sónicos

musica-10612

“Non creo que sexa nada novo dicir que a escena do rock’n’roll está feita un envurullo incrible, e que as cousas na nosa cultura non están en xeral nin preto de como tod@s sabemos que deberían estar. Refírome a que a música que nos chega, e as condicións en que a escoitamos, non se parecen en nada a como empezaron sendo, e que esas condicións cambiaron tanto que teñen cada vez menos que ver coa música e máis e máis que ver coa enfermidade e a cobiza da cultura da morte contra a que a música se sublevou orixinalmente, para liberarnos da máquina da morte e enfocarnos cara ás nosas posibilidades de human@s libres e converternos nun todo de novo.
O deber d@ revolucionari@ é facer a revolución. O deber d@ músic@ é facer música. Pero existe unha ecuación que non se debe esquecer: A MÚSICA É REVOLUCIÓN. O ROCK’N’ROLL É UNHA ARMA PARA A REVOLUCIÓN CULTURAL
Descubrimos que hai tres actividades humanas esenciais da maior importancia para todas as persoas, e que a xente está ben e sanda en proporción á súa implicación nestas actividades: o rock’n’roll, as drogas, e foder nas rúas!

John Sinclair

musica-10612

Advertisements
%d bloggers like this: