Arquivo por etiquetas: dalle volumen

DEAD MOON-In the Graveyard, Unknown Passage, Defiance

deadmoon

Ei compas! Hai grupos e grupos pero Dead Moon ocupan unha grande parte da miña consciencia. Levo escoitándoos dende o século pasado e aínda seguen poñéndome. Teño camiseta e parche e meu computador ten a lúa de Dead Moon como fondo de pantalla. O nome, que ven dunha visión da lúa nunha viaxe polo deserto, foi idea de Fred Cole e a súa compañeira Toody que xunta a Andrew, o batería, forman o trío. Pois iso, unha guitarra, un baixo, unha batería, e un cacho de boas cancións que transmiten un sentimento orixinal e autentico. Unha humilde pero autentica banda de autentico Rock’n’Roll. Eso é Dead Moon, non demasiado, pensarás, pero moito mais que todas esas bandas perdidas no circo de luces, espectáculo ou personalidades imposibles que tocan para elites ou xente entendida. INDEPENDENCIA.

Vin a Dead Moon varias veces en directo e sen ningunha montaxe superflua, baixo, guitarra e batería reducida á mínima expresión, encarnaban a nudez máxima do Rock’n’Roll. E que non precisaban de nada máis. Con o seu peculiar xeito de tomar o escenario coa batería no medio e diante, en primeira liña, unhas candeas prendidas en botellas de bourbon e un pouco de cervexa sobre a caixa que saltaba polo aire duchándonos a parte da audiencia cando Andrew a golpeaba, ían sobrados. Puro pracer e éxtase colectivo para as persoas que amamos a banda. Como dixo Toddy “as túas paixóns non cambian só porque che fagas maior. Creo que o máis importante para nós son as grandes cancións que fai Fred e que amamos estar no escenario recreándoas”. ACTITUDE.

dm3

Ademais promoven unha cooperativa, Tombstone Records. onde editan todos os seus discos. “Sempre quixemos gravar discos no noso propio selo independente. Chamamos ao selo Tombstone, como a nosa tenda de instrumentos. Ao principio pensamos en gravar soamente discos para Dead Moon, pero enseguida outras bandas locais pedíronnos axuda para rexistrar os seus primeiros discos. Tombstone é unha cooperativa de músicos e músicas na que cada banda paga os gastos de gravación e prensaxe, e nós axudamos coa distribución e vendas por correo.¨ AUTOXESTIÓN.

Recentemente unha nova e estupenda banda A Place To Bury Strangers, o grupo máis ruidoso de New York, editaron un disco exclusivamente de versións de Dead Moon. Pearl Jam teñen versionado algunhas cancións e a prensa musical eloxia ao grupo. Isto non sempre foi así, a prensa rexeitou e fixo moi malas críticas dos seus primeiros discos, por moito que agora, e dende fai xa uns anos, queiran darnos leccións mestras de rock. Non pasou o mesmo co pequeno grupo de xente e músicos que sempre recoñeceron ao grupo como unha marabilla, Cynics, Mono Men, Nomads, Cheater Slicks, Roy Loney … e aquel grande axitador que foi Kike Turmix. PAIXÓN.

dead moon 2

Dead Moon comezan no ano 1987 o ano en que rematan a súa andaina os australianos Scientists de Kim Salmon deixando preparada así a chegada do grunge. Entre ese ano e a edición do Nevermind de Nirvana que sacaría do underground a todo un movemento de boas bandas entregándoas á industria e polo tanto a súa destrución e deshumanización, Dead Moon sacan os seus tres primeiros discos In the Graveyard (1988), Unknown Passage (1989), Defiance (1990) en rigoroso branco e negro, con son mono e na súa propia casa discográfica. Isto é o que te ofrecemos pinchando nas portadas dos discos, iso si, agora remasterizados.

dm4

Etiquetado ,

psychic tv-snakes

ptv2

Psychic TV é un dos grupos de Genesis P-Orridge. Genesis P-Orridge é algo así como un moi inquedo terrorista cultural. Leva dende os anos 70 cuestionando o concepto de arte de moi diversas formas, música, performance, exposicións, escritura, teatro, cine, prácticas espirituais… revelando a cultura oculta da clase traballadora, aquela que existe por debaixo do aparente. A súa vida é consecuente con o seu facer, rexeitando toda convención social e queimando o vello mundo. Un exemplo do radicalismo polo que camiña, foi o que experimentou coa súa musa é compañeira Lady Jaye, ao crear o que chamaron o “Pandróxino”: unha soa entidade que transcende o xénero e a individualidade, a unión do feminino e o masculino con todas as cousas, ou a unión total dos xéneros.. Genesis-P-Orridge-1Ela alterou o seu nariz e queixo para que se parecesen máis ás del; el alterouse pómulos e fazulas para achegarse ao contorno facial da súa amada. Logo viñeron os implantes nos peitos, maquillaxe, peiteado, vestidos, hormonas e máis operacións. Como di o propio Genesis P-Orridge: “a Pandroxenia trátase da unión dos opostos, a través desa reunión, a transcendencia do binario e esta ilusión, dun sistema social polarizado”. Todo elo motivado por un profundo amor. Lady Jaye morreu no 2007.

Genesis-P-Orridge-13

Cando o pasado Setembro ía cara un concerto de Psychic TV, sen lembrar ter escoitado o grupo, pensaba que posiblemente sería un concerto interesante, que ía ser unha música machacadora entre industrial e electrónica, que o mellor ía estar nas letras das cancións, pero que de todos xeitos pagaba a pena ver o que facían esa xente tan colgada. Erraba. Cando saíron a o escenario comezou unha fermosísima experiencia espiritual a que fúmonos sumando o público pouco a pouco ata chegar a unha verdadeira comunión co grupo. O xeito de vida consumista coa súa mercantilización do tempo libre fai que as persoas so teñamos experiencias materialistas. Así o arte, por exemplo, converteuse nunha industria que proscribiu ao irracional, ao espiritual, esa necesidade humana pola que podemos equilibrarnos. ptv4Coa morte dos deuses, dos que xa sabemos que están as ordes do poder establecido, unha parte da poboación occidental busca nas relixións primitivas ou lonxanas, nas tradicións ancestrais, no universo, ou en outras transcendencias satifacer esa espiritualidade perdida. É a poboación occidental, co seu característico superego individualista, créndose o centro do mundo. Buscando, cada individualidade, a súa propia redención atopan novos deuses que seguen permitindo a inxustiza, a guerra, o dogma, e esquécense de todo condicionamento materialista, económico, opresivo ou de clase. Esquécense da moral que obriga a enfrontarnos ao sistema. Esquécense que non todas as persoas somos iguais. Esquécense de quen son a raíz do mal.

O concerto de Psychic TV foi unha experiencia espiritual, como todo o que nos enche dun gozo profundo, irracional e comunal. Foi fermosísimo pois o fío condutor non era outro que o amor. Había ese algo na música, na seguridade e firmeza coa que tocaban, que fainos sentir, emocionarnnos, achegarnos ao pracer e a felicidade. Transmitir iso só pode facelo alguén que encamiñe a súa vida cara elo e goce desas experiencias, por si mesmo. 18.A Psychic TV (2 de 2)Genesis P-Orridge semellaba un vello hippie saído da comuna do amor, da comuna que queimara o vello fogar, da irredutible comuna contestataria. Con modestia e sen grandes artificios sucédense as cancións e imos elevándonos máis e máis. Mágoa que non rularan por alí uns puros Sandoz, daqueles que facía directamente Albert Hoffman no laboratorio suízo, que durante un tempo, moi pouco, podíanse atopar naqueles Human Be-In que revolucionaron a xuventude da década dos 60. Hoffman aseguraba que unha boa experiencia con LSD acurtaba o camiño do autocoñecemento e abría de tal xeito as percepcións que achegabanos á comprensión do que nos rodea. Era unha ferramenta que aforraba moito do tortuoso e lento camiño do estudo ou da meditación.

Psychic TV presentaban o seu novo disco Snakes e sorprenderon a o público. As cancións eran descoñecidas, xa que logo, o disco aínda non mirara a luz. Vaivos resultar difícil gozalo coma min, se que non estivestes no conceratazo, pero podedes intentalo pinchando na imaxe da súa portada.

cover

Etiquetado , ,

bo ningen-line the wall

BoNingen-©RosarioLopez-FlashesAndSoundsSQue fai uns anos fixeran unha xira conxunta con John Sinclair e Lydia Lunch (acompañada dos Gallon Drunk baixo o nome conxunto de Big Sexy Noise) xa debería sobrar para achegarnos a Bo Ningen.

O que vas topar neste disco déixote que o definas ti, se tes a ousadía. Pola miña parte so dicir que é un disco moi intenso. Publicado no 2012, danos unhas pistas de por onde está a transcorrer a música de alta enerxía no presente. Neste caso no Xapón.

Que unha personaxe de culto a partir dos anos 60 como John Sinclair, ou que outra persoaxe de culto a partir de finais dos 70 como Lydia Lunch, ou que un grupo de culto dos 90 como Gallon Drunk fagan unha xira para presentarnos a Bo Ningen non debería significar nada se é que o grupo non da a talla. Pero podería significar moito se é que o grupo superara incluso a quen o presentan. Cal das dúas opcións e a correcta? Hai outras opcións? Escoita aquí o seu segundo disco Line The Wall e disfruta.

 

Bo-Ningen

Etiquetado ,

tom robinson band-power in the darkness

Tom Robinson Band, O rock de protesto está de volta ás paradas - Pop 1979-07

Porque a escena do rock ten esquecida a Tom Robinson Band? Non o sei, ni tan sequera sei se isto é certo, mais eu sei desta banda dende fai pouco tempo e, maldita sexa!, non imos esquecela por máis tempo.

Podería ser que non a lembremos porque a banda formouse alá polo ano 1977 ou 78 e a nosa fráxil memoria non chegue tan aló. Isto sería unha mala escusa pois daquela época, a penúltima era dourada do rock, lembramos moitas bandas.

Tamén podería ser que este o seu primeiro Lp pasara desapercibido na época. Cousa esta que non é certa pois chegou a estar nas listas de éxitos inglesas ou ser portada do Melody Maker ou o New Musical Express.

Ou tamén podería ser que a súa música fose un mal produto da época. Nada máis lonxe da realidade, xa que logo, a súa música chéganos hoxe en día sen erosionarse polo paso do tempo e descubrimos un disco vibrante, vivo e cheo de emocións e sinceridade.

trbcartel

Eu coido que se esta esquecida é sobre todo por dúas cousas.

Unha é por que de todas as bandas con orientación política da época, Clash, Stiff Little Fingers, Gang Of Four, ou calquera outra que queirades, ningunha foi máis política que a TRB, se non contamos a Crass, aínda que os Crass déronse a coñecer un pouco máis tarde. As súas letras queiman de apocalípticas visións da revolución que esta a piques de chegar e tamén están cheas de rabia e odio a todas as clases de inxustiza. Todo isto ademais era compartido por unha grande parte da clase obreira e da xuventude daquela época, sobre todo na Gran Bretaña.

A outra é pola militancia gay de Tom Robinson. Xa sabemos que o mundo do rock, desgrazadamente, é machista. O machismo no rock e un reflexo da sociedade na que transcorre pero, afortunadamente, o rock vai desterrando estas actitudes máis rápido que a sociedade e dun xeito diferente a esta. Dun xeito antidogmático tal e como fixo a TRB.

Así a todo, un dos -moitos- mellores discos de Rock de todos os tempos que agora podes escoitar aquí :

tom rob band

Etiquetado ,

King Gizzard & The Lizard Wizard-Float Along – Fill Your Lungs

kg1

Estes australianos veñen de facer un dos discos máis gostosos do ano. Se no seu anterior disco non lles collera a onda neste engancháronme dende a primeira escoita. Se aínda non estas enterad@ de que hai moitas bandas que están a renovar o rock psicodélico, engadíndolle novas perspectivas, con este disco saberás de que vai esa movida. Só a canción que abre o disco “Head on/ Pill” mete tal furonazo que unha vez escoitada poderás falar de neopsicodelia coma unha persoa erudita. Os 16 minutos que dura a canción son unha constante viaxe pola beira máis salvaxe. Despois cancións máis cortas, coa duración axeitada da música rock que unha tras outra mostrannos o gran potencial destes australianos. Estas cancións seguen sendo un furonazo tras outro. así que non o dubides e escoitalo aqui:

King-Gizzard-300x300 ou King-Gizzard-300x300 ou King-Gizzard-300x300 

 ou en FLAC   King-Gizzard-300x300

 

Etiquetado ,

A.R.E. WEAPONS-MODERN MAYHEM

are weapons

Como me presta este disco. Unha banda, unha pandilla, fantástica, salvaxe e libre.

Este disco amosa cancións fantásticas e salvaxes; tamen libres. Libres de prexuizos, libres de estilo, libres de etiquetas, tremendamente libres.

Esa liberdade dálles un caracter  altamente creativo que engancha, concentra a túa atención e dá pracer.

Se dín que os Suicide foron pioneiros do punk, a os A.R.E. Weapons pásalles outro tanto. Que finalidade ten poñerlle unha etiqueta?  Posiblemente, no mellor dos casos e pensando ben da xente, etiquétase para comunicarnos, crear unha linguaxe e uns símbolos que permitan diferenciar e identificarnos. De todos xeitos, as mellores etiquetas son as que enganan. Os etiquetados para os Suicide e tamen para os A.R.E. Weapons sempre enganaran. 

Veña! a deixarse de lerias! A escoitar e pasalo ben.

COVER

Etiquetado

novo disco dos wooden shjips en novembro

WoodenShjips_berlin_web1

Non pretendemos aquí entrar no pesadelo das carreiras polas novidades. Non, a medida actual do tempo é nociva. É a medida da merda, a medida do valor-diñeiro que vai rematar aos basureros tras un breve periodo. Todo tirase ao lixo se non é novo. A enfirmidade do consumo de merda para ansiolitic@s.

Os Wooden Shjips levan xa tempo dando pracer. A sua música viaxa polo tempo. A psicodelia dos 60, o krautrock dos 70, a melodía dos grupos ruidosos dos 80 e 90, o singular xeito de cantar do primeiro electro-punk ala polo 77. Os Doors, Amon Duul II, Os Jesus & Mary Chain, Suicide, Loop, a inmediatez do punk, outra volta de torca ao garaxe que alucinou durante os 80 e 90, en fín case de todo.

Xa, pero os Wooden Shjips teñen o seu propio estilo, non é que sexan orixinais, no senso do imperativo novidoso para seren escoitados na nova moda consumista, non, o que pasa é que teñen unha grande personalidade.

Este disco vai sair en Novembro, e deberías escoitar os anteriores antes de escoitar este. Eu coido que este disco é o seu disco mais accesible ata a data. 

Música feita por xente flipada para xente flipada. Flipa, compa, flipa e pincha nunha das imaxes de aquí abaixo para escoitalo. boa viaxe!.       

 wooden back to land              wooden back to land

Etiquetado

the monsters- pop up yours

monsters 12b

Irmás e Irmáns, compañeiros e compañeiras, camaradas! prepararvos para recibir nos vosos corpos unha das maiores descargas sónicas que endexamais teñades ouvido. Preparade as orellas, darlle volume ao aparato, compartir este volume coa veciñanza e danzade, danzade ata non poderes máis.

 monstersfont

Dúas baterías, un baixista demoledor xunto ao impresentable, o indomable, o maldito, o reverendo do lixo, o Reverendo Beat-Man.

Escoitade, escoitade a súa palabra: Que te fodan xesús, que te fodan oh deus. Salvade a alma para o inferno. Blow um mau mau.

monsters11

Arrepentirvos de non vivir para o pecado. Escoitade, escoitade a súa palabra: Podedes dicir moito máis nunha palabra que en un millón delas. O que importa e como dicides a palabra. É o que nos facemos, non temos letras superintelectuais mais dicimos algo. Iso é algo que o mundo precisa. Menos bla-bla-bla, máis acción, reacción e revolución.

monsters portada

Etiquetado ,

RAMBÓIA FEST 2013- barcelos

rambc3b3ia-fest

 

           Un festival de tamaño humano, un festival no que as bandas son reais, un festval con entrada livre e un cartaz con estupendas bandas.

 

1237919_525591860851373_1737872158_n

Non vos enganar por non coñecer as bandas. As bandas portuguesas e a “escea” portuguesa a día de hoxe e do mellor que hai. Este festi é unha das mellores ocasións para comprobalo. Black Bombain fan unha especie de stoner ou psicodelia dura dende Lisboa, Mother Abyss son de Viana do Castelo ou o black metal de Alchemist. E por si foura pouco, que non o é, só coas bandas portuguesas chegaba, tamén te mos unha parte intercionalista con os coñecidos Jucifer, dúo de yankilandia que grabou xa para selos tan emblemáticos como Relapse ou Alternative Tentacles. Dende Rennes Brain Pyramid coa súa neopsicodeliahardblues…. e dende a Galiza The Cobras.

 

 

Etiquetado ,

les rallizes denudes- heavier than a death in the family

Imaxe

Mimá! non hai quen se aclare co etiquetado deste grupo. Que si avant-garde, que si noise, que si experimental, que si psicodelia, que si doom, que si stoner, que si heavy-fuzz… eu que sei. A verdade é que son inclasificables. Estes Xapos deberían ser coñecidos por toda aquela persoa amante da distorsión, por seren uns pioneiros. Lembro de ler na década dos 90 que o ruído e a distorsión era onde dirixíase o novo rock daquela década. Fora verdade ou non, estes Xapos adiantáronse unhas décadas e fixérono moi ben. Puriño zumbido para as orellas. lrd

Pois ben o seu disco Heavier Than A Death In Family reúne unhas cantas cancións gravadas entre 1973 a 1979. O grupo nunca fixo un disco como tal mais a súa influencia fixo que co tempo editáranse directos, piratas e demais. Grupos  Xapos como Boris, Acid Mothers Temple, High Rise, seguro que beberon dos seus concertos, e se paramos a pensar na radicalidade do rock Xaponés de bandas como Guitar Wolf ou Teengenerate ou Thee Michelle Gun Elephant imaxinámonos a adolescentes Xaponeses drogándose con Les Reallizes Desnudes. Proba ti tamén

Folder

 

Etiquetado ,