Arquivo por etiquetas: Coa calmiña da noite

darkside-psychic

darkside

Escoitar isto é toda unha experiencia. Cálmate, reláxate, ponte cómoda, abre as orellas apaga as luces, tómate algo se queres e flipa.

Unha autentica flipada que é o que nos gusta da música: que flipemos con ela. Non é verdade? A música fainos vivir sensacións que doutra forma non teríamos. A música fainos sentir un pracer que douto xeito non experimentariamos.

Pois ben este dúo emprega un montón de trebellos electrónicos, un montón de nova tecnoloxía para facernos flipar. Tamén unha guitarra tocada como se estivera somerxida no fondo dun pantano australiano. Tamén un tecladiño de vez en cando para darlle notas que é o que fai a voz que vai aparecendo pero que non chega a coller o protagonismo.

Ben, descoñezo o famosos, dentro do pequeno mundo da música alternativa, que están a facerse os Darkside con este o seu primeiro disco de larga duración. Supoño que estarán acadando a categoría de culto para unha minoría, supoño. E digo supoño porque as persoas que levamos un certo tempo escoitando música con atención xa estamos fartos de ler entrevistas, listas ou calquera cousa que teña que ver con prensa ou crítica musical. Esta aburridísima prensa que pretende saber máis que ninguén e que pretende orientar os nosos gustos cara unha moda tan subxectiva como son os gustos ou as conexións de cada persoa. O que si facemos é escoitar as nosas amistades cando nos falan da música que lles pon.

A min os Darkside ponme, dende a primeira vez que os escoitei chamáronme a atención e agora cada vez os poño máis veces. É ese pracer de ir enganchándote ate que xa o aprendes de memoria, ou case.

Dígoo como unha amiga, escoita este disco pinchando na portada!

Psychic       ou en FLAC    Psychic

 

Advertisements
Etiquetado ,

julian cope-revolutionary suicide

julian cope

Este é o último disco de Julian Cope. Xa sei que de o bo de Julian pódese agardar calquera cousa ou máis ben non se sabe que agardar. O tipo é imprevisible. Xa sei que non vos estou decir nada novo. Este disco segue un pouco o camiño do anterior colectivo de seu Black Sheep, un pouco de folk, acústica, simulacro drone, acordes coñecidos, un pouco tamén de electrónica e de contado cancións con títulos tan suxerentes como: Hymn To The Odin, The Armenian Genocide, Mexican Revolution Blues, They Were On Hard Drugs ou Destroy Religion. A min dende que escoitei o seu disco You Gotta Problem With Me, tenme esganchada. Para escoitar con calmiña, sen presas.

Julian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary SuicideouJulian Cope - Revolutionary Suicide

Etiquetado ,