Arquivo por etiquetas: contracultura

traspasar o limiar [Stefan Wisniewski]

raf1

Para contar como fun parar a Rote Armee Fraktion (RAF-Fracción do Exército Vermello-), primeiro teño que explicar como cheguei ao movemento antiautoritario. Eu nacín e crieime nos anos cincuenta nun pequeno e idílico pobo da Selva Negra, fillo dun preso polaco condenado a traballos forzados. Ningunha historia espectacular; en Polonia só sería un/unha entre cen mil, pero neste pobo a miña nai inculcábame: «Non se che ocorra explicar nada da historia do teu pai, si non terás problemas». Naquel lugar había algúns antigos homes das SS e das SA e simpatizantes, que formaban parte dos cidadáns máis respectados. O meu pai só sobreviviu oito anos á «morte a través do traballo» trala súa liberación do campo de concentración; eu entón era aínda un bebé e a miña irmá estaba en camiño. A miña nai queríame educar sen odio. Pero «calar», aínda que fose con boa intención, tampouco era a solución. Sexa como fose, por diferentes causas estiven internado durante un período curto nun centro para mozos «difíciles». A maioría dos nenos de alí procedían das capas sociais máis baixas, moitos de cor, fillos de antigos soldados norteamericanos, tamén había xitanos e ata un mozo de orixe polaco. No centro debiamos aprender un oficio, con mestres que nos trataban con expresións como: «Con Hitler cortariamos polo san convosco». Sete veces escapeime de alí nun ano, e algunhas veces fun capturado de novo tras aventuradas persecucións da policía. Cando por fin puiden deixar isto atrás, coa axuda da miña nai, funme a Hamburgo e alí fíxenme á mar. Non era nada romántico; deste xeito coñecín a miseria no Terceiro Mundo, cando nos portos africanos, homes maiores viñan a bordo e ofrecían ás súas mulleres a cambio de restos de comida. A xente que non senta vergoña ante isto, deberíaselle botar como alimento ás quenllas. Quedeime logo en Hamburgo, realicei diferentes traballos e fun á escola nocturna.

Tiña case vinte anos. En cada unha destas fases tamén podería ter ido por camiños moi diferentes, pero para min foi decisivo o movemento antiautoritario: as novas formas de vivir, vivendas en comunidade, a música dos Stones, pelo longo; todo isto tiña unha grande atracción sobre min. A isto engadíuselle o socialismo e outras teorías revolucionarias, sobre todo o novo sentido da xustiza nacido da revolta. Frecuentei un grupo do Socorro Vermello, participei na okupación dunha casa, na rúa Eckhoff.

 

Eramos activistas, pero tamén realizabamos traballos sociais cos sen teito ou con nen@s de centros de acollida. A policía e a prensa de Springer botáronse xuntos sobre nós -algúns/algunhas tiveron que ir un ano ao cárcere, e foi unha casualidade que eu non estivese entre el@s-. Neses tempos tiñamos a sensación de que realmente aínda podíamos cambiar algo, aínda que xa se debuxaba o retroceso do 68 e o aparello represor golpeaba cada vez con máis forza.

raf

Con este trasfondo, a RAF parecíanos especialmente digna de crédito; á fin e ao cabo, @s camaradas poñían as súas vidas en xogo polas súas conviccións. Predominaba un acoso incrible, cando foron detidas as primeiras persoas da RAF. Xa só por iso pensamos: aí ten que haber algo si acósaselles tanto. Foron moitas motivacións diferentes as que no meu caso leváronme a interesarme pola RAF. Pero o meu primeiro paso foi irme a Berlín.

Era o ano 1974 e nunca esquecerei aquela época na que estiven no centro xuvenil, na rúa Postdamer. Estaba en marcha a folga de fame.

Mobilizaramos, desde Amnistía Internacional ata ó párroco Albertz, todo o que se podía mobilizar. Eu estaba alí, nese centro xuvenil, encima da mesa -non había tarimas- e estaba dando un discurso.

Nese momento entra alguén e di: Holger morreu. A min -e non só a min- saltáronme as bágoas.

Algúns/algunhas, que polo demais se consideraban máis ben críticos coa RAF, empezaron enseguida a facer cócteles molotov e fómonos directos cara á Ku’damm.

Cando estes empezan a matar @s pres@s ou deixan que podrezan, entón tense que facer outra cousa, pensabamos nós. Todo o que eu fixera relacionado cos presos políticos volveuse, simplemente, ineficaz. Así non se podía seguir. A miña última actividade política na legalidade foi participar na organización do enterro de Holger Meins. Isto significou para min o traspaso dun limiar.

Etiquetado

KOMMUNE 1 E 2, E OS REBELDES DO HACHÍS [WU MING 6]

kommune 2

 Agtun baby, agtun!

Die Kommune 1 oder K1 war die erste politisch motivierte wohngemeinschaft in Deutschland. Sie wurde am 1 de xaneiro de 1967 in Berlin gegründet und löste sich im Novembro 1968 endgültig auf. Die Kommune 1 entstand als Gegenreaktion auf dean Zeitgeist der deutschen 60er-Jahre, in der sehr konservative Moralvorstellungen herrschten, insbesondere bzgl. der geschlechterrolle sowie der Sexualmoral. Deus! como impón este idioma. Podería afirmar rotundamente que se afirman grandes sucesos e simplemente descríbese a uns deustch trastornaten, variante alemá do disperso mundo das guerrillas culturais, que se divertiron tanto como @s nos@s amig@s @s provos e @s indiani.

1. A cociña creativa da Kommune 1: O atentado do flan

Xoves, 6 de abril de 1967. A policía irrompe no “Taller do terror”. Unha sustancia viscosa. Que carallo é isto? E os explosivos, Klaus? Os químicos da policía necesitaron tres días para descubrir de que materia estaba constituído o suposto “material explosivo”. O diario Bild de Axel Springer en grandes titulares: “Planeado en Berlín atentado con bomba ao vicepresidente de Estados Unidos». Fritz Teufel, Rainer Langhans e a sardónica compañía, tamén membros da Kommune 1 (K 1), centro de espanto dos bos cidadáns, coceran dez quilos de pos de flan xunto a colorantes e a fariña para producir a bomba de calorías máis doce para presidentes de EEUU. Ninguén lles agradeceu esta amable homenaxe ao vicepresidente Hubert H. Humphrey, quen declarara en público que o flan era a súa sobremesa preferida. A acusación non foi outra que a de terse “reunido con fins conspiradores”. Aínda que fóra con intencións gastronómicas. Os articulistas reenchían as súas opinións e editoriais co ingrediente da semana. O atentado “do flan” saltou á prensa de todos os países. Ata entón a produción de sobremesas nunca fora considerada terrorismo. Aínda que esta iniciativa de Dieter Kunzelmann ao final resultou ser un comezo errado, marcou durante moito tempo a imaxe pública do movemento antiautoritario kommuneuno. Seguir lendo

Etiquetado ,