Francisco-, toda aquela mesturanza vendida por toda Haight Street pol@s nov@s empresari@s do hip capitalism vai ser queimada con gran cerimonia, baixo a impávida mirada dalgúns polis condescendentes e que as viron peores.

diggers4
A cerimonia, que se inicia á saída do sol, sobre o outeiro Boa Vista, anúnciase cun panfleto de Richard Brautigan, “Morte do Hippy”:

OS MEDIOS CREARON AO HIPPY CO VOSO ÁVIDO CONSENTIMENTO, SEDE ALGUÉN… A vosa cara na tele, o voso estilo inmortalizado sen alma nas reportaxes do Chronicle. A NBC di que existides, ergo son eu. Narcisismo, vaidade plebea. A vítima inmortalizada. A PERSOA LIBRE vomita a súa imaxe e rise nas nubes porque é a grande evadida, o animal que axexa nas xunglas da imaxe e non ve sombra algunha…

MORTE DO HIPPY FIN
ACABADO HYPPYEE IDO
ADEUS HEHPPEEE MORTE MORTE HHIPPEE

SODES LIBRES. SOMOS LIBRES. NON SEXADES RECREAD@S. CREDE SÓ NO VOSO PROPIO ESPIRITÚ ENCARNADO. Creade, sede…. Non sexades cread@s. Esta é a vosa terra, a vosa cidade. Ninguén pode distribuírvola en porcións. Os Medios-Policía repartiron porcións de H/Ashbury entre nós e @s turistas viñeron ao zoo a ver aos animais engaiolados e ruximos feramente tralos barrotes que aceptaramos e agora xa non somos hippies nin o fomos nunca e a cidade é nosa para crear, para estar. É a nosa ferramenta, parte da primeira creación a partir da cal A PERSOA LIBRE crea o seu novo mundo.

NACEMENTO DA PERSOAS LIBRE INDEPENDENCIA DE SAN FRANCISCO MACIMIENTO D@S AMERICAN@S LIBRES…

NON VOS DEIXEDES COMPRAR CUNHA IMAXE, CUNHA FRASE… NON SEXADES PRISIONEIR@S DAS PALABRAS. A CIDADE É VOSA, SODES SODES SODES. TOMADE O QUE É VOSO… TOMADE O QUE É VOSO

AS FRONTEIRAS CAERON SAN FRANCISCO É LIBRE AGORA LIBRE.

diggers2

Ao ritmo da percusión, a precesión descende cara a Haight Street, onde colgan bandeirolas nas que pode lerse “Morte ao Hippy, nacemento da persoa libre”. Unhas oitenta persoas, candea en man, rodean o ataúde. Tras unha xenuflexión no cruzamento entre as rúas Haight e Ashbury, a procesión diríxese cara á Psychedelic Shop, onde un tocadiscos soa a todo trapo para cubrir os berridos (totalmente imprevistos e terriblemente pertinentes) dunha moza en pleno mal viaxe. Sobre o escaparate da Psy Shop, unha pancarta: “Non che angusties por min, organízate. Nebraska, necesítate máis que eu”. Os irmáns Thelin, os máis soados representantes dos comerciantes HIP, tan criticados polos Diggers abandonan o seu comercio. Ron (un dos irmáns) decide unirse ao Colectivo da Cidade Libre (Free City Collective). Reacción coherente, aínda que absolutamente illada dentro da comunidade de comerciantes de Haight…

diggers6

A cerimonia conclúe cunha fogueira na que é inmolado o ataúde do Hippy e ao redor da cal a xente baila. Pola tarde e como de costume, a policía procede a varrer o barrio e detén a un mozo sen carné de identidade nin cartilla militar. Ten dúas opcións: ou ben é menor, ou ben un desertor, e ambas acusacións carrexan penas de prisión. Os medios precipítanse para asistir á desaparición dese Hippy que eles mesmos crearon. O rizo rízase…ilusión…

diggers 3+

Etiquetado ,

traspasar o limiar [Stefan Wisniewski]

raf1

Para contar como fun parar a Rote Armee Fraktion (RAF-Fracción do Exército Vermello-), primeiro teño que explicar como cheguei ao movemento antiautoritario. Eu nacín e crieime nos anos cincuenta nun pequeno e idílico pobo da Selva Negra, fillo dun preso polaco condenado a traballos forzados. Ningunha historia espectacular; en Polonia só sería un/unha entre cen mil, pero neste pobo a miña nai inculcábame: «Non se che ocorra explicar nada da historia do teu pai, si non terás problemas». Naquel lugar había algúns antigos homes das SS e das SA e simpatizantes, que formaban parte dos cidadáns máis respectados. O meu pai só sobreviviu oito anos á «morte a través do traballo» trala súa liberación do campo de concentración; eu entón era aínda un bebé e a miña irmá estaba en camiño. A miña nai queríame educar sen odio. Pero «calar», aínda que fose con boa intención, tampouco era a solución. Sexa como fose, por diferentes causas estiven internado durante un período curto nun centro para mozos «difíciles». A maioría dos nenos de alí procedían das capas sociais máis baixas, moitos de cor, fillos de antigos soldados norteamericanos, tamén había xitanos e ata un mozo de orixe polaco. No centro debiamos aprender un oficio, con mestres que nos trataban con expresións como: «Con Hitler cortariamos polo san convosco». Sete veces escapeime de alí nun ano, e algunhas veces fun capturado de novo tras aventuradas persecucións da policía. Cando por fin puiden deixar isto atrás, coa axuda da miña nai, funme a Hamburgo e alí fíxenme á mar. Non era nada romántico; deste xeito coñecín a miseria no Terceiro Mundo, cando nos portos africanos, homes maiores viñan a bordo e ofrecían ás súas mulleres a cambio de restos de comida. A xente que non senta vergoña ante isto, deberíaselle botar como alimento ás quenllas. Quedeime logo en Hamburgo, realicei diferentes traballos e fun á escola nocturna.

Tiña case vinte anos. En cada unha destas fases tamén podería ter ido por camiños moi diferentes, pero para min foi decisivo o movemento antiautoritario: as novas formas de vivir, vivendas en comunidade, a música dos Stones, pelo longo; todo isto tiña unha grande atracción sobre min. A isto engadíuselle o socialismo e outras teorías revolucionarias, sobre todo o novo sentido da xustiza nacido da revolta. Frecuentei un grupo do Socorro Vermello, participei na okupación dunha casa, na rúa Eckhoff.

 

Eramos activistas, pero tamén realizabamos traballos sociais cos sen teito ou con nen@s de centros de acollida. A policía e a prensa de Springer botáronse xuntos sobre nós -algúns/algunhas tiveron que ir un ano ao cárcere, e foi unha casualidade que eu non estivese entre el@s-. Neses tempos tiñamos a sensación de que realmente aínda podíamos cambiar algo, aínda que xa se debuxaba o retroceso do 68 e o aparello represor golpeaba cada vez con máis forza.

raf

Con este trasfondo, a RAF parecíanos especialmente digna de crédito; á fin e ao cabo, @s camaradas poñían as súas vidas en xogo polas súas conviccións. Predominaba un acoso incrible, cando foron detidas as primeiras persoas da RAF. Xa só por iso pensamos: aí ten que haber algo si acósaselles tanto. Foron moitas motivacións diferentes as que no meu caso leváronme a interesarme pola RAF. Pero o meu primeiro paso foi irme a Berlín.

Era o ano 1974 e nunca esquecerei aquela época na que estiven no centro xuvenil, na rúa Postdamer. Estaba en marcha a folga de fame.

Mobilizaramos, desde Amnistía Internacional ata ó párroco Albertz, todo o que se podía mobilizar. Eu estaba alí, nese centro xuvenil, encima da mesa -non había tarimas- e estaba dando un discurso.

Nese momento entra alguén e di: Holger morreu. A min -e non só a min- saltáronme as bágoas.

Algúns/algunhas, que polo demais se consideraban máis ben críticos coa RAF, empezaron enseguida a facer cócteles molotov e fómonos directos cara á Ku’damm.

Cando estes empezan a matar @s pres@s ou deixan que podrezan, entón tense que facer outra cousa, pensabamos nós. Todo o que eu fixera relacionado cos presos políticos volveuse, simplemente, ineficaz. Así non se podía seguir. A miña última actividade política na legalidade foi participar na organización do enterro de Holger Meins. Isto significou para min o traspaso dun limiar.

Etiquetado

o fracaso da escola [colectivo paideia]

“Deixar que cada nen@ sexa @ planificador/a, director/a e asesor/a de a súa propia educación; e que coa inspiración e guía de persoas de maior experiencia e pericia, e con toda a axuda que solicitase, permitirlle e estimularlle a que decida o que quere aprender, cando e como quere aprendelo e ata que punto estáo aprendendo ben. Consistiría en transformar as nosas escolas do que son actualmente, isto é, cárceres para nen@s , nunha fonte de aprendizaxe libre e independente, que calquera persoa da comunidade, da idade que for, podería utilizar na medida que quixese”.

John Holt


paideia

A educación, algo que cada un/unha ten de conseguir por si mesm@, é todo aquilo que contribúe a aumentar a comprensión do mundo e a capacidade propia de desenvolvemento e pracer, e a adquirir liberdade, dignidade e valía persoais no contexto no que vive.  

Nas aulas aínda hai crueldade, aínda que non se mostre pola violencia física; polo menos con esta o alumnado advertiría o dano e ao causante do mesmo, e procuraría, xa que logo, defenderse ou corrixirse dalgún modo: ”pero @s nen@s non poden defenderse, nin o fan, contra a maior parte do dano que se lles infrinxe nas escolas, porque descoñecen o que se lles está facendo ou quen o fai, ou porque, aínda que o coñezan, creen que se fan persoas afables polo seu propio ben. E este mal iníciase coa actitude do alumnado, que ante a ameaza e o non ben interpretado respecto ao saber e @ mestr@ , aprenden que non valen para nada, que non son dign@s de confianza, que só serven para obedecer ordes e que están expost@s, como unha folla branca, a que outr@s “escriban” nel\nela e moldéenas “sen ningunha posibilidade de pescudar como son, e de desenvolver a súa personalidade calquera que esta sexa”, aceptando a avaliación que del/ela fan @s adult@s , e a crueldade chega ata considerar estupidez e incapacidade de aprender o que é intelixencia, vivacidade e inxeniosidade do alumnado.

Seguir lendo

Etiquetado

detrás do lume, a “man invisible”- [jorge valadas]

incendios1

Verán, tras verán, o permanente ciclo de xigantescos incendios presenta unha fotografía en tamaño natural do estado de crise económica e social na que se atopa mergullada a sociedade portuguesa. A destrución das vellas formas de agricultura, a acelerada urbanización, o abandono do interior do país, o monocultivo do turismo, todo iso forma parte da destrución da sociedade.

Á velocidade que vai todo isto, Portugal exportará en breve lume e importará auga potable, tal como xa importa zumes de froita de California, ao mesmo tempo que arrinca os laranxeiros do Algarve para construír “horrorosas” aldeas turísticas. Agora que a gran maioría da poboación habita nos centros urbanos do litoral, a actividade agrícola atópase moribunda e a conservación dos bosques e da flora está tan abandonada que “para un área igual de bosque hai sete veces máis incendios en Portugal que en España e vinte veces máis que en Italia”.

Pampilhosa dá Serra,no distrito de Coimbra, foi un dos municipios que no ano 2005 sufriu máis incendios, queimándose as dúas terceiras partes da súa superficie. A evolución demográfica deste distrito ilustra perfectamente o que dicimos. Dos trinta mil habitantes censados en 1930, queda hoxe apenas cinco mil persoas, das cales a metade son xubilad@s; das corenta e dúas escolas primarias que había en 1974 só sete funcionan hoxe. A desrtificación favorece os incendios e os incendios aceleran a desertificación.

O valor comercial dá a maior parte dos campos é hoxe case nulo ou calculado segundo o prezo do terreo para construír, e isto non só nas zonas onde o turismo converteuse nunha actividade invasora, gangrenando a vida social, senón por todas partes. De viaxe por Portugal, unha amiga expresaba o seu desalento e o seu estrañeza ante tantos letreiros de “véndese” colgados en vellas casas, nos muros dos xardíns ou plantados no medio das hortas. Coma se o presente non fose máis que unha venda das ruínas do pasado. Un segundo letreiro puiden agora engadirse ao primeiro “Terreo para queimar”.

Seguir lendo

Etiquetado ,