Arquivo por etiquetas: solidariedade

Comunicado dos Movementos Sociais de Vigo ante as detencións en Vigo, Lugo e Ciudad Real

barrotes

Desde os movementos sociais de Vigo queremos denunciar a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares..

Non nos referimos únicamente á súa plasmación no papel na nova reforma do código penal e lei de “seguridade” cidadá, senón á evidencia real, a pé de rúa, que se pon de manifesto nunha presenza policial cada vez maior, no incremento de identificacións e cacheos indiscriminados ou nas actuacións sobre calquera tipo de colectivo que tente alzar a voz para defender os seus dereitos.

Pero nestes días debemos resaltar especialmente as operacións mediáticas, como a levada a cabo esta pasada semana nas cidades de Vigo, Lugo e Ciudad Real, que teñen como único obxectivo crear alarma social ao tempo que estender o medo.

Consideramos totalmente inxustificado, e de todo punto inaceptábel, que se deteña e traslade a centos de quilómetros das súas casas a unhas persoas, baixo o argumento de ter provocado uns danos cualificados, incluso no seu momento, como non graves. E non só isto, senón que se difunden as súas facianas e datos sobre a súa vida, nun exercicio máis, por parte dos medios, de actuar como simple correa de transmisión da policía e o Ministerio de Interior, deixando de lado calquera tipo de rigor informativo, suposta ética xornalística ou respeto á intimidade.

Parece que unha alfombra queimada e uns vidros rotos, únicos danos reais dos que eses mesmos medios falan, son motivos suficientes a día de hoxe para acabar en Madrid. Porque, a fin e ao cabo, os feitos son o que menos importa. A aplicación da lei antiterrorista “lexitima” calquera actuación, permite a suspensión dos dereitos básicos de calquera persoa e pode levar á imposición de décadas de prisión por pertenza a supostas bandas armadas das que, en moitos casos, só se coñece a súa existencia a golpe de exclusiva periodística.

Non é ningunha novidade a actuación da Audencia Nacional, en tanto que  auténtico tribunal de excepción,  pero si que a súa intromisión na esfera do público sexa cada vez maior, polo que se fai necesario esixir, unha vez máis, a súa inmediata desaparición.

Alegrámonos, finalmente, de que, aínda que non totalmente libres, estas persoas estean xa na rúa o que, por outra banda, pon de relevo o esperpéntico de toda actuación.

19/01/2014

Advertisements
Etiquetado

tradicional marcha a teixeiro

Marcha teixeiro 2013

O próximo 11 de xaneiro será o día da XIV Marcha á prisión de Teixeiro, a nosa xa lonxeva cita anticarceraria anual galega que, contra vento e marea, resiste os envites do poder.

… e despois en Compostela…
15:00 Xantar vegano na biblioteca anarquista A Ghavilla rúa Puente la Reina nº8
19:30 Concentración anticarceraria na praza do Toural
21:00 Ceador vegano e foliada no CSO Casa do Vento rueiro de Figueiriñas nº15

Deste xeito a xa tradicional marcha a pé ata o cárcere de Teixeiro, prevista para as 12:00h e que ten como obxectivo visibilizar a solidariedade e achegar o noso cariño as persoas represaliadas polo sistema, súmaselle unha concentración en Compostela (as 19:30h na praza do Toural) para amosarlle a sociedade o noso frontal rexeitamento do sistema penitenciario. Tanto o xantar coma a cea e a festa nocturna, ademais de dar cobertura aos solidarios vidos dende fora de compostela, axudarán a financiar os cuantiosos gastos ocasionados pola represión das marchas anteriores.

Etiquetado

bicicletada contra desaloxo na coruña

Bicicletada Palavea Cartaz

O vindeiro sábado 14 de Novembro celebrarase unha bicicletada-manifestacón na Coruña contra o desaloxo do C.S.O. Palavea.

A vista do xuízo civil contra o Centro Social Okupado de Palavea fora aprazada para o 12 de decembro. Esta vista caracterizase por estar envolvida en manifestas irregularidades como non ter notificado o auto xudicial as persoas okupantes do inmoble ou a negativa da xuíza a atender as alegacións de dous dos imputados porque non depositaron a fianza de 70.000 euros que lles esixiu para poder opoñerse ao proceso. Deste xeito quedan sen posibilidade dunha defensa efectiva por estar evidentemente imposibilitados para facer fronte a semellante contía. Ademais os dous procesados foron identificados pola policía xa hai máis de dous anos e ningún deles ten vinculación efectiva coa okupa dende hai moito tempo.

A bicicletada comezará as 12 do mediodía dende o Obelisco e rematará na Okupa onde haberá un xantar popular e música.

 

Etiquetado

ceador e concerto solidario en Vigo

concerto abordaxeO vindeiro venres 8 as xentes da revista abordaxe convidan a unha cea e concerto solidario na Cova Dos Ratos de Vigo.

O motivo deste convite é recaudar fondos para inminente publicación do nº 4 da revista na súa versión en papel.

Segundo contan as xentes de abordaxe: “A partires das 22h contaremos coa actuación do dueto chamado “Gelsomina meno un quarto”, chegadas da Italia pero xa afincadas na Galiza dende hai un tempo, a súa música nos levará ás súas raíces e terra, con unha variedade de melodías, dende a picica ata versións de famosas cancións italianas.” 

 

Etiquetado