Arquivo por etiquetas: surrealismo

O TEATRO DA DA CRUELDADE [ANTONIN ARTAUD]

artaud-thumb

…O Teatro da Crueldade propón un espectáculo de masas: busca na axitación de masas tremendas, convulsionadas e lanzadas unhas contra outras un pouco desa poesía das festas e as multitudes cando en días hoxe demasiado raros o pobo envórcase nas rúas. O teatro debe darnos todo canto poida atoparse no amor, no crime, na guerra ou na tolemia si quere recobrar a súa necesidade…

…Queremos transformar ao teatro nunha realidade verosímil, e que sexa para o corazón e os sentidos esa especie de mordedura concreta que acompaña a toda verdadeira sensación…

…Así pois, por unha banda, o caudal e a extensión dun espectáculo dirixido ao organismo enteiro; por outra, unha mobilización intensiva de obxectos, xestos, signos, utilizados nun novo sentido…
…O Teatro da Crueldade foi creado para restablecer no teatro unha concepción da vida apaixonada e convulsiva, e é neste sentido de rigor violento e condensación extrema de elementos escénicos que debe entenderse a crueldade na cal están baseados. Esta crueldade, que será sanguenta no momento que sexa necesario, pero non de xeito sistemático, pode ser identificada cunha especie de pureza moral severa que non teme pagar á vida o prezo que sexa necesario…

 

Etiquetado ,

ao lume! [Benjamín Péret e máis]

ao lume1

Se tolerante. Conserva  firmemente a túa fe ou a túa convicción mais admite que haxa outra fe  ou unha convicción diferente. non fagas nada non digas nada que poida ferir as crenzas doutra persoa: é unha cousa íntima da conciencia humana tan delicada que desflorándoa se murcha.

Paul Doumer

A partir do 10 de maio de 1931, en Madrid, Córdoba, Sevilla, Bilbao, Alacante, Málaga, Granada, Valencia, Alxeciras, San Roque, A Línea, Arcos Da Fronteira, Huelva, Badaxoz, Xerez, Almería, Murcia, Xixón, Teruel, Santander, A Coruña, Santa Fe, etc., a multitude queimou as igrexas, os conventos, as universidades relixiosas, destruíu as estatuas, os cadros que eses edificios contiñan, devastou os despachos dos xornais católicos, expulsou con asubíos e berros os curas, as monxas, que agora liscan para as fronteiras. Cincocentos edificios queimados desde o comezo non fecharan este balance de lume. Opondo a todas as fogueiras ergueitas noutro tempo polos curas en españa a gran claridade materialista das igrexas incendiadas, as masas saberán achar nos tesouros desas igrexas o ouro necesario para armarse, loitar e transformar a revolución burguesa en Revolución Proletaria (Por aquela época o surrealismos aínda non se desenganara do Partido Comunista Francés ao que rexeitou posteriormente puidendo así elaborar un pensamento máis de seu, Nota do Blogue.). Para a restauración da N.S. do Pilar de Zaragoza, por exemplo, a suscrición pública de vinte e cinco millóns de pesetas está xa case cuberta na súa metade: que se esixan eses cartos para as necesidades revolucionarias e que se derrube o templo do Pilar, no que dende hai varios séculos unha virxe sirve para explotar a millóns de persoas! Unha igrexa en pé, un cura que pode dicir misa, son outros tantos perigos para o futuro da Revolución.

Seguir lendo

Etiquetado

A actividade da Oficina de Investigacións Surrealistas [Antonin Artaud]

 artaud               

O feito dunha revolución surrealista nas cousas é aplicable a todos os estados do espírito, a todos os xéneros da actividade humana, a todos os estados do mundo no medio do espírito, a todos os feitos de moral establecida, a todas as ordes do espírito.

Esta revolución apunta a unha desvalorización xeral dos valores, á depreciación do espírito, á desmineralización da evidencia, a unha confusión absoluta e renovada das linguas, ao desequilibrio do pensamento.

Apunta á ruptura e a descualificación da lóxica que perseguirá ata a extirpación dos seus redutos primitivos.

Apunta á reclasificación espontánea das cousas segundo unha orde máis profunda e máis precisa, e imposible de dilucidar mediante a razón ordinaria, pero de todos os xeitos unha orde, e sensible a certo sentido…. pero igualmente sensible e unha orde que non forma parte totalmente da morte.

surrealismo

Entre o mundo e nós, a ruptura está claramente establecida. Nós non falamos de facernos comprender, senón no interior de nós mesm@s, con rexas de angustia, co fío dunha obstinación encarnizada, conmocionamos, desequilibramos o pensamento.

A oficina central das investigacións surrealistas dedica todas as súas forzas á reclasificación da vida.

Seguir lendo

Etiquetado