Arquivo por etiquetas: poesía

recital poético-músical na casa colorida de Nigrán

recital

nova viaxe ao país

da nubes na casa colorida

viaxe ao país das

nubes

versos e recitado

manolo pipas

músicas e canto

servando barreiro

será o venres 29

na casa colorida de

Nigrán

rúa rosalía de castro

16

as nove da noite lúa

minguante

dúas voces

e unha guitarra

e mestizas

historias dos libros

viaxe ao

pais das nubes e a milpa e o paliacate

ilustrados

por pedro currás e eva castro

da cidade

de méxico á rexión de oaxaca

de atenco

ás comunidades zapatistas

do

altiplano do centro ás montañas do sur

das pobres

barriadas mestizas

Froito da colaboração entre o músico Servando Barreiro e o poeta Manolo Pipas e baseado nos livros deste último: “Viaxe ao pais das nubes” e “A milpa e o paliacate” (nacidos da súa experiência de vários viagens e estâncias em terras de Oaxaca, Chiapas e o Anahuac, no centro de México, libros ilustrados por Pedro Currás e Eva Castro), derom como resultado este trabalho a dúas vozes e umha guitarra, onde as histórias e poemas de Manolo Pipas mesturam-se com os acordes e o canto de Servando Barreiro.

Etiquetado

LeRoi Jones alias Amiri Baraka

leroi jones

A vida de Leroi Jones (alias Amiri Baraka) virou en torno aos barrios do Greenwich Village e o Harlem norteamericanos. Pero os seus “outros territorios” foron poboados por unha frecuente mestura de nacionalismo negro radical, marxismo, e islamismo. De feito, Jones é un dos personaxes máis polémicos de Estados Unidos, tendo ocupado o seu nome boa parte dos sucesos máis drásticos e violentos das catro últimas décadas na historia daquel país.

Nacido en Newark, New Jersey, pronto entrou en contacto e participou activamente na cultura beat de entón, frecuentando locais de jazz e de música negra ( da cal é un experto e publicou varias obras de referencia). Nos sesenta publicou o seu primeiro libro de poesía onde se podía xa apreciar a radicalidade extrema do seu pensamento e o claro peso que a temática en torno á “conciencia negra” na arte e a cultura ía tendo nel.

Dous feitos marcaron profundamente a súa personalidade. Por unha banda, en 1961 visitou Cuba e, en torno a ese ano, coñeceu persoalmente a Robert Williams, o primeiro negro que formou grupos armados de autodefensa negra, antes da aparición de organizacións como o Black Panther Party ou, durante os setenta, a Black Liberation Army. Firmemente co fin de rematar coa alienación negra no terreo das artes, en 1964 fundou Black Arts Repertory Theatre, en Harlem, por medio do cal difundiuse a “estética negra” na arte. No entanto, un acontecemento marcou a traxectoria de Jones para sempre, igual que a de moitos outras persoas negras activistas: en febreiro de 1965 o líder negro Malcom X foi asasinado durante un mitin.


En 1967 convértese ao islam, grazas á poderosa influencia do líder Mulana Karenga, cambiando o seu nome polo de Amiri Baraka.


O seu activismo negro incomoda ás autoridades, unido á súa carisma. Grupos anarquistas como os Up Against the wall, Motherfuckers!, adoptan o seu nome a partir dun dos seus poemas e convérteno nunha referencia política innegable. Un Motherfucker, nun acto de lectura de poemas, esgrimiu unha pistola falsa mentres apuntaba ao conferenciante e gritaba “
poetry is revolution!”.


Ao través da vida de Jones podemos comprender a traxectoria de numerosas persoas negras americanas en torno aos profundos cambios que sacudiron o país e as distintas opcións liberacionistas que escolleron (separatismo, autoxestión, non violencia, acción armada…)


Nesta entrada incluímos o polémico poema 
Alguén fixo estalar EE.UU, a propósito do 11-S e que foi denunciado por organizacións ultraconsevadoras e acentuado de antiamericano e conspiracionista, provocando un maiúsculo escándalo.

Seguir lendo

Etiquetado ,