Arquivo por etiquetas: zapata vive

O SUBCOMANDANTE MARCOS DEIXA DE EXISTIR [SUBCOMANDANTE MARCOS]

 

sub

Se me permiten definir a Marcos, a personaxe, entón diríalles sen titubear, que foi un disfrace.

Decatámonos que xa había unha xeración que podía mirarnos de fronte, que podía escoitarnos e falarnos sen esperar guía ou liderado, nin pretender submisión ou seguimento. Entón, Marcos, a personaxe, xa non era necesario. A nova etapa na loita zapatista estaba lista.

É a nosa convicción e a nosa práctica que para revelarse e loitar non son necesarios nin líderes nin caudillos, nin mesías nin salvadores; para loitar só necesítase un pouco de vergoña, un tanto de dignidade e moita organización, o demais ou serve ao colectivo ou non serve.

Un exército de xigantes, é dicir, de indíxenas rebeldes, baixou ás cidades para co seu paso sacudir o mundo. Apenas uns días despois, co sangue d@s nos@s caíd@s aínda fresca nas rúas, decatámonos que os de fóra non nos vían. Afeitos a mirar dende arriba os indíxenas, non alzaban a mirada para mirarnos; afeitos a vernos humillad@s, o seu corazón non comprendía a nosa digna rebeldía. A súa mirada detivérase no único mestizo que viron con pasamontañas, é dicir, que non miraron. @s nosos xefes e xefas dixeron entón: “só ven o pequeno que son, fagamos a alguén tan pequeno coma eles, que a el o vexan e que por el nos vexan'”. Ese foi o nacemento de Marcos, froito dunha complexa manobra de distracción, un truco de maxia terrible e marabilloso, unha maliciosa xogada do corazón indíxena, que somos; a sabedoría indíxena desafiaba á modernidade nun dos seus bastións: os medios de comunicación”.

Difícil crer que vinte anos despois aquel  ¨nada para nós¨ resultase que non era unha consigna, unha frase boa para carteis e cancións, senón unha realidade, ¨La Realidad”

Se ser consecuente é un fracaso, entón a incongruencia é o camiño do éxito, a ruta do poder. Pero nós non queremos ir para alá, non nos interesa. Nestes parámetros, preferimos fracasar que triunfar.

Pensamos que é necesario que un de nós morra para que Galeano viva. Así que decidimos que Marcos debe de morrer hoxe.

 

Advertisements
Etiquetado