Arquivo por etiquetas: inauguración

A MOSTRA DA BARBARIE DISPARA EN PONTEAREAS

cartel MOSTRAdaBARBARIEPONTE
Tres balas negras de plomo.

Se a primeira bala diparámola no Morrazo e a segunda en Arousa, esta terceira a dispararemos no Condado. Será o Sábado 5 de Xullo partir das 20:00, e durante toda a noite, no C.S.A. O Fresco de Ponteareas onde inauguraremos a Mostra Da Barbarie cunha pequena festa para que vos sintades benvid@s.

Tres balas negras de plomo.

Grazas a complicidade de tres colectivos, cadanseu coa súa bala, é posible a exposición da Mostra da Barbarie no Condado. Unha bala disparada polo Ateneo Libertario Lume Negro, outra polo C.S.A. O Fresco e a outra polo colectivo da Mostra da Barbarie.

E por suposto, se podedes rular isto por ahí, nos encantad@s e agradecid@s.

http://mostradabarbarie.wordpress.com/

Unha Aperta!

Colectivo da Mostra da Barbarie

 

Advertisements
Etiquetado ,

A MOSTRA DA BARBARIE RULA A VILAGARCÍA DE AROUSA

 

cartel MOSTRAdaBARBARIEA Mostra Rula, Rula, Rula.

Despois de ter sido exposta en Cangas, agora rula a Vilagarcía de Arousa, onde será inaugurada o Sábado 24 de Maio a partir das 19:00 e ata as 21:30 no local da CNT-AIT de Arousa.

Esta Mostra está a falarlle a quen quere, e a quen non quere tamén pero dun xeito negativo. É libre, é dicir de balde e feita coa liberdade que puideron alcanzar o anónimo colectivo da Mostra. E tamén unha acción que Galiza e a xente galega non acostuma ver polas súas galerías de Arte. Pois pouca xente na Galiza tense manifestado en contra do Arte e @ Artista como fai este colectivo.

Din que tamén estarán pinchando música o colectivo Post Amor e Rabia, que eu non me perdería. A saber por onde saen esta volta. Din tamén que haberá pinchos para que así sintámonos benvidos.

 

 

 

 

 

 

Etiquetado ,

mostra da barbarie en cangas

MOSTRA

 

Este sábado, 5 de Abril, no Bar Fonte do Galo de Cangas, inaugurase a Mostra da Barbarie. Esta Mostra é unha mostra colectiva que foxe do profesionalismo e rexeita as etiquetas de ARTE e ARTISTA. Poucas accións como estas temos visto na Galiza.

A inauguración, de seguro que vai ser unha boa festa, sabendo o pan que coce o demo cando pinchan o colectivo post Amor e Rabia. Musiqueta pracenteira e ben elixida.

O Texto-Manifesto que nos presenta a mostra esta a resoar na miña cachola e se o leedes posiblemente na vosa. O Manifesto e o seguinte:

É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla  de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e  palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira en http://www.mostradabarbarie.wordpress.com

 

 

 

 

Etiquetado ,

artefactolaf no halcon milenario de vigo

Cartel_Exposici_n_El_Halc_n_MilenarioO vindeiro venres 21 de marzo ás 20:30 inaugúrase a cuarta tempada do Halcón Milenario coa obra de Olaf Ladousse.

De orixe incerta aínda que definitivamente europeo, e residente no barrio madrileño de Malasaña, onde vive e traballa, este deseñador industrial de formación pero ilustrador e músico vocacional leva máis de 20 anos buscándose o pan no mundo da arte.

Desde o ano 1992 en que chegou a España, publica anualmente un número do fanzine ¡Que suerte! Un dos máis lonxevos do país e no que participaron debuxantes nacionais e internacionais tan ilustres como Mauro Entrialgo, Liniers, Calpurnio, Víctor Aparicio ou Álvarez Rabo.

En ARTEFACTOLAF, nome da mostra que se poderá ver por primeira vez en Vigo, atoparemos serigrafías, un neon, gravados elaborados coa técnica do linóleo e varios Doo rags, pequenos enxeños sonoros elaborados a partir da reciclaxe de todo tipo de obxectos: xoguetes electrónicos, latas, secadores, conos de estrada ou bidóns de auga. O resultado son uns aparellos entre o pop, a ciencia ficción e un certo espírito cañí, cos que se consegue sons do máis variopinto.

Precisamente estes últimos forman parte do set de Los Caballos de Düsseldorf, un dos múltiples proxectos de Olaf, orixinado fai varios anos para acompañar algunhas das actuacións de Víctor Coyote e co que xirou por Xapón, Estados Unidos e México, recalando no 2009 na Fundación Luís Seoane de Coruña dentro da exposición “Debuxo Animado Norteamericano”.

Como parte da exposición poderemos gozar en directo da inclasificable “música a pilas” de Los Caballos de Düsseldorf cunha actuación ás 22:00 o mesmo día da inauguración.

A mostra estará aberta os venres 21 e 28 de Marzo e 4 e 11 de Abril en horario de 20:30 a 23:30.

Etiquetado ,

don rogelio j no halcon milenario

don rogelio j

O vindeiro venres día 13 de setembro inaugurase nova expo, esta vez Don Rogelio desde Valencia coas súas ilustracións, debuxos e obra gráfica influenciada polo mundo do Rock and Roll…como sempre a partir das 20:30…

Profesional do Underground. Licenciado por erro en BBAA 2000-2005 (Valencia). Debuxante, cartelista, deseñador, ilustrador, historietista, tatuador profesional, retratista, editor, pai e malia todo, algo parecido a un xuglar eléctrico. Todo integramente unido polo empaste do Rock & Roll e a cultura lixo. 

Don Rogelio J. é a acción inmediata. Os adxetivos que mais caracterizan a súa obra serían forza e entusiasmo.

É precisamente este estar presente en diferentes medios o que fai da súa obra algo particular, facendo que vaia da imaxe ao son e do son á imaxe a toda velocidade, vinculando referentes, iconos e códigos de dous dos mundos mais ricos da cultura popular: o rock e a ilustración.

Etiquetado