Arquivo da categoría: sónicos

RAMBÓIA FEST 2013- barcelos

rambc3b3ia-fest

 

           Un festival de tamaño humano, un festival no que as bandas son reais, un festval con entrada livre e un cartaz con estupendas bandas.

 

1237919_525591860851373_1737872158_n

Non vos enganar por non coñecer as bandas. As bandas portuguesas e a “escea” portuguesa a día de hoxe e do mellor que hai. Este festi é unha das mellores ocasións para comprobalo. Black Bombain fan unha especie de stoner ou psicodelia dura dende Lisboa, Mother Abyss son de Viana do Castelo ou o black metal de Alchemist. E por si foura pouco, que non o é, só coas bandas portuguesas chegaba, tamén te mos unha parte intercionalista con os coñecidos Jucifer, dúo de yankilandia que grabou xa para selos tan emblemáticos como Relapse ou Alternative Tentacles. Dende Rennes Brain Pyramid coa súa neopsicodeliahardblues…. e dende a Galiza The Cobras.

 

 

Etiquetado ,

resurrection fest- o mellor festi da galiza

slidexxxx4

Pódese estar de acordo ou non, e sen ánimo de establecer ningunha verdade, o Resurrection Fest é sen dúbida o mellor festival de rock da Galiza e o norte da península, polo menos. E digo simplemente rock porque calquera persoa aficionada a esta música morrería de pracer escoitando e mirando a semellante despregue de bandas en directo. Iso se tes o corpo en condicións para aguantar unha sobredose de caña, ruído, amplificación e baile salvaxe. E tal e como están de atrofiados os corpos hoxe en día poucas persoas poderán soportalo sen a axuda de drogas. Polo tanto xa temos rock’n’roll e drogas, ben. Todo estaría ben se non fora porque a ideoloxía deste festival é unha merda, a cansina e sempre presente ideoloxía do mercado e a mercadoría. Que sentido ten se non?. O que mosquea e que moitas destas bandas déanse ao xogo. Ben, Slayer veñen facéndoo dende sempre pero, Black Flag ou Jello Biafra ou Exploited?. Ademais se queres podes acampar nunha zona Vip, se a pagas. E xa non falamos da lista de infames patrocinadores.

O que realmente estraña é que o festival pódase celebrar sen graves incidentes. Eu pensaba que as persoas seguidoras desta música eramos persoas antisociais, destrutoras, maleducadas… antitodo…Máis mirase que non. Pola nosa banda imos actuar coma sempre e veremos o festival se conseguimos colarnos de balde, non seremos persoas civilizadas polas rúas de Viveiro e amosaremos que o odio non se apaga cun pouco de diversión. Ou polo menos reivindicamos dende aquí a ideoloxía dunha música que xorde e ten a súa razón de ser no enfrontamento co mercado e a mercadoría. MALDITA SEXA!Resurrection Fest 2013 - Final

les rallizes denudes- heavier than a death in the family

Imaxe

Mimá! non hai quen se aclare co etiquetado deste grupo. Que si avant-garde, que si noise, que si experimental, que si psicodelia, que si doom, que si stoner, que si heavy-fuzz… eu que sei. A verdade é que son inclasificables. Estes Xapos deberían ser coñecidos por toda aquela persoa amante da distorsión, por seren uns pioneiros. Lembro de ler na década dos 90 que o ruído e a distorsión era onde dirixíase o novo rock daquela década. Fora verdade ou non, estes Xapos adiantáronse unhas décadas e fixérono moi ben. Puriño zumbido para as orellas. lrd

Pois ben o seu disco Heavier Than A Death In Family reúne unhas cantas cancións gravadas entre 1973 a 1979. O grupo nunca fixo un disco como tal mais a súa influencia fixo que co tempo editáranse directos, piratas e demais. Grupos  Xapos como Boris, Acid Mothers Temple, High Rise, seguro que beberon dos seus concertos, e se paramos a pensar na radicalidade do rock Xaponés de bandas como Guitar Wolf ou Teengenerate ou Thee Michelle Gun Elephant imaxinámonos a adolescentes Xaponeses drogándose con Les Reallizes Desnudes. Proba ti tamén

Folder

 

Etiquetado ,

julian cope-revolutionary suicide

julian cope

Este é o último disco de Julian Cope. Xa sei que de o bo de Julian pódese agardar calquera cousa ou máis ben non se sabe que agardar. O tipo é imprevisible. Xa sei que non vos estou decir nada novo. Este disco segue un pouco o camiño do anterior colectivo de seu Black Sheep, un pouco de folk, acústica, simulacro drone, acordes coñecidos, un pouco tamén de electrónica e de contado cancións con títulos tan suxerentes como: Hymn To The Odin, The Armenian Genocide, Mexican Revolution Blues, They Were On Hard Drugs ou Destroy Religion. A min dende que escoitei o seu disco You Gotta Problem With Me, tenme esganchada. Para escoitar con calmiña, sen presas.

Julian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary Suicide

Etiquetado ,

waves of Fury-thirst

waves-of-fury

Este é o primeiro e polo de agora único disco desta xenial banda. Cancións que unha vez escoitadas quedaran para sempre na túa cachola. Estas avisad@. O muro de son de Phil Spector quedase nun seto de margaridas, o ritmo implacable, as cancións boas. Unha banda que levanta o ánimo ou eleva a festa. E por si fora pouco con sección de ventos. Dálle volume! Canto máis alto mellor escoitase. Mimá!, que xa estou botando… 

Waves-of-Furydisco ou  Waves-of-Furydisco ouWaves-of-Furydisco

Etiquetado ,

NOVO DISCO DE ARTHUR LEE

arthur lee2

Non podo creelo, despois de levar uns anos morto un novo disco semellante ao “Vindicator”. Ollo! Que ë bo!

link descarga   ou    link descarga    ou      link descarga

O disco inédito de Arthur Lee, Black Beauty, que tiña intención editar en 1973 comoo seu segundo traballo solista, finalmente sae de forma oficial, asinado sen embargo como, o eterno, Love.Antes de que Black Beauty estivese no mercado, o selo propiedade de Lee que ía editalo caeu en bancarrota e o álbum, no esquecemento.
 

Etiquetado ,