pegadas

huelladigi_rfxhitby

“Durante gran parte da súa vida Walter Benjamin traballou na obra dos pasaxes, un titánico e inconcluso proxecto en torno a París. Non se fixou nas grandes personaxes e lugares da cidade, senón nas súas ruínas, construíndo unha historia de París a partir de rebelións pasadas, relatos de xentes pintorescas ou tolas, asasinatos, encontros azarosos, citas ou antigas pintadas. Durante os seus frecuentes paseos sentiu coma se as súas casas non estivesen feitas para seren habitadas senón para contemplalas e pasearse entre elas. Pero o que máis lle interesou foron os numerosos pasaxes que, como testemuñas doutro tempo, sobrevivían en diversos puntos da cidade. Ao atravesalos, o paseante podía ir dun punto a outro, dunha época pasada a outra posterior e dun concreto momento emocional a outro distinto. Benjamin escribiu centenares de páxinas. Sentíase pletórico: dera cun método.”

Servando Rocha

huelladigi_rfxhitby

Advertisements
%d bloggers like this: