O TEATRO DA DA CRUELDADE [ANTONIN ARTAUD]

artaud-thumb

…O Teatro da Crueldade propón un espectáculo de masas: busca na axitación de masas tremendas, convulsionadas e lanzadas unhas contra outras un pouco desa poesía das festas e as multitudes cando en días hoxe demasiado raros o pobo envórcase nas rúas. O teatro debe darnos todo canto poida atoparse no amor, no crime, na guerra ou na tolemia si quere recobrar a súa necesidade…

…Queremos transformar ao teatro nunha realidade verosímil, e que sexa para o corazón e os sentidos esa especie de mordedura concreta que acompaña a toda verdadeira sensación…

…Así pois, por unha banda, o caudal e a extensión dun espectáculo dirixido ao organismo enteiro; por outra, unha mobilización intensiva de obxectos, xestos, signos, utilizados nun novo sentido…
…O Teatro da Crueldade foi creado para restablecer no teatro unha concepción da vida apaixonada e convulsiva, e é neste sentido de rigor violento e condensación extrema de elementos escénicos que debe entenderse a crueldade na cal están baseados. Esta crueldade, que será sanguenta no momento que sexa necesario, pero non de xeito sistemático, pode ser identificada cunha especie de pureza moral severa que non teme pagar á vida o prezo que sexa necesario…

 

Etiquetado ,

XI ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES EN GOIÁN, TOMIÑO

XI Encontro de sementes

A Rede Galega de Sementes segue a crecer, desta vez farase o primeiro encontro as orillas do Miño, na Fortaleza de Goian, no concello de Tomiño. 

Horario:
De 10:00 a 21:00 as produtoras teran os seus postos, para que poidades ter, mercar produtos ecoloxicos.

As 11:00 montarase a mesa de troco da rede, ata a 13:30e pola tarde de 16:00 a 19:00

As 11:30 A partilla sobre Eco-feminismo.

As 17:00 Obradoiro de estración de sementes

As 18:00 Palestra do monocultivo a autosuficiencia.
As 18:30 obradoiro misical para crianzas.

As 21:00 Acuación teatral, Esconxuro

 

O SUBCOMANDANTE MARCOS DEIXA DE EXISTIR [SUBCOMANDANTE MARCOS]

 

sub

Se me permiten definir a Marcos, a personaxe, entón diríalles sen titubear, que foi un disfrace.

Decatámonos que xa había unha xeración que podía mirarnos de fronte, que podía escoitarnos e falarnos sen esperar guía ou liderado, nin pretender submisión ou seguimento. Entón, Marcos, a personaxe, xa non era necesario. A nova etapa na loita zapatista estaba lista.

É a nosa convicción e a nosa práctica que para revelarse e loitar non son necesarios nin líderes nin caudillos, nin mesías nin salvadores; para loitar só necesítase un pouco de vergoña, un tanto de dignidade e moita organización, o demais ou serve ao colectivo ou non serve.

Un exército de xigantes, é dicir, de indíxenas rebeldes, baixou ás cidades para co seu paso sacudir o mundo. Apenas uns días despois, co sangue d@s nos@s caíd@s aínda fresca nas rúas, decatámonos que os de fóra non nos vían. Afeitos a mirar dende arriba os indíxenas, non alzaban a mirada para mirarnos; afeitos a vernos humillad@s, o seu corazón non comprendía a nosa digna rebeldía. A súa mirada detivérase no único mestizo que viron con pasamontañas, é dicir, que non miraron. @s nosos xefes e xefas dixeron entón: “só ven o pequeno que son, fagamos a alguén tan pequeno coma eles, que a el o vexan e que por el nos vexan'”. Ese foi o nacemento de Marcos, froito dunha complexa manobra de distracción, un truco de maxia terrible e marabilloso, unha maliciosa xogada do corazón indíxena, que somos; a sabedoría indíxena desafiaba á modernidade nun dos seus bastións: os medios de comunicación”.

Difícil crer que vinte anos despois aquel  ¨nada para nós¨ resultase que non era unha consigna, unha frase boa para carteis e cancións, senón unha realidade, ¨La Realidad”

Se ser consecuente é un fracaso, entón a incongruencia é o camiño do éxito, a ruta do poder. Pero nós non queremos ir para alá, non nos interesa. Nestes parámetros, preferimos fracasar que triunfar.

Pensamos que é necesario que un de nós morra para que Galeano viva. Así que decidimos que Marcos debe de morrer hoxe.

 

Etiquetado

A MOSTRA DA BARBARIE RULA A VILAGARCÍA DE AROUSA

 

cartel MOSTRAdaBARBARIEA Mostra Rula, Rula, Rula.

Despois de ter sido exposta en Cangas, agora rula a Vilagarcía de Arousa, onde será inaugurada o Sábado 24 de Maio a partir das 19:00 e ata as 21:30 no local da CNT-AIT de Arousa.

Esta Mostra está a falarlle a quen quere, e a quen non quere tamén pero dun xeito negativo. É libre, é dicir de balde e feita coa liberdade que puideron alcanzar o anónimo colectivo da Mostra. E tamén unha acción que Galiza e a xente galega non acostuma ver polas súas galerías de Arte. Pois pouca xente na Galiza tense manifestado en contra do Arte e @ Artista como fai este colectivo.

Din que tamén estarán pinchando música o colectivo Post Amor e Rabia, que eu non me perdería. A saber por onde saen esta volta. Din tamén que haberá pinchos para que así sintámonos benvidos.

 

 

 

 

 

 

Etiquetado ,

LA MADEJA DE XIRA POR GALIZA

 

la madeja 4_peq

Hai un lugar máis común e colectivo que o amor? Cal é a linguaxe dos amores?

La Madeja volve un ano máis cun tema que desde fai tempo chámanos, róldanos e revoa entre nós: os amores. Eliximos falar dos amores -así, en plural- polo que o amor ten de común e colectivo, porque así se nos antolla término máis fuxidío e extenso, e porque cuestiona e pon en evidencia a sólida e case inamovible estrutura do singular e maiúsculo «Amor».
Non é fácil reflexionar sobre estes vínculos que nos ligan @s outr@s, sobre estas relacións que parecen tan naturais pero que da pouco imos descubrindo que son tamén consecuencia de procesos históricos, políticos, sociais pero sobre todo persoais: porque as relacións amorosas non están aí, dadas dunha vez e para sempre, senón que actualizan dun modo singular a historia e as forzas deses vínculos nos nosos corpos. Esta vira é entón unha aposta: trátase de pensar, deixar, soltar, crecer, re-inventar, imaxinar, confiar, sentir, compartir a crenza e a vivencia dos diversos modos en que amamos. Porque os amores nos con-moven, mobilízannos sempre xunto a outr@s.

Obradoiro amores

 

Mércores 14 de maio Presentación da Revista La Madeja
20:30hs Libraría Lila de Lilith (r/ Travessas, Compostela)

Xoves 15 de maio Presentación da Revista La Madeja
20:30hs CSA Cova dos Ratos (r/ Romil, Vigo)

Venres 16 de maio 16:00 ás 19:00hs Obradoiro “Investigando o invisíbel: amores e desamores nos movementos sociais”. CSAO Escárnio e Maldizer (r/ Algalia de Arriba, 11. Compostela)

Venres 16 de maio 20:30hs Presentación da Revista La Madeja na Casa da Farinha (Praza da Azcarraga, 6. Coruña)

[Para mellor organizarmos o obradoiro, agradecemos que confirmen a asistencia:
mariafidalgo_ba@riseup.net ou 687 368 314 (Mari Fidalgo). Para cubrir os custes de transporte das compañeiras de La Madeja solicitamos ás persoas asistentes ao obradoiro unha contribución de 5€. Naturalmente, quen non ten non paga, e será moito ben vinda á actividade.]

 

 

 

Etiquetado , ,

o xuizo de “oz” [barry miles]

oz2O mércores 23 de xuño de de 1971 celebrouse o xuízo máis longo por obscenidade de Gran Bretaña. Os tres acusados ( Jim Anderson, Richard Neville e Felix Dennis) foron acusados de ¨conspirar con outros mozos para producir unha revista que corrompese a moral dos nenos e os adolescentes¨ e “pretenderan xerar e implantar nas mentes deses adolescentes desexos luxuriosos e perversos¨. O xuízo era unha farsa, os contidos da revista eran tan inocentes que as sex shop do Soho nin tan sequera quererían distribuíla. En realidade, era un intento das autoridades de parar o crecemento da prensa underground e a difusión de ideas perniciosas en canto a liberdade sexual, os dereitos d@s escolar@s e outras nocións hippies.

Oz xa publicara un número titulado ¨homosexual Oz¨, editado por homosexuais, pero dirixido @s lector@s habituais da revista. O ¨Women’s Liberation Oz¨ editouno a autora feminista Germaine Greer. Ata crearan un ¨Flying Saucer Oz¨ (Platillo Volante Oz), editado por persoas que crían nesas cousas. O ¨School Kids Oz¨ editárono estudant@s, pero ía dirixido @s lector@s habituais de Oz. O Tribunal, como non, pensou que a revista ía dirixida @s nen@s, e ese foi un dos motivos principais da denuncia. Richard Neville representousea si mesmo. Dixo ao xurado ¨Unha das razóns polas que invitamos a vari@s adolescent@s a editar este número especial de Oz era o desexo de combater a tendencia xeneralizada a facelos calar. Interesábanos o que quixesen dicir . Pero non pretendiamos ser como os directores que censuran todo aquilo co que non comungan.

oz5Puxeron un anuncio para pedir a mozos e mozas de entre catorce e dezaoito anos que quixesen participar na edición de Oz, e ofrecéronlles liberdade para publicar o que quixesen. En xeral escribiron sobre o mal funcionamento do sistema educativo: os castigos arbitrarios, os profesores vingativos, os profesores que abusaban do seu alumnado e o sistema de avaliación. Como eran cativos, había moitas alusións sexuais, como un collage do oso Rupert Bear cun falo xigante que sacaran dunha tira cómica de Robert Crumb e pegáronlle ao animaliño.

oz9

Era fácil predicir cal sería o veredicto. O Xuíz Argyle fíxolles a vida imposible aos acusados, desde non deixarlles aprazar o xuízo cando faltaba un dos avogados a retelos en custodia para realizar informes sociais, médicos e mentais. Como era de esperar as melenas dos acusados foron peladas no cárcere. Caéronlles quince meses a cada un, e Neville estivo a piques de ser deportado a Australia, o seu lugar de orixe. Unha vez máis, rexeitouse o veredicto e de novo requiriuse unha apelación para anular as sentenzas e deixar libres aos Tres de Oz.

Etiquetado

jim keays-dirty,dirty

 

jim keays

Se non te das de conta de quen é Jim Keays, douche unha pista. Foi o cantante dos australianos Master’s Apprentices. Si, aquel grupo dos 60 e 70 que fixo uns discos que xa forman parte de esa contracultura colectiva que é o Rock pouco contaminado pola industria.

Agora no 2012 xuntase con xente de ese grupo You And I e edita este disco e fai xira con eles. O disco dende a primeira escoita quédaste con el e volves a escoitalo unha e outra vez. Funciona como un recopilatorio de moi boas cancións pois a maioría son versións de clásicos do rock. Jim Keays fai un percorrido polo mundo do rock underground e demostra que a industria e as enciclopedias non posúen a verdade. Haunted, Chamber Brothers, Steve Wynn, Flamin Groovies entre outras son versioneadas neste disco conquistando coas súas versións a última e definitiva versión, polo de agora por suposto.

Xa sabes, como sempre, pinchando na portada podes escoitalo.

Jim-Keays-300x300

 

 

Etiquetado

mostra da barbarie en cangas

MOSTRA

 

Este sábado, 5 de Abril, no Bar Fonte do Galo de Cangas, inaugurase a Mostra da Barbarie. Esta Mostra é unha mostra colectiva que foxe do profesionalismo e rexeita as etiquetas de ARTE e ARTISTA. Poucas accións como estas temos visto na Galiza.

A inauguración, de seguro que vai ser unha boa festa, sabendo o pan que coce o demo cando pinchan o colectivo post Amor e Rabia. Musiqueta pracenteira e ben elixida.

O Texto-Manifesto que nos presenta a mostra esta a resoar na miña cachola e se o leedes posiblemente na vosa. O Manifesto e o seguinte:

É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla  de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e  palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira en http://www.mostradabarbarie.wordpress.com

 

 

 

 

Etiquetado ,

crónica da ofensiva de primavera [class war]

classwar2

A primeira acción da campaña da primavera de Class War fixémola o 1 de marzo no hotel Grosvenor House. A ocasión déunola a celebración do «Baile do Cabalo e o Sabuxo», cita obrigada para todo tipo de debutantes, caciquiños e trepas locais. E ben, dado que era un lugar no que hai que deixarse ver, un intrépido grupo de anarquistas decidiu asistir tamén […] Empezaron a aparecer colegas e cando fomos como 40 decidimos que xa eramos bastantes e alá que nos plantamos. Suponse que só era unha manifestación, non unha pelexa, así que nos puxemos na porta principal cos pasamontañas. Empezamos despregando unha pancarta que dicía «Contemplade aos vosos futuros verdugos». Non nos gusta xogar con palabras.

Pronto empezaron a chegar ricachóns cos seus sombreiriños e os seus vestidiños de tempada. Empurróns, algunha patada ben situada, esgarros e algún que outro cascudo ben dado contribuíron a agrearlles a tarde a moitos […] A ofensiva de primavera de Class War empezara con bo pé, nunca mellor dito.

 

Etiquetado ,